Su navegador no soporta JavaScript!
Infomiño.com la web informativa del Baixo Miño y alrededores
enero >
2012 >
LMXJVSD
      1
2
Os posibles beneficiarios deberán contratar o servizo de Internet coas entidades colaboradoras neste programa, actualmente Telefónica e R
3
A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle dende onte, 2 de xaneiro, e ata o vindeiro día 15 unha mostra coa escolma dos traballos realizados polas alumnas da Aula de Pintura que imparte a Asociación de Amas de Casa de Tui
4
A Consellería de Educación convoca axudas complementarias ao programa comunitario de mobilidade Erasmus
5
Museu Municipal de Caminha mostra trabalhos dos vários artistas que passaram pela Galeria de Arte
6
No dia 6 de Janeiro, vai decorrer a exibição do filme -Cidade de Deus- (Fernando Meireles, 2002), às 21h45, no auditório do Museu Municipal de Caminha.
7
Museu Municipal de Caminha mostra trabalhos dos vários artistas que passaram pela Galeria de Arte
8
Fecha: 8 de Enero de 2012 (Domingo)
9
Desde o luns, día 9 de xaneiro e ata as 9:00 h. do venres, día 13 de xaneiro, ábrese o prazo para o novo sorteo do programa Carné Xove.
10
Cerveira - Vila das Artes
11
Cerveira - Vila das Artes
12
Cerveira - Vila das Artes
13
Mentres que os nosos ciclistas seleccionados colleitaban éxitos no Campionato de España en Gandía, os que quedaban aquí non se quedaron atrás e tanto Andrés Fernández como Alex Lomba acudían a derradeira cita de Taça de Portugal (Copa de Portugal) que se
14
La acción formativa que se va a desarrollar es: mediador/a en prevención de conductas violentas de Vigo.
15
El Domingo 15 de Enero a las 18:00h en A Sangriña
16
Continuaremos con algunhas das iniciadas anteriormente e engadiremos outras novas.
17
O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días dende a publicación do anuncio da convocatoria no Atlántico Diario.
18
O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días dende a publicación do anuncio da convocatoria no Atlántico Diario.
19
O prazo de inscripción rematará o 13 de febreiro
20
As probas de acceso ós ciclos de grao medio terán lugar o día 25 de maio de 2012.
21
As Cores do Som - workshop de música para bebés
22
Jorge Salgueiro Mendes, Presidente da Câmara de Valença -Nos 850 anos de São Teotónio evocamos a figura de um valenciano que foi uma das figuras centrais da formação de Portugal e da expansão do cristianismo-
23
Aunque solo son rumores, se cree que gran parte de las empresas de Internet, se estarían organizando para darle un apagón total a todos los servicios que ofrecen el día 23 de Enero del presente año, solo un día antes que en los EEUU el senado aborde la le
24
bases e o modelo de solicitude que deben presentar as persoas interesadas en participar no proceso de selección para a contratación en réximen laboral de duración determinada (7 MESES), a tempo parcial (10 horas semanais), dun/ha docente para impartir as
25
Será ás 20:00h no Salón de Plenos do Concello de Tui
26
Debido a excelente acollida desta actividade continuarase co procedemento da inscrición ata o próximo luns 6 de febreiro para intentar sumar as prazas para un segundo autocar. Entre aqueles persoas que completen a totalidade das rutas sortearase uns bonos
27
Os visitantes poden achegarse na visita a esta mostra a unha escolma da produción de maquetas e manualidades deste afeccionado tudense que leva varias décadas dedicando o seu tempo de lecer a esta interesante actividades.
28
El calendario completo es el siguiente
29
A Consellería de Educación convoca premios extraordinarios de formación profesional para o alumnado que realizou os estudos de formación profesional de grao superior no curso 2010-2011 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
30
A Consellería de Educación convoca premios extraordinarios de formación profesional para o alumnado que realizou os estudos de formación profesional de grao superior no curso 2010-2011 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
31
Percorrerá todas as escolas básicas valencianas, até 23 de Fevereiro, numa iniciativa da Câmara Municipal, no âmbito das comemorações dos 850 anos de São Teotónio.
  • Abre en nueva ventana: FOTOS INFOMIÑO - GALERIA DE FOTOS
  • Abre en nueva ventana: VIDEOS DE INFOMIÑO - GALERIA DE VIDEOS
  • Abre en nueva ventana: Asnela - Gestiones y Servicios
  • Abre en nueva ventana: CERVECERÍA ZENTRAL (A GUARDA) ZONA WIFI CAFETERIA BILLARES FUTBOLINES EN LA CALLE MANUEL ALVAREZ
  • Abre en nueva ventana: SEGUROS BILBAO EN A GUARDA MERCEDES CORDERO Autos, Hogar, Ahorro, Financieros, Jubilación, Vida, Rc, Accidentes
  • Abre en nueva ventana: PELUQUERÍA ADDICT EN O ROSAL PELUQUEROS PEINADOS TINTES
  • Abre en nueva ventana: MUEBLES SOUSA MS DESCANSO EN A GUARDA TOMIÑO DORMITORIOS SOFAS COLCHONES SILLAS ESCRITORIOS MOBILIARIO SERVICIO DE ENTREGA DISEÑO 3D
  • Abre en nueva ventana: ALUKPLAS INDUSTRIA SECTOR METAL EN O ROSAL VENTANAS PERSIANAS CRISTALERIA CELSO DOMINGUEZ
  • Abre en nueva ventana: MGV AUTOMOCIÓN A GUARDA CAMBIO DE NEUMÁTICOS PINCHAZOS CAMBIOS DE ACEITE Y MECÁNICA BÁSICA
  • Abre en nueva ventana: CERVECERÍA LA CASILLA EN A GUARDA DIFERENTES TIPOS DE CERVEZAS BUEN AMBIENTE MÚSICA PARTIDOS DE FUTBOL FIESTAS OCIO NOCTURNO
  • Abre en nueva ventana: GRÁFICAS LA GUARDIA SL IMPRENTA CARTELERÍA FLYERS LONAS SELLOS TARJETAS DE VISITA IMPRESIÓN VINILOS
  • Abre en nueva ventana: GUTTERKEL CUBIERTAS DE PIZARRA CAPIGAL SL CANALONES
  • Abre en nueva ventana: FOTO GANDARA ESTUDIO FOTOGRAFIA A GUARDA PONTEVEDRA BODAS BAUTIZOS REPORTAJES COMUNIONES www.fotogandara.com
  • Abre en nueva ventana: CRISTALERIA VIDRIO A GUARDA LUNAS ESPEJOS VIDRIERAS PERSIANAS DOBLE ACRISTALAMIENTO METACRILATOS MAMPARAS BAÑO TOLDOS MUEBLES COCINA ALUMINIOS www.cristaleriavidrio.com
  • Abre en nueva ventana: REFORMAS J ARTURO O ROSAL PAVIMENTADO ALICATADOS COCIÑA BAÑOS PINTURA INTERIOR EXTERIOR FONTANERIA CARPINTERIA ELECTRICIDAD
  • Abre en nueva ventana: AUTOMOTO A GUARDA ADSL TELEFONÍA MÓVIL Y FIJA RUA GALICIA
  • Abre en nueva ventana: CRISDELUZ OUTLET ILUMINACIÓN DECORACIÓN HOGAR EXFICO ART DIS A GUARDA

