Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies cerrar

A CABECIÑA DE MOUGÁS CELEBRA A SÚA PRIMEIRA FESTA DA CERVEXA ARTESÁ

O obxectivo principal da xornada é o de probar cinco estilos de cervexa diferentes elaborados polos cervexeiros de La Micro en Baiona.

Infominho - A CABECIÑA DE MOUGÁS CELEBRA A SÚA PRIMEIRA FESTA DA CERVEXA ARTESÁ - INFOMIÑO - Informacion y noticias del Baixo Miño y Alrededores.

O obxectivo principal da xornada é o de probar cinco estilos de cervexa diferentes elaborados polos cervexeiros de La Micro en Baiona.

Xosé Gago

06/06/2015

Fuente: Xosé Gago

O próximo sábado 06 de xuño terá lugar a Festa da Cervexa da Cabeciña en Mougás, Oia. Durante a xornada se probarán cinco tipos de cervexas creadas polos cervexeiros de Trisk-Ale.

Será unha festa familiar con música, actividades infantís e outras sorpresas para pasar unha xornada agradable ao aire libre. O obxectivo é escoller a cervexa que máis guste para comercializala coa marca A Cabeciña.

Dentro do programa de actividades culturais do Proxecto Mougás, o vindeiro sábado 06 de Xuño terá lugar a I Festa da Cervexa Artesá da Cabeciña. O evento terá lugar durante o día, a partires das 12:00 e ata as 19:00 no complexo arqueolóxico da Cabeciña. O obxectivo é "dinamizar a Cabeciña, dála a coñecer á xente ao tempo que demostramos que un castro tamén pode ser un espazo público no século XXI para a celebración de eventos culturais" comenta Xosé Gago, coordinador de Proxecto Mougás.

O Programa

Durante a xornada haberá multitude de actividades para todos os públicos coa idea de que os asistentes pasen o día enteiro na Cabeciña.  As billas de cervexa abrirán ás 12:00. Seguidamente, o actor Avelino González, coñecido polo seu papel de "Miñato" en Padre Casares ofrecerá un divertido pregón. Avelino dará paso á sesión vermú, a partir das 13:00, a cargo da Charanga Nova Cubana.

Despois da sesión vermú, deixarase tempo para a comida. A organización preparará postos de comida a prezos populares para os asistentes.

A partir das 16:00 retomaranse as actividades cunha visita guiada ao xacemento. Despois da visita volverá a música á Cabeciña a cargo do Grupo de Gaitas Balcón do Val Miñor (Morgadáns) e de novo a Charanga Nova Cubana. Ás 19:00 será o peche de billas de cervexa e a festa concluirá.

Ademais, durante toda a xornada o canteiro Xabi Garrido estará realizando "in situ" unha réplica dun dos petróglifos da Cabeciña. A peza resultante, será logo sorteada entre os participantes nunha rifa.

"Non queremos facer un botellón. Trátase de facer moitas actividades para todos os públicos,  que a xente non se aburra" sinalan dende a organización. "Será unha romaría moderna, polo que recomendamos que a xente traia toallas ou manteis ou mesmo sombrillas para protexerse do sol."

Actividades infantís

Pensando nos máis pequenos faranse uns obradoiros de Arte Rupestre a cargo de Auri e Isa de A Roda. Os nenos participantes recibirán unha breve explicación adaptada dos petróglifos para logo realizar un mural con motivos da arte rupestre galega.

Realizaranse catro quendas con dez prazas cada un. Os horarios serán ás 13:00, 14:00, 16:00 e 17:00. Para apuntarse, poden escribir ao enderezo electrónico info@proxectomougas.net.

Unha fin de semana completa

Unha vez rematada a festa na Cabeciña, na Casa Cultural de Mougás, proxectarase a final de Champions League para quen queira asistir.

Ademais, ao día seguinte, domingo 07 de xuño, celébrase o Curro de Torroña, polo que resulta unha fin de semana intensa e chea de actividades. Unha ocasión única para achegarse a coñecer a zona.

