Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies cerrar

A Rede de Museos da Guarda celebra o Día dos Museos con tres obradoiros para todo o público

O próximo xoves 18 de maio celébrase o Día dos Museos polo que se organizan diferentes obradoiros na Rede de Museos da Guarda para conmemorar esta data

Infominho - A Rede de Museos da Guarda celebra o Día dos Museos con tres obradoiros para todo o público - INFOMIÑO - Informacion y noticias del Baixo Miño y Alrededores.

O próximo xoves 18 de maio celébrase o Día dos Museos polo que se organizan diferentes obradoiros na Rede de Museos da Guarda para conmemorar esta data

Concello de A Guarda

20/05/2017

Fuente: Concello de A Guarda

Durante a fin de semana do 20 e 21 de maio terán lugar os tres obradoiros gratuítos e dirixidos ao público en xeral e nenos a partir dos 7 anos. As prazas para cada obradoiro son limitadas polo que se establece unha inscrición previa 30 minutos antes do comezo do mesmo. Deste xeito, asegúrase que os interesados asistan a actividade en concreto.

O obradoiro de "CERÁMICA CASTREXA" será o primeiro e realizarase o sábado 20 ás 12.30 h no entorno da Ermida de Santa Trega. A inscrición realizarase a partir das 12.00 no MASAT, Museo Arqueolóxico de Santa Trega, e en caso de choiva farase no interior deste museo. Neste obradoiro os participantes coñecerán as diferentes técnicas de modelado, a transformación do barro en cerámica ou as súas utilidades na vida dun castro. Ademais, empregarán as mans e as ferramentas necesarias para crear a súa peza de cerámica.

O sábado ás 17.00h está previsto o segundo obradoiro "ELABORACIÓN DE NUDOS MARIÑEIROS" no Museo do Mar. A inscrición farase no mesmo museo 30 minutos antes. Os protagonistas deste obradoiro serán os participantes que aprenderán a realizar os nudos mariñeiros das mans expertas de Luis Lomba Martinez, mariñeiro da Guarda xa retirado. Polo que poderán coñecer a importancia dos nudos mariñeiros no traballo dun mariñeiro.

O terceiro obradoiro terá lugar o domingo 21 ás 17.00h no Castelo de Santa Cruz. Ao igual que nos demais obradoiros, a inscrición farase 30 minutos antes no Centro de Interpretación das Fortalezas Fronteirizas. O obradoiro de "HERÁLDICA. DEBUXA O TEU ESCUDO" permitirá aos nenos coñecer a historia da Guarda e debuxar en láminas o seu escudo cunha técnica diferente.

Estas actividades están dentro do marco do Centenario do Museo Arqueolóxico de Santa Trega. Organiza Concello da Guarda coa colaboración do Padroado Municipal do Monte Santa Trega e a Deputación de Pontevedra.