Agenda

  • ACIGÚ SORTEA 6.000€ NA CAMPAÑA DE NADAL DE 2011

    Fecha: del 30.10.2011 al 11.01.2012
    Con dous sosrteos o 30 de Novembro e o 11 de Xaneiro de 2011
    Ver más
  • POLÍTICA LINGÜÍSTICA CONVOCA UN CONCURSO DE CARTEIS PARA CELEBRAR DESDE OS CENTROS EDUCATIVOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2012 - ATA O 16 DE XANEIRO

    Fecha: del 30.11.2011 al 16.01.2012

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso para promover a celebración do Día das Letras Galegas 2012 nos centros educativos. Con este obxectivo, propón a elaboración dunha exposición arredor da obra, da época e da lingua de Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado o 17 de maio do ano que vén, así como da situación sociolingüística do momento no que viviu.

     

    Segundo se recolle nas bases da convocatoria –que poden consultarse na páxina web da secretaría xeral, www.xunta.es/linguagalega, e no portal educativo www.edu.xunta.es– o concurso conta con dúas categorías: nunha delas poden participar os centros de educación infantil e primaria, e a outra está dirixida aos centros de educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional específica. Os centros educativos nos que se imparta educación infantil, primaria e secundaria poderán concursar nas dúas categorías.

     

    A exposición que presente cada centro deberá estar conformada por un total de 10 carteis de 70x50 centímetros. Para cada un deles, elaboraranse unha serie de actividades para guiar a súa observación e fomentar o labor de investigación do alumnado, que se xuntarán á exposición en forma de guía ou cuestionario.

     

    Os traballos premiados

    Os grupos de traballo que elaboren as exposicións gañadoras recibirán cadanseu premio en metálico por importe de 3.000 euros. Ademais, a mellor exposición de cada unha das categorías será imprimida e distribuída en máis de 1.600 puntos de Galicia e do exterior, tales como centros de ensino, centros de estudos galegos, centros da emigración, bibliotecas municipais e casas da cultura, entre outros.

     

    Todos os centros que estean interesados participar nesta iniciativa poderán facelo ata o 16 de xaneiro, día en que remata o prazo para a admisión dos traballos.

     

    Obxectivos do concurso

    A posta en marcha desta iniciativa responde ao interese da secretaría xeral de potenciar entre os os alumnos e as alumnas o estudo da obra e da época de Valentín Paz Andrade, así como de propiciar a reflexión sociolingüística sobre a etapa histórica na que viviu e de difundir unha visión persoal por parte da comunidade educativa sobre a figura do escritor.

     

    Ao  mesmo tempo, o concurso pretende ser unha canle para fomentar a valoración das contribucións individuais e colectivas na dignificación e normalización da lingua galega, e para enriquecer a oferta de materiais existentes en lingua galega e promover a súa divulgación como referentes para outros centros.