Para a xente que veña de fóra, hai opcións de durmida ao pé do castro a prezos moi económicos tanto no Hotel Peñasco, Cámping O Muíño, Albergue Aguncheiro ou Cámping Mougás.

As cervexas

O obxectivo principal da xornada é o de probar cinco estilos de cervexa diferentes elaborados polos cervexeiros de Trisk-Ale. Destas cinco cervexas sairá unha elixida que será comercializada coa marca A Cabeciña.

Para que todo o mundo poida probar todas as cervexas, estas terán un prezo moi popular, de 0´50€ cada caña. "O valor real destas cañas andaría polos 2´50€ como pouco, pero faise un esforzo para achegar a cervexa artesá a todo o mundo e que poidan opinar" sinala Andrés de Trisk-Ale.

 Os irmáns Andrés e Roberto da cervexeira Trisk-Ale de Nigrán, foron os encargados de elaborar as cinco cervexas artesás que se van degustar. "Elaboramos cinco tipos de cervexa, en cinco estilos diferentes para poder elixir a definitiva. Estamos moi contentos co resultado," sinalan.

Os estilos de cervexa propostos para as probas son unha Pale Belga, dúas Pale Ale de carácter máis inglés, unha Red IPA de corte americano e por último unha Strong Scottish Ale. Esta última é unha cervexa de carácter moi especial, máis sofisticada e con maior graduación alcólica.

O Castro e o Proxecto

O Castro da Cabeciña vén de ser escavado recentemente no marco do Proxecto Mougás. Un proxecto promovido pola Comunidade de Montes de Mougás e que mestura arqueoloxía, xestión forestal, xestión turística e didáctica.

"Non se trata só de escavar un castro ou de substituír eucalipto por castiñeiro. Trátase de rexenerar o tecido rural, de ter unha idea de pobo e querer mover a economía. A Festa da Cervexa encaixa perfectamente na estratexia" comenta Venancio Miniño, presidente da Comunidade de Montes de Mougás.

Para máis información proxectomougas.net ou a páxina de Facebook Proxecto Mougás.

AgendaÚltima hora
    octubre 2017    
    lunmarmiéjueviesabdom
          1
    O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de outubro. Hai unha categoría para maiores de idade e outra para menores de 18 anos
    2
    O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de outubro. Hai unha categoría para maiores de idade e outra para menores de 18 anos
    3
    O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de outubro. Hai unha categoría para maiores de idade e outra para menores de 18 anos
    4
    O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de outubro. Hai unha categoría para maiores de idade e outra para menores de 18 anos
    5
    O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de outubro. Hai unha categoría para maiores de idade e outra para menores de 18 anos
    6
    O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de outubro. Hai unha categoría para maiores de idade e outra para menores de 18 anos
    7
    O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de outubro. Hai unha categoría para maiores de idade e outra para menores de 18 anos
    8
    O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de outubro. Hai unha categoría para maiores de idade e outra para menores de 18 anos
    9
    30 de setembro, 7 e 23 de outubro na Guarda
    10
    30 de setembro, 7 e 23 de outubro na Guarda
    11
    30 de setembro, 7 e 23 de outubro na Guarda
    12
    30 de setembro, 7 e 23 de outubro na Guarda
    13
    30 de setembro, 7 e 23 de outubro na Guarda
    14
    30 de setembro, 7 e 23 de outubro na Guarda
    15
    30 de setembro, 7 e 23 de outubro na Guarda
    16
    30 de setembro, 7 e 23 de outubro na Guarda
    17
    30 de setembro, 7 e 23 de outubro na Guarda
    18
    30 de setembro, 7 e 23 de outubro na Guarda
    19
    30 de setembro, 7 e 23 de outubro na Guarda
    20
    30 de setembro, 7 e 23 de outubro na Guarda
    21
    30 de setembro, 7 e 23 de outubro na Guarda
    22
    30 de setembro, 7 e 23 de outubro na Guarda
    23
    30 de setembro, 7 e 23 de outubro na Guarda
    242526272829
    3031

    Blogs