Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies cerrar

A Xunta impulsa a instalación de 1.400 novas caldeiras de biomasa a través de catro convocatorias de axudas

Feijóo afirma que as axudas para a instalación de caldeiras para particulares que residan en zonas rurais prevén un aforro de case 600.000 euros anuais

Infominho - A Xunta impulsa a instalación de 1.400 novas caldeiras de biomasa a través de catro convocatorias de axudas - INFOMIÑO - Informacion y noticias del Baixo Miño y Alrededores.

Feijóo afirma que as axudas para a instalación de caldeiras para particulares que residan en zonas rurais prevén un aforro de case 600.000 euros anuais

Xunta de Galicia

03/03/2017

Fuente: Xunta de Galicia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa do Consello a instalación de 1.400 novas caldeiras de biomasa, a través de catro convocatorias de axudas cuxo orzamento conxunto supera os 11,7 millóns de euros.



En primeiro lugar, Feijóo referiuse ás axudas para a instalación de caldeiras para particulares que residan en zonas rurais -que publica hoxe o DOG-, cunha subvención do 50% da instalación ata un máximo de 50.000 euros. Esta liña primará os equipos máis eficientes, os máis económicos e as solicitudes que proveñan dos municipios con menor nivel de renda, coa previsión dun aforro total de preto de 600.000 euros ao ano.

A segunda axuda, que se prevé que se publique ao longo deste mes, impulsará a instalación de caldeiras en empresas, entidades sen ánimo de lucro e Administracións públicas. E como novidade, esta convocatoria incrementa nun 5% a porcentaxe de axuda cando a solicita unha empresa: 70% para a pequena empresa, 60% para a mediana empresa e 50% para a gran empresa.

A terceira liña de axudas destinada á instalación de sistemas de calefacción baseados na biomasa, coñecidos como district heating, e cuxa orde no DOG se prevé que sexa publicada o mes que vén, tamén incrementa a cofinanciación coa mesma intensidade. E a cuarta e última axuda, destinada a fomentar o uso de enerxías renovables no sector agroalimentario prevese tamén que se publique no mes de abril.

Durante a rolda de prensa, Feijóo subliñou que sumando as previsións deste ano cos resultados dos tres anos anteriores, estímase que estas iniciativas permitirán a instalación de 4.000 caldeiras, cunha mobilización dun investimento de 51 millóns de euros e un aforro de 20 millóns de litros de gasóleo ao ano.

O presidente da Xunta afirmou que isto encádrase na Estratexia integral de impulso á biomasa con fins térmicos, presentada hai tres anos e articulada en torno a catro eixos fundamentais: incrementar a demanda; impulsar a innovación tecnolóxica; garantir a calidade e a orixe, certificando mediante o selo Galicia Calidade os pellets e estelas galegas de biomasa; e levar a cabo accións de formación e divulgación a través do Foro da Biomasa.

Feijóo concluíu lembrando que o sector da biomasa en Galicia segue a fortalecerse. Non en van, hoxe hai 9 plantas abertas -coa previsión doutra nova este ano- que producen 200.000 toneladas anuais de pellets e estelas, e xeran 100 postos de traballo directos e 200 indirectos. Ademais, lembrou que o edificio de San Caetano xa se quenta con biomasa desde o pasado mes de decembro; e tamén que varios centros hospitalarios públicos e varias sedes xudiciais galegas empregan a biomasa.

Infórmate en:

Feijóo afirma que as axudas para a instalación de caldeiras para particulares que residan en zonas rurais prevén un aforro de case 600.000 euros anuais

 