     

    Ademais, esta convocatoria aposta pola realización de actividades que fomenten a colaboración e que potencien a implicación activa do profesorado e do alumnado. É por iso que se establece que a exposición sexa concibida como un traballo interdepartamental e que na súa elaboración estean implicados diversos seminarios. No caso dos centros de educación primaria, terase en conta a participación dos equipos de distintos ciclos.
    Ver más
  • ÚLTIMO DÍA DO CONCURSO PARA PROMOVER A CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2012

    Fecha: del 11.11.2011 al 16.01.2012
    Concurso_letrasOs centros de ensino non universitario de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, poderán participar nun concurso, para a elaboración dunha exposición sobre Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado nas Letras 2012.
    A exposición pode versar sobre a época, obra e lingua do autor homenaxeado ou/e sobre a situación sociolingüística da etapa histórica na que este viviu; e deberá estar formada por un total de 10 carteis.
    Os grupos de traballo que elaboren as exposicións gañadoras recibirán candanseu premio en metálico de 3.000 €.
    Prazo de presentación: ata o día 16 de xaneiro de 2012.
    Podes consultar as bases da convocatoria na páxina web: www.xunta.es/linguagalega, e no portal educativo www.http://www.edu.xunta.es/web/letrasgalegas2012.
    Ver más
  • A REDE CEMIT DA XUNTA CONVOCA O I CONCURSO DE CURTAS CO MÓBIL, DIRIXIDO A MOZOS DA ESO E DE BACHARELATO DA COMUNIDADE GALEGA

    Fecha: del 15.11.2011 al 29.02.2012
    A rede de centros de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, rede CeMIT, por iniciativa das aulas CeMIT dos concellos de Vimianzo e Abegondo, acaba de convocar o I Concurso de Curtas realizadas co móbil, dirixido a mozos matriculados na ESO ou no Bacharelato dos centros educativos da Comunidade Galega.

    Este concurso, que se convoca por primeira vez na administración autonómica a través do Facebook da web de Iniciativas de Modernización e Innovación Tecnolóxica, http://www.facebook.com/imitxunta, abre hoxe o seu prazo de inscrición. Os obxectivos do certame son espertar a creatividade audiovisual dos estudantes galegos, fomentar o traballo en equipo e dar a coñecer as posibilidades que se abren no campo da formación e coñecemento das novas tecnoloxías que se veñen ofrecendo a través das actividades programadas nas aulas CeMIT dos distintos concellos e comarcas galegos.

    Neste I Concurso de curtas realizadas co móbil os mozos da ESO e Bacharelato que teñan entre 14 e 20 anos poderán participar, de xeito individual ou colectivo, e mostrar a súa destreza cinematográfica coa gravación de curtas orixinais cunha temática que exprese aqueles valores e ideas relacionadas coas funcionalidades que ofrece a rede de aulas CeMIT como referente no acceso á formación en novas tecnoloxías e o seu impacto na vida cotiá.

    Axentes implicados e fases do concurso
    Os estudantes que desexen participar nesta iniciativa, cuxo prazo de inscrición se abre hoxe e permanecerá aberto ata o 29 de febreiro para a recollida das curtametraxes, contarán coa axuda activa da comunidade educativa e dos responsables das aulas CeMIT. Así, neste programa implícase tanto ao alumnado -como creador das curtametraxes-, como aos centros educativos -como titores dos alumnos participantes e facilitadores das inscricións das curtas que os representarán-, e aos responsables das aulas CeMIT, que se encargarán da difusión, resolución de dúbidas, validación e recollida das inscricións e traballos presentados ao concurso.

    Unha vez recollidos todos os vídeos participantes, subiranse a internet para someterse á votación mediante o sistema ‘Gústame’ de Facebook a partir do 7 de marzo de 2012.

    Tanto os alumnos das obras seleccionadas coma o centro educativo ao que representan poderán optar a unha serie de premios, tanto a nivel provincial como autonómico. Así, o centro educativo gañador a nivel provincial será obsequiado cunha cámara dixital compacta e o equipo gañador recibirá ata un máximo de 5 Ipod, que poderán ser distribuídos, a criterio do titor, no caso de que o grupo que presenta a curtametraxe estea formado por un número superior de integrantes.

    A nivel autonómico entregaranse distintos premios aos centros educativos gañadores: no caso de quedar en primeiro lugar, o premio consistirá nun Netbook; e no caso de quedar en segunda posición o premio será unha videocámara.

    Os alumnos e centros educativos interesados en participar neste concurso poderán inscribirse na aula CeMIT máis próxima ou a través da web www.cemit.xunta.es. As bases completas da iniciativa poderán consultarse en http://www.facebook.com/imitxunta.

    Ver más
  • O PROGRAMA -ESTANCIAS CREATIVAS PARA XÓVENES- DE BENESTAR OFERTA UN TOTAL DE 150 PRAZAS EN ACTIVIDADES DE FIN DE SEMANA -ATA O 20 DE XANEIRO-

    Fecha: del 30.11.2011 al 20.01.2012
    O programa ‘Estancias creativas para xóvenes’ da Consellería de Traballo e Benestar e enmarcado no Circuíto da Creatividade, ofertará un total de 150 prazas en actividades creativas de fin de semana aos mozos e mozas galegos de entre 18 e 30 anos. O prazo de inscrición prolongarase ata o 20 de xaneiro de 2012. Ovidio Rodeiro na inauguración do Circuito de Creatividade

    O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, participou na inauguración do Circuíto de Creatividade, iniciativa posta en marcha pola Dirección Xeral para dar a coñecer os traballos dos mozos e mozas creadores galegos con actuacións e exposicións itinerantes en Galicia e en Portugal. Durante este acto, o director presentou tamén esta iniciativa de Estancias Creativas.

