Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies cerrar

O Baixo Miño beneficiaráse das axudas para a contratación de desempregados no rural

Esta iniciativa incentiva a contratación de 500 desempregados durante 9 meses a tempo completo en concellos do rural de menos de 10.000 habitantes

Infominho - O Baixo Miño beneficiaráse das axudas para a contratación de desempregados no rural - INFOMIÑO - Informacion y noticias del Baixo Miño y Alrededores.

Esta iniciativa incentiva a contratación de 500 desempregados durante 9 meses a tempo completo en concellos do rural de menos de 10.000 habitantes

Xunta - Del. Territorial Ponte

14/09/2017

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou a aprobación no Consello da Xuna da nova orde do Aprol Rural da Consellería de Economía, Emprego e Industria que incentiva a contratación de desempregados nos concellos do rural de menos de 10.000 habitantes e que no 2016 destinou 115.000 euros a municipios das comarcas do Baixo Miño e do Condado-A Paradanta.

O delegado territorial explicou que a Xunta acaba de aprobar o investimento de cinco millóns de euros para impulsar en 200 concellos do rural a contratación de máis de 500 persoas sen emprego a través de Aprol Rural. A iniciativa está dirixida a entidades locais con menos de 10.000 habitantes co obxectivo de mellorar as oportunidades laborais do rural e dar un impulso aos traballadores das zonas menos poboadas de Galicia.

Deste xeito, no 2016, nas comarcas do Condado-A Paradanta e Baixo Miño, beneficiáronse os concellos de Arbo, Mondariz-Balneario, Salceda de Caselas, As Neves, Mondariz, Oia e O Rosal, o que lles permitiu contratar a 18 desempregados durante 9 meses a tempo completo. Na provincia de Pontevedra o montante total destas axudas foi o ano pasado de 542.000 euros cun total de 86 beneficiarios.

Na convocatoria deste ano a Xunta introduce melloras con respecto a 2016, cando se puxo por primeira vez en marcha este programa. Así, increméntase de 6 a 9 meses a duración dos contratos e do 80% ao 100% o financiamento dos custes salariais totais.

Tal e como explicou o delegado territorial, mantense na nova convocatoria que as contías por cada traballador contratado poidan oscilar entre os 9.000 e 16.200 euros segundo o grupo de cotización do que se trate. "Terán preferencia nas contratacións os colectivos prioritarios en todas as políticas activas de emprego que desenvolve o Goberno galego, como son as mulleres, os menores de 30 anos, as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social e aquelas persoas pertencentes a unha unidade familiar con todos os seus membros en paro", engadiu Cores Tourís. Os traballadores e traballadoras a contratar deberán ser persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG).

Na convocatoria deste ano a Xunta introduce melloras con respecto a 2016, cando se puxo por primeira vez en marcha este programa. Así, increméntase de 6 a 9 meses a duración dos contratos e do 80% ao 100% o financiamento dos custes salariais totais.

Aprol Rural forma parte do programa Formación e emprendemento no rural que este ano activou a Consellería de Economía, Emprego e Industria con 30 millóns para fixar poboación nas zonas menos habitadas de Galicia.

Do que se trata con este programa é de incentivar a contratación nestas localidades, incrementar a oferta formativa no rural adaptada á demanda das empresas e aumentar os niveis de emprendemento e de creación de empresas con medidas xa postas en marcha como a Formación á porta, os laboratorios cooperativos ou a liña de axudas Galicia Emprende Rural.

Esta iniciativa se enmarca na Axenda 20 para o Emprego coa que se está a impulsar a calidade e estabilidade no mercado laboral ata 2020. A planificación do Goberno galego en materia laboral pretende a creación de polo menos 80.000 novos empregos e reducir a taxa de paro ata o 10%.

AgendaÚltima hora
    septiembre 2017    
    lunmarmiéjueviesabdom
        1
    Permanecerá na Praza do Reló do 1 ao 10 de setembro para dar a coñecer a entidade, da que o Concello guardés é socio
    2
    Permanecerá na Praza do Reló do 1 ao 10 de setembro para dar a coñecer a entidade, da que o Concello guardés é socio
    3
    Permanecerá na Praza do Reló do 1 ao 10 de setembro para dar a coñecer a entidade, da que o Concello guardés é socio
    4
    40 colecciones se pueden observar hasta el 10 de septiembre en la Casa de los Alonso de A Guarda
    5
    40 colecciones se pueden observar hasta el 10 de septiembre en la Casa de los Alonso de A Guarda
    6
    Do 6 ó 8 de setembro de 2017 en Sta. María de Tebra (Tomiño)
    7
    Do 6 ó 8 de setembro de 2017 en Sta. María de Tebra (Tomiño)
    8
    Con el inicio de liga a la vuelta de la esquina, los equipos senior del Acanor Atlético Novás ultiman su preparación.
    9
    Con el inicio de liga a la vuelta de la esquina, los equipos senior del Acanor Atlético Novás ultiman su preparación.
    10
    Salida a las 9:00h desde la Alameda de A Guarda
    11
    El uso del cinturón de seguridad reduce a la mitad el riesgo de muerte en caso de accidente
    12
    El uso del cinturón de seguridad reduce a la mitad el riesgo de muerte en caso de accidente
    13
    Máis información na Omix de Tomiño
    14
    A Asociación Érguete Baixo Miño convoca un curso para Emprender a través das Novas Tecnoloxías
    15
    Venres 15 de setembro ás 20:30h na Casa Cultural de Pedornes (Oia)
    16
    Sábado 16 de setembro ás 20:30h no Auditorio Municipal de Goián
    17
    É já este domingo, 17 de setembro, que a Vila das Artes recebe o XII Festival de Bandas de Música, com um rico programa de intercâmbio cultural através da música.
    18
    O VIII Serán terá lugar o sábado 16 de setembro a partires das 21:00h
    19
    Para máis información, recomendase chamar ao despacho de billetes (986 61 15 26) no horario de atención ao público de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.
    20
    Mércores 20 de setembro ás 21:00h no Pavillón Municipal da Sangriña de A Guarda
    21
    O venres pasará por Tui a iniciativa Reta3 Muévete por el Alzheimer
    22
    O Sporting CP, o Club Liceo, o AD Valongo, e Valença H.C participarán nesta competición no pavillón de Valença
    23
    Prades, Carrera y Gutiérrez se concentran el domingo con la Selección Española en Madrid
    24
    O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de outubro. Hai unha categoría para maiores de idade e outra para menores de 18 anos
    25
    O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de outubro. Hai unha categoría para maiores de idade e outra para menores de 18 anos
    26
    O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de outubro. Hai unha categoría para maiores de idade e outra para menores de 18 anos
    27
    O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de outubro. Hai unha categoría para maiores de idade e outra para menores de 18 anos
    28
    O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de outubro. Hai unha categoría para maiores de idade e outra para menores de 18 anos
    29
    O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de outubro. Hai unha categoría para maiores de idade e outra para menores de 18 anos
    30
    O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de outubro. Hai unha categoría para maiores de idade e outra para menores de 18 anos