Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies cerrar

Salcidos vuelve a recuperar su pasado

Unha interesante exposición fotográfica que fai un recorrido amplo e detallado das Xentes de Salcidos da primeira metade do século pasado.

Infominho - Salcidos vuelve a recuperar su pasado - INFOMIÑO - Informacion y noticias del Baixo Miño y Alrededores.

Unha interesante exposición fotográfica que fai un recorrido amplo e detallado das Xentes de Salcidos da primeira metade do século pasado.

Salcidos en Blanco y Negro

19/08/2017

Fuente: Salcidos en Blanco y Negro

Un ano mais, coincidindo coas celebracións grandes da parroquia de Salcidos na Honra de San Lorenzo e San Roque, na Guarda, a comisión de Festas de San Roque volve a ofrecer a súas xa tradicional exposición "SALCIDOS EN BLANCO Y NEGRO". Unha interesante exposición fotográfica que fai un recorrido amplo e detallado das Xentes de Salcidos da primeira metade do século pasado. A mostra conta con máis de 500 fotografías, todas eles en gran formato para favorecer o seu desfrute, que recollen xentes, escenas populares, paisaxes e a historia dunha parroquia. As fotografías contan con pés de paxina que explican a data, o lugar e moitas das xentes que aparecen, unha labor desenvolvida o longo de moitos meses polo grupo do Facebook "Salcidos en Blanco y Negro" onde os seus participantes levan un frenético ritmo de recoñecemento, pero tamén desfrute, dalgunhas das fotos coas que contará a Exposición, labor que dende a comisión tamén queren agradecer.

Ademais das típicas sección representativas dos barrios tamén contarán cun especial sobre fotos de retrato dos veciños de Salcidos, que recolle as fermosas instantáneas de estudios que fotógrafos guardeses de talla coma Jimenez, Costiña, Rivas, Valencia e moitos outros sacaban os nosos veciños.

Coma novidade este ano, na exposición tamén se poderán observar as fermosas construcións el polixpan feitas polo nosos veciño Ramón González e que recollen a escalan emblemáticos edificios da nosa contorna.

O lugar da exposición, coma todos los anos, será o Salón Parroquial de Salcidos e a apertura de portas será este xoves as 11 da mañá, coincidindo coa festividade do patrón da nosa parroquia, San Lorenzo, volvendo a abrir a partir das 7 en horario de tarde. O xoves e venres 18 e 19 abrirá soamente de tarde mentres que o sábado e domingo o horario será de mañá e de tarde.

Dende a comisión agradecen a participación de todo o pobo neste fermoso evento e invitan o resto dos veciños a sumarse e compartir nesta fermosa tarefa que é recordar o noso pasado.
 
LUGAR: SALÓN PARROQUIAL DE SALCIDOS
 
AGOSTO

10, 20 Y 21 DE AGOSTO: DE 11:00 A 13:00
10, 18, 19 Y 20 DE AGOSTO: DE 19:00 A 21:30