    Indicou que estas estancias terán lugar no Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo), na provincia da Coruña, e no Complexo Residencial Xuvenil LUG II (Lugo) en oito fins de semana, desde o mes de febreiro ata o mes de xuño de 2012.

    En cada fin de semana o número de prazas será de 20, un total de 10 por cada especialidade, (menos unha que terá dez prazas) sendo estas poesía, relato breve, graffiti, banda deseñada, videocreación, webcreación, creación DJ, baile, música, pintura, escultura, teatro, danza e expresión, cartelería e fotografía creativa. Como remate das estancias, no mes de xuño está prevista unha creación multidisciplinar por parte de todos os participantes.

    Ovidio Rodeiro na inauguración do Circuito de Creatividade As estancias inclúen aloxamento e manutención e os materiais básicos para a intervención artística e para a realización do traballo artístico. Os participantes terán como monitores de apoio a artistas profesionais, xa consagrados en cada unha das materias.

    Os interesados deberán remitir á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado a súa solicitude xunto co seu proxecto e o seu currículo artístico. Coincidindo co Ano Europeo do Voluntariado, a temática dos proxectos será ‘Arte voluntaria: como facer arte desde o voluntariado’. As obras seleccionadas integrarán o Circuíto de Creatividade.

    Circuíto da creatividade
    Neste senso, o Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Santiago de Compostela, acolle ata finais do mes de novembro unha exposición de artes plásticas e videocreación enmarcada no Circuíto de Creatividade 2011, integrado polas obras premiadas no Certame Galego de Creadores Novos [edicións de 2009 e 2010], nas súas modalidades de Artes Plásticas, Videoarte e Moda.

    Os autores que expoñen os seus traballos en Santiago son Beatriz Suárez Saa, Miguel Cuba Taboada, Sheila Pazos Silva, Rodrigo Currás Torres, Julia Aranda Girón, Pablo Rodríguez Barreiro, Juan Silva Cabral, Marta González Suárez, Sofía Grandío Barrio, Daniel Diéguez, Diego Pintos, Sabela Pernas Soto, Cristina Ferreiro Real e Pablo González Muñiz.
    Ver más
  • VALENÇA CIDADE PRESÉPIO MOSTRA COLETIVA REUNIRÁ CENTENAS DE PRESÉPIOS

    Fecha: del 18.11.2011 al 12.01.2012

    Valença será a Cidade Presépio, com uma exposição coletiva nas praças, ruas, comércios e serviços públicos, com mais de 250 espaços de exposição e centenas de presépios,  entre 28 de Novembro e 12 de Janeiro. A iniciativa é da Câmara Municipal e envolve o comércio, as coletividades e a população de um modo geral.Valença Cidade Presépio Mostra Coletiva Reunirá Centenas de Presépios

             Recordar as tradições do Natal e dos Reis, numa época culturalmente tão rica e viva em Valença, é o grande objetivo desta mostra coletiva de presépios, segundo o Presidente da Câmara, Jorge Salgueiro Mendes. Uma oportunidade única para visitar Valença, sentir magia do Natal, apreciar o ambiente especial, proporcionado pela animação natalícia que pretende  ser uma marca na promoção do comércio tradicional, da hotelaria e da cultura valenciana.

             A Fortaleza contará com uma centena de locais de exposição, nas monstras dos estabelecimentos comerciais, nos edifícios públicos, bares e restaurantes. A estes espaços juntam-se as cinco Capelas dos Passos.

             Na área urbana da cidade  serão 150 os locais de exposição, sobretudo, em montras de estabelecimentos comerciais.

             As principais praças e ruas da Fortaleza e área urbana contarão, ainda, com  25 presépios em tamanho real a cargo das coletividades valencianas e vários serviços públicos.

             O Núcleo Museológico de Valença será o polo central da exposição com uma mostra internacional de mais de uma centena de  presépios, do Minho e vários cantos do mundo que contará com a especial colaboração do Museu de Arte Sacra e Etnologia dos Missionários da Consolata de Fátima.

             O Natal em Valença será muito animado. Esta mostra será enriquecida com muita animação com destaque para 15 de Dezembro, com uma viagem  noturna aos principais presépios, acompanhada com reis magos a cavalo, e muitas figuras vivas do Natal.      
    Ver más
  • CONTINUAN ABERTAS AS PORTAS DE PARLAMENTO XOVE 2012

    Fecha: del 21.11.2011 al 27.01.2012
    parlamentoxove2012
    Ábrese a 3ª edición de Parlamento Xove, un proxecto da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar, que pretende potenciar o diálogo como ferramenta para argumentar as ideas propias entre a mocidade galega.

    Trátase dunha competición entre centros de ensino da comunidade autónoma, na que os participantes de cada equipo (catro alumnos e un profesor)  investigarán, escribirán e, finalmente, debaterán sobre o tema proposto pola organización. Inclúese tamén a elaboración de artigos en blog e a realización dun dossier de investigación sobre o tema tratado. O tema será anunciado pola organización a partir do luns 21 de novembro.

