Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies cerrar

O PP reclama á Deputación colaboración cos concellos na contratación de socorristas para as praias

Critican que o Plan Concellos non inclúen ningunha excepcionalidade á situación dos municipios turísticos, que en verán triplican a súa poboación.

Infominho - O PP reclama á Deputación colaboración cos concellos na contratación de socorristas para as praias - INFOMIÑO - Informacion y noticias del Baixo Miño y Alrededores.

Critican que o Plan Concellos non inclúen ningunha excepcionalidade á situación dos municipios turísticos, que en verán triplican a súa poboación.

PP Pontevedra

21/04/2017

Fuente: PP Pontevedra

O grupo provincial do Partido Popular reclamou, en Baiona, que a Deputación de Pontevedra aprobe unha liña de colaboración cos concellos para contratar socorristas para as praias da provincia. O deputado provincial e alcalde de Redondela, Javier Bas, que estivo acompañado dos voceiros do grupo, Nidia Arévalo e Ángel Moldes, así como do alcalde de Baiona, Ángel Rodal, expuxo que "o ano pasado houbo un claro problema na contratación de socorristas, algúns concellos da provincia tiveron serias dificultades para contar con profesionais nos seus areais e outros, incluso tiveron que renunciar a este servizo e, tamén, á bandeira azul na súa praia". Por iso, di que é momento de buscar solucións para garantir a seguridade dos bañistas e usuarios das praias costeiras e fluviais durante o período estival.

"Somos unha oposición construtiva e facemos unha proposta para que se analice e, sobre todo, para intentar ofrecer unha solución a un problema que teñen os concellos desta provincia", engadiu. Será no próximo pleno -28 de abril- cando os populares defendan a súa proposta. "A Deputación, como administración próxima aos concellos, debe estar colaborando coas súas necesidades. Sabemos que é unha competencia municipal, pero solicitamos ás administracións que colaboren, como os concellos tamén colaboramos con competencias que non nos corresponden". Javier Bas subliñou que a Xunta xa está colaborando, pero tamén é preciso que se sume a Deputación de Pontevedra.

O popular incidiu en que os fondos municipais son moi limitados. "Non hai que esquecer que estes concellos medianos e pequenos da provincia, moi turísticos todos eles, durante os meses de verán duplican e ata triplican a súa poboación, polo que lles resulta moi complicado asumir os custes de moitos dos servizos que prestan. As contas non dan, e por iso é fundamental que a Deputación colabore".

Javier Bas recordou, ademais, que os fondos que os concellos reciben da Deputación recortáronse coa chegada do Bipartito. "Agora hai 20 millóns de euros menos e, ademais, o Plan Concellos non inclúen ningunha excepcionalidade á situación destes concellos". De feito, os populares recordaron que alcaldes socialistas e independentes, como por exemplo dos Concellos do Grove ou Sanxenxo, cuestionaron hai pouco este plan porque non inclúe as singularidades dos concellos turísticas.

O alcalde Ángel Rodal subliñou que as praias son un dos referentes das Rías Baixas, "cada vez hai máis bandeiras azuis, cada vez queremos ofrecer máis seguridade nas praias, e por iso é necesario contratar máis socorristas, pero hai serios problemas para facelo".

Pola súa parte, a voceira do grupo provincial, Nidia Arévalo, engadiu que hai unha serie de circunstancias excepcionais, como por exemplo a contratación de socorristas, e nas que os concellos precisan apoio desta institución e non o reciben. "Estamos perdendo bandeiras azuis, estamos tendo dificultades para garantir a seguridade aos bañistas, e por iso é importante que o Bipartito provincial se involucre. A Xunta colabora, os concellos tamén se implican, pero é fundamental que a Deputación participe para reforzar a presencia de socorristas nas praias".

AgendaÚltima hora
    abril 2017    
    lunmarmiéjueviesabdom
         1
    Prazo ata o 5 de Maio, bases completas na web do Concello de Tomiño
    2
    Prazo ata o 5 de Maio, bases completas na web do Concello de Tomiño
    3
    Prazo ata o 5 de Maio, bases completas na web do Concello de Tomiño
    4
    Prazo ata o 5 de Maio, bases completas na web do Concello de Tomiño
    5
    Prazo ata o 5 de Maio, bases completas na web do Concello de Tomiño
    6
    De non realizar os propietarios dos terreos as tarefas que marca a ordenanza municipal, o Concello poderá executar os mesmos, podendo abrir igualmente, os correspondentes expedientes sancionadores
    7
    Neste sétimo encontro do curso lectivo 2016/2017 a academia elixe a agrupación do Rosal para realizar as prácticas dos seus alumnos, por segundo ano consecutivo.
    8
    A partir do sábado 8 de abril o ferry volverá a unir as dúas ribeiras do Miño.
    9
    A Feira de Artes e Velharias de Vila Nova de Cerveira realiza-se na Praça da Galiza, aos segundos Domingos de cada mês.
    10
    Luns 10 de abril ás 20:30 h. no Centro Cultural da Guarda
    11
    A mostra poderase visitar na Casa Consistorial ata o vindeiro 23 de abril
    12
    A mostra poderase visitar na Casa Consistorial ata o vindeiro 23 de abril
    13
    Salidas programadas durante la Semana Santa 2017
    14
    Salidas programadas durante la Semana Santa 2017
    15
    Salidas programadas durante la Semana Santa 2017
    16
    Salidas programadas durante la Semana Santa 2017
    17
    Uma autêntica romaria galaico-minhota que decorre sempre na segunda-feira imediata ao fim de semana da Páscoa e é ponto de encontro de milhares de peregrinos de todo o Noroeste Peninsular.
    18
    A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades da Campaña de Verán 2017.
    19
    Reunión este miércoles a las 20:30h en la Sede de Acigu en A Guarda
    20
    Dirigido a personas mayores de 16 años, que estén interesados en adquirir conocimientos acerca de Primeros Auxilios específicos en bebés y niños.
    21
    Viernes 21 de abril a las 22:00h en Betún Asociación Cultural
    22
    A obra comesçará às 23:00h, às 21:00 prepararemos ceia, todo o mundo esta convidado!
    23
    Até dezembro, caminhadas, ginástica de manutenção, atletismo, cicloturismo, dança e piscina são as várias sugestões propostas, através de dinâmicas monitorizadas e gratuitas.
    24
    Dirigido a personas mayores de 16 años, que estén interesados en adquirir conocimientos acerca de Primeros Auxilios específicos en bebés y niños.
    25
    Os horarios poden ser consultados na oficina do ferry ou no teléfono 986 61 15 26.
    26
    Os horarios poden ser consultados na oficina do ferry ou no teléfono 986 61 15 26.
    27
    Os horarios poden ser consultados na oficina do ferry ou no teléfono 986 61 15 26.
    28
    Os horarios poden ser consultados na oficina do ferry ou no teléfono 986 61 15 26.
    29
    Actividades para o sábado 29 e domingo 30 de Abril en Betún Tui
    30
    Actividades para o sábado 29 e domingo 30 de Abril en Betún Tui