AgendaÚltima hora
    marzo 2017    
    lunmarmiéjueviesabdom
      1
    As imaxes serán dixitalizadas en alta calidade e entregadas ao seu propietario e formarán parte dunha futura exposición
    2
    Como cada ano, dende o Concello da Guarda organízanse diversas andainas coas que se busca ofrecer aos veciños e veciñas alternativas de lecer saudable e ao aire libre.
    3
    Trátase dun espectáculo para toda a familia que celebra a diversidade e a igualdade readaptando o tradicional -Parrulo feo- de Andersen
    4
    Os produtores de planta ornamental, flor cortada, fruticultura e empresas auxiliares do campo, aproveitarán, coma cada ano, para dar a coñecer a súa produción
    5
    A concellería da Muller que dirixe Mª Carmen Alonso Alonso ten programadas diversas actividades
    6
    A concellería da Muller que dirixe Mª Carmen Alonso Alonso ten programadas diversas actividades
    7
    A concellería da Muller que dirixe Mª Carmen Alonso Alonso ten programadas diversas actividades
    8
    Trata-se de uma viagem em revista de painéis biográficos e das obras das escritoras homenageadas, cujas vidas e património literário assumem uma posição de relevo na história da cultura nacional.
    9
    Trata-se de uma viagem em revista de painéis biográficos e das obras das escritoras homenageadas, cujas vidas e património literário assumem uma posição de relevo na história da cultura nacional.
    10
    Clausurará a mostra que a Escola Superior Gallaecia presenta na cidade dende xaneiro
    11
    Inscricións na Oficina de Turismo da Guarda de maneira presencial de 9 a 14 horas de luns a venres, no teléfono 986 61 45 46 ou a través do correo electrónico turismo@aguarda.es.
    12
    Inscricións na Oficina de Turismo da Guarda de maneira presencial de 9 a 14 horas de luns a venres, no teléfono 986 61 45 46 ou a través do correo electrónico turismo@aguarda.es.
    13
    Inscricións na Oficina de Turismo da Guarda de maneira presencial de 9 a 14 horas de luns a venres, no teléfono 986 61 45 46 ou a través do correo electrónico turismo@aguarda.es.
    14
    De 10 a 13 de abril, entre as 14h00 e as 17h00, o Aquamuseu do rio Minho volta a convidar crianças dos 7 aos 13 anos de idade para participar numa série de atividades lúdico-pedagógicas
    15
    O Colectivo Carballas organiza 2 actividades nos meess de Marzo-Abril: 4 Olladas sobre a Igualdade e Curso de Iniciación á Fotografía.
    16
    O Colectivo Carballas organiza 2 actividades nos meess de Marzo-Abril: 4 Olladas sobre a Igualdade e Curso de Iniciación á Fotografía.
    17
    Concerto de The Mob Swing o venres e música electrónica con Pálida e Cocón o sábado.
    18
    É preciso contar coa Carta de Artesán ou equivalente. Celebrarase o 6 e 7 de maio
    19
    É preciso contar coa Carta de Artesán ou equivalente. Celebrarase o 6 e 7 de maio
    20
    É preciso contar coa Carta de Artesán ou equivalente. Celebrarase o 6 e 7 de maio
    21
    A iniciativa -O Concello Escoita- pretende, ademais de informar sobre proxectos que se están a executar, coñecer mellor as necesidades de cada parroquia e tomar nota das propostas veciñais
    22
    Estableceranse 3 quendas de visita, a primeira ás 10:00, a segunda ás 12:00 e a terceira ás 16:00, en función do número de inscritos e cun máximo de 30 persoas por quenda.
    23
    A matrícula está aberta ata o 28 de marzo, os formularios de solicitude, segundo o modelo ED104B, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia
    24
    Este viernes día 24 a las 20h. en el Centro Tomiñés (antiguo Casino de Tomiño)
    25
    El equipo Porriñés recibirá a las 20.00 horas del sábado al Mecalia Guardés en en el Polideportivo Municipal de Porriño.
    26
    Terá lugar o sábado 22 de Abril máis información no 986625000 EXT4
    27
    Terá lugar o sábado 22 de Abril máis información no 986625000 EXT4
    28
    Terá lugar o sábado 22 de Abril máis información no 986625000 EXT4
    29
    Terá lugar o sábado 22 de Abril máis información no 986625000 EXT4
    30
    Terá lugar o sábado 22 de Abril máis información no 986625000 EXT4
    31
    Terá lugar o sábado 22 de Abril máis información no 986625000 EXT4