    Para poder participar é preciso inscribirse por equipos formados por alumnos de  1º ou 2º de bacharelato máis un profesor que será o coordinador do equipo. Poderán inscribirse un total de 32 equipos e o prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro 27 de xaneiro do 2012.

    Durante o mes de febreiro de 2012 celebranse as quendas de debates provinciais para coñecer os 8 equipos que debaterán na fase final no Parlamento de Galicia no mes de marzo.

    A gran novidade desta edición é que se incorpora unha nova fase de formación para os equipos inscritos, que se desenvolverá en varias fins de semana de decembro e xaneiro, así como unha competición paralela de carácter experimental con alumnado de 3º e 4º da ESO.

    Para máis información visita www.parlamentoxove.com

    Ver más
  • BOLSAS DE TRABALLO DE GOOGLE PARA MULLERES - ATA O 1 DE FEBREIRO

    Fecha: del 22.11.2011 al 01.02.2012

    Google convoca bolsas para mulleres estudantes que esten matricualdas nunha facultade, un máster ou doutorado de informática durante o curso 2012/2013, nunha universidade europea, de Africa ou Oriente Medio.google_logo_41


    Dotacíon economica da bolsa: 7.000 €


    En xuño de 2012, as mulleres que resulten finalistas, serán invitadas a presentarse a unha das oficinas de Google en Europa para participar a talleres de información con relatores, paneis, sesións de breakout e actividades sociais; será a ocasión para todos os finalistas de coñecerse e compartir experiencias.


    O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 1 de febreiro de 2012
    Solicitudes: https://google.eresources.com/applications/login.asp
    Máis información en http://www.google.com/anitaborg/emea/

    Ver más
  • ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A TERCEIRA EDICIÓN DO -PARLAMENTO XOVE- NO QUE PODERÁN PARTICIPAR ATA 32 EQUIPOS

    Fecha: del 25.11.2011 al 27.01.2012
    A Consellería de Traballo e Benestar vén de abrir o prazo de inscrición para a 3ª edición do “Parlamento Xove”, no que poderán participar ata un total de 32 equipos, que estarán formados por alumnos de 1º ou 2º de bacharelato xunto cun profesor, que será o coordinador do equipo. O obxectivo desta iniciativa é potenciar entre a mocidade galega o diálogo como ferramenta para argumentar as ideas propias.

    O prazo de inscrición estará aberto ata o próximo 27 de xaneiro a través da web http://xuventude.xunta.es.

    O “Parlamento Xove” é unha competición entre centros de ensino, na que os participantes de cada equipo –formado por catro alumnos e un profesor- investigarán, escribirán e finalmente debaterán sobre un tema proposto pola organización. Dentro das actividades, inclúese tamén a elaboración de artigos nun blog e a realización dun dossier de investigación sobre o tema tratado.

    Este ano o tema proposto é a análise do papel da xuventude no contexto mundial, e reflexionar sobre se esa mocidade vai cara un modelo máis participativo ou máis individualista. Así, os mozos debaterán entre dous posturas: a de diferentes estudos que sinalan que a xuventude é cada vez máis individualista e está máis afastada da participación social, un patrón de conduta determinado tamén polo uso das novas tecnoloxías; ou ben, poderán basearse na que a maioría dos participantes da accións solidarias e de voluntariado son xente moza.

    Durante o mes de febreiro do próximo ano, celebraranse as quendas de debates provinciais, dos que sairán os 8 equipos que debaterán na fase final que se celebrará no hemiciclo do Parlamento de Galicia no mes de marzo.

    Ademais, na edición deste ano, incorpóranse dúas novidades fundamentais. A primeira delas é que se realizará por primeira vez unha fase de formación para os equipos inscritos que se desenvolverá en varias fins de semana de decembro e xaneiro en Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. Nese curso, os alumnos participantes recibirán coñecementos de oratoria enfocada ao funcionamento dos campionatos escolares de debate.

    Este ano realizarase unha competición paralela de carácter experimental para alumnos de 3º e 4º de ESO. En anos anteriores, os alumnos de ESO participaban xunto cos de bacharelato, pero as diferentes idades traían consigo diferenzas moi importantes na competición, polo que este ano tense decidido realizar unha competición paralela para estas idades.

    Ver más
  • VALENÇA CIDADE PRESÉPIO - CONTINUA A MOSTRA COLETIVA QUE REÚNE MAIS DE 500 PRESÉPIOS

    Fecha: del 06.12.2011 al 08.01.2012

    500 Presépios em montras comerciais e praças, Quinta do Pai Natal, concertos de Natal, Fortaleza de Chocolate e Feira de Artesanato.

    Jorge Salgueiro Mendes, Presidente da Câmara de Valença“a união dos comerciantes valencianos permitiu criar uma exposição única e singular que marcará o Natal do Noroeste Peninsular”.

     

                            Valença é a Cidade Presépio até 12 de Janeiro, com uma mostra coletiva de mais de 500 presépios, Quinta do Pai Natal, concerto, Fortaleza de Chocolate e Feira de Artesanato, que colocam Valença como o destino de Natal do Noroeste Peninsular. A iniciativa é da Câmara Municipal e envolve o comércio, as coletividades, as escolas e a população de um modo geral.

                Esta é uma oportunidade única para visitar Valença, sentir magia do Natal, apreciar o ambiente especial, proporcionado pela animação natalícia que pretende ser uma marca na promoção do comércio tradicional, da hotelaria e da cultura valenciana.

                A mostra coletiva de presépios tem o Núcleo Museológico por polo central, com uma  exposição internacional. As ruas, praças e montras comerciais e os serviços públicos acolhem esta mostra coletiva.

                O Natal em Valença será muito animado. Esta mostra será enriquecida com um rico cartaz.

    Quinta do Pai Natal - A Praça da República receberá a Quinta do Pai Natal em 6, 7 e 9 de Dezembro, com atelier de pinta-faces, cartas ao Pai Natal, Pai Natal, Mães Natal, duendes e outras personagens natalícias, sessões fotográficas  e oferta de chocolates.

    Concertos de Natal -  A Alfândega receberá concertos de Natal  em 9 e 10 de Dezembro com a atuação do Coral Polifónico de Verdoejo e Escola de Música de São Pedro da Torre, Coral Polifónico de São Teotónio e Clube de Música da EB 2 e 3.     

    Viagem Noturna com Lanternas à Fortaleza Presépio -  Em 15 de Dezembro Valença vai repetir as visitas guiadas à Fortaleza, à noite, com lanternas. Desta vez o motivo será o Natal e a viagem percorrerá os presépios mais marcantes da Fortaleza, acompanhado de um presépio vivo, com cantatas. 

    Fortaleza de Chocolate  - No fim de semana de 16 e 17 de Dezembro Valença terá o sabor da da Fortaleza Chocolate, com esculturas ao vivo em chocolate, confeção ao vivo e exposição de presépios bolos e mostra de chocolate artesanal.

    Feira de Artesanato - A Coroada vai receber uma feira de artesanato de Natal, entre 6 e 8 de Dezembro a cargo da APPACDM de Valença.

    Ver más
  • HOXE CHEGAN OS REIS MAGOS NA PROGRAMACIÓN DE NADAL 2011-12 NO CONCELLO DO ROSAL

    Fecha: del 10.12.2011 al 05.01.2012
    Actividades no Nadal no Concello do Rosal
    Ver más
  • A CAMPAÑA -SORPRESAS DE NADAL- DE ÁBACO CON 3.000 EUROS EN PREMIOS REMATA O DÍA 6 DE XANEIRO

    Fecha: del 03.12.2011 al 06.01.2012
    Esta campaña de promoción comercial estará na rúa durante todo o mes de decembro e se prolongará ata o vindeiro 6 de xaneiro.Esta campaña de promoción comercial estará na rúa durante todo o mes de decembro e se prolongará ata o vindeiro 6 de xaneiro. Unha iniciativa coa que o comercio guardés trata de agasallar ós seus clientes con máis de 3.000 € en premios, que van dende premios directos que son: 18 cheques de compra ou consumición de 40 e outros 18 cheques de 20 €, bandoleiras, portadocumentos, radio-cd, reloxo, etc... premios que se poderán recoller e disfrutar no mesmo momento en que toquen sen ter que agardar ó final da campaña grazas ó novidoso sistema informático que `ábaco´ ven utilizando nas últimas iniciativas promocionais.

    Ademáis, todos aqueles códigos que non foran agraciados con premios directos participarán no sorteo dun premio especial semanal , durante o mes que dura a campaña, e que son: dous cheques de compra de 250 €, un cheque de compra de 300 € e unha noite no Talaso Atlántico.

    Deste xeito, tódolos clientes que validen os códigos que reciban polas súas compras de Nadal veránse inmersos nun carrusel de premios directos dunha morea de

    "SORPRESAS DE NADAL"
     
    Esta campaña de promoción comercial estará na rúa durante todo o mes de decembro e se prolongará ata o vindeiro 6 de xaneiro.
     
    Ver más
  • EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA RETRATOS FERROVIARIOS -PORTO A VALENÇA-

    Fecha: del 03.12.2011 al 03.03.2012
    Exposición de Fotografías de Carlos Pinto, Ivo Miguel e Pedro Meda na Loja de Turismo de Valenca

    HORARIOS:

    De segunda a sábado:

     - 9.00h ás 12.30h

    - 14.00h ás 17.30h

     
    Ver más
  • O DÍA 20 REMATA A NOVA CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DO COMERCIO LOCAL: -ESTE INVERNO PRESUME DE PRACEIRO/A. ELIXE O TEU PREFERIDO/A TÚA PREFERIDA-

    Fecha: del 12.12.2011 al 20.01.2012

    A Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia en colaboración coa Concellería de Mercado e Praza de Abastos do Concello de Tui porá en marcha unha nova campaña de promoción da Praza de Abasto despois do éxito acadado na pasada edición da campaña de promoción dos mercados municipais. Coa finalidade de incentivar o consumo de produtos perecedoiros frescos e resaltar os valores de compra na Praza de Abastos Municipal, así como a posta en valor da profesionalidade e bo facer dos profesionais que traballan día a día nela, ambas institucións teñen previsto levar a cabo a segunda edición da campaña de promoción “ESTE INVERNO PRESUME DE PRACEIRO/A. ELIXE O TEU PREFERIDO/A TÚA PREFERIDA”.

     

    O obxectivo da acción promocional é implicar aos clientes do mercado na elección do que é, a xuízo destes, o mellor praceiro/a, en función da calidade dos produtos que ofrece no seu posto de venda e, especialmente sobre a base da súa profesionalidade, trato próximo e o seu labor de prescriptor diario respecto á súa clientela.

     

    Ademais de elixir cos seus votos ao mellor comerciante da Praza de Abastos, os clientes participarán en sorteos de cheques de compra que deberán ser canxeados no propio mercado. Celebraranse dous sorteos un o día 23-12-2011 e outro o 21-01-2012 na propia Praza de Abastos.

     

    A campaña comezará o vindeiro luns día 12 de decembro  e finaliza o venres día 20 de xaneiro de 2012. Para a concelleira responsable de Marcados e Praza de Abastos, Olga Montes Moldes, está campaña resultará beneficiosa para a Praza de Abastos tudense, en definitiva para o comercio local e de proximidade, pois coa esta acción promocional, que impulsa a Xunta de Galicia, preténdese incrementar e incentivar o consumo medio semanal durante o período de vixencia da campaña revertendo os premios obtidos polos seus clientes no propio mercado municipal.

    Ver más
  • O PASADO VENRES REALIZOUSE A INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE PINTURAS DE ANGEL TORRES GARCIA EN TUI

    Fecha: del 09.12.2011 al 05.01.2012

     O pasado venres 9 de decembro, ás 19,30 horas, a zona Anexo da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolleu o acto de inauguración da mostra de pintura de Ángel Torres García, veciño de Caldelas de Tui e que amosa por vez primeira a súa producción ao público.

    O pasado venres 9 de decembro, ás 19,30 horas, a zona Anexo da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolleu o acto de inauguración da mostra de pintura de Ángel Torres García, veciño de Caldelas de Tui e que amosa por vez primeira a súa producción ao público.

     

    A obra de Torres García caracterízase pola súa orixinalidade pois apunta a unha temática de especial realismo, centrado especialmente na súa visión das paisaxes urbanas de cidades como Tui, Vigo, Pontevedra ou Madrid. O se dominio da paleta cromática e o seu traballo prolongado diante de cada obra, converten á producción de Ángel Torres García, para moitos, nunha interesante proposta.

     

    Para a concelleira de Cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, con esta nova exposición a Sala Municipal de Exposicións continúa apostando na súa programación pola promoción dos artistas e afeccionados do noso municipio. Se a pasada semana abría a exposición de fotografías de José Luis Luque Puértolas agora esta nova exposición posibilita a exhibición da obra de Ángel Torres García. Para Vanesa Rodríguez con estas exposicións reflíctese a creatividade e vitalidade que a producción artística posúe na nosa localidade.

     

    Con esta exposición péchase a programación deste ano 2011 na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui e do seu Anexo, que acolleu ao longo do ano moi diversas mostras de pintura, fotografía, exposicións e caracter histórico, etc que ofertaron aos tudense un amplo e diversificado abano de actividades ao longo do ano.

    Ver más
  • HOXE REMATA A PROGRAMACIÓN DE NADAL 2011-2012 NO CONCELLO DE A GUARDA COA CABALGATA DOS REIS MAGOS

    Fecha: del 12.12.2011 al 05.01.2012

    PROGRAMACIÓN DE NADAL 2011-2012 NO CONCELLO DE A GUARDACONCELLO A GUARDA
    AXENDA NADAL 2011-2012
    PROGRAMACIÓN DE NADAL 2011-2012


     

     


    XOVES 5 de XANEIRO

    CABALGATA DE REIS
    Percorrido: Saída da Alameda ata a Praza do Reló
    Hora:18,00H.

    Ver más
  • PREMIO EUROPEO CARLOMAGNO DA MOCIDADE

    Fecha: del 13.12.2011 al 23.01.2012
    O Premio outórgase a proxectos emprendidos por mozos e mozas que fomenten o entendemento, promovan o desenvolvemento dun sentido compartido de identidade europea e ofrezan exemplos prácticos de europeos que convivan como unha soa comunidade.
    O «Premio Europeo Carlomagno da Mocidade» convócano conxuntamente todos os anos o Parlamento Europeo e a Fundación do Premio Internacional Carlomagno de Aquisgrán.
    Os solicitantes deberán ter entre 16 e 30 anos de idade.concurso_carlomagno
    Os participantes deberán ser cidadáns dun dos 27 Estados membros da Unión Europea ou residir nun destes países e poderán presentar solicitudes individuais ou en grupo; no caso de proxectos en grupo e multinacionais, o proxecto poderá presentarse unicamente nun país.
    Aceptaranse solicitudes en todas as linguas oficiais da Unión Europea.
    Os proxectos presentados ao concurso deberán estar en marcha e finalizar no ano civil (12 meses) precedente ao actual prazo de solicitude, ou seguir activos.  Outorgarase un premio de 5000 € ao mellor proxecto, un de 3000 € ao segundo e un de 2000 € ao terceiro. Como parte da distinción, os tres finalistas serán invitados a visitar o Parlamento Europeo (en Bruxelas ou en Estrasburgo). Así mesmo invitarase representantes dos 27 proxectos nacionais seleccionados a unha viaxe de catro días a Aquisgrán (Alemaña).
    O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 23 de xaneiro de 2012.
    Máis información en http://www.charlemagneyouthprize.eu/view/es/introduction.html
    Ver más
  • EXPOSICIÓN COLECTIVA NADAL 2011 NA GALERIA A+B DE A GUARDA - HOXE ÚLTIMO DÍA

    Fecha: del 16.12.2011 al 05.01.2012
     
     
    ARTISTAS

    Espazo expositivo con fondo permanente de obra: Pilar Alonso, Cecilio Chaves, Miguel Karballo, Sula Repani, Eduardo Zapiraín, Elena Gómez Dahlgren, Xoán Piñeiro, Toya García Senra, Julio Sanjurjo, Fernando Barreira, Carlo Crapes, Marcos Juncal, Víctor Lorenzo, Paulo Neves, Nando Álvarez, Lucas Míguez, Fernando Cano, Christian Villamide, Iñigo Manterola, Alvaro de la Vega, Leonor Soláns, Bernardino Sánchez Bayó, Verónica Pérez, Suso Dobao, Francisco Remiseiro, Acisclo Manzano, Irene Márquez,
    Nuria Villa, Miguel Santamaría, PIlar Pérez Subiás

    Reproduccións en fotografía, gravados, auga tinta, estampas dixitais:
    Pilar Alonso, Cecilio Chaves, Christian Villamide, Quique Touriño, Xulio Gil, Raquel de Prada, Pilar Fernandez Rey.

    Edición de obra escultórica en pequeno formato:
    Xoán Piñeiro, Guillermo Steinbrüggen, Acisclo Novo, Jesús Balado, Acisclo Manzano, Teresa Añón, Paulo Hernani, Francette Monet, Francisco Escudero, Francisco Pazos, Jane Conil, Manuel Patinha, Ferreiro Badía, Antonio Oteiza, José Molares, Lucas Míguez.
     
    galeria a + b
    Rúa Galicia nº 28. 36780 A Guarda (Pontevedra). ES
    galeria@artebronce.com www.artebronce.com/galeria
    Tfnos. de contacto: 986 611 259 - 672 383 900 - 629 816 432
    Horario de martes a sábado de 11 a 13,30 e de 18 a 21 h.

    Ver más
  • O NADAL CHEGA A TOMIÑO - HOXE CABALGATA DOS REIS MAGOS

    Fecha: del 18.12.2011 al 05.01.2012
    Ver más
  • ACIGU PRESENTÓ LA CAMPAÑA CULTURAL Y LÚDICA DE NAVIDAD 2011

    Fecha: del 23.12.2011 al 04.01.2012
    Por la presente comunicamos que el martes día 13 de Diciembre, Doña Carmen María Garcia Braga presentó, en la sede de ACIGU CCA, la campaña cultural y lúdica de Navidad 2011, en la que se realizarán fiestas infantiles, talleres y chocolatadas, además de la disponibilidad de un parking; con un coste aproximado de 18.000€.

    Esta campaña arranca el día 23 de Diciembre con la chocolatada en el mercado, desde las 10.00 de la mañana hasta las 13.30 horas aproximadamente, realizándose otras dos chocolatadas más durante los días 29 de Diciembre desde las 17.00 horas en la Alameda, y el día 30 de Diciembre desde las 10.00 de la mañana en el mercado.

    Los días 24, 26 y 27 de Diciembre, y los días 3 y 4 de Enero se realizarán fiestas infantiles, en las que se contará con hinchables, globoflexia, pinta caras, películas de dibujos animados, juegos varios y mucho más, en el edificio ligero en la calle Concepción arenal. Todos los niños tendrán la oportunidad de dejar sus cartas escritas con sus buenos deseos y regalos para esta Navidad 2011.

    Otra de las actividades a realizar durante estas fiestas será la realización de talleres en el Centro de Actividades Infantiles durante los días 22, 23, 27, 28, 29 y 30 de Diciembre, y durante los días 3, 4, 5 y 7 de Enero, siendo el horario del día 5 solamente de mañana.

    Para participar en todos estos actos se entregarán tickets en los establecimientos asociados.

    NOTICIAS RELACIONADAS:

     

     

    Ver más
  • EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA: --V CERTAME VIAXANDO- ATA O 12 DE XANEIRO NA GUARDA

    Fecha: del 16.12.2011 al 12.01.2012
    A OMIX da Guarda informa que a partir do 16 de decembro o edificio do Concello da Guarda albergará a exposición formada polas fotografías que participaron no quinto certame fotográfico Viaxando, un concurso organizado polas OMIX da Guarda, O Rosal, Tomiño, Baiona, Gondomar, Salceda de Caselas, Porriño e pola Casa de Xuventude de Tui, no que participaron mozos e mozas de todos estos municipios. A exposición poderá ser visitada no concello ata o 12 de xaneiro de 2012.
    Ver más
  • CURSO DE DESHABITUACIÓN TABÁQUICA NO CONCELLO DE TUI

    Fecha: del 17.12.2011 al 11.01.2012

    O Departamento de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro ,organiza para o mes de xaneiro un curso de Deshabituación Tabáquica, gratuito e dirixido a poboación maior de 18 anos . Todos aqueles interesados en anotarse poderán facelo achegándose as dependencias de Servicios Sociais ou a través do e-mail paula.ssociais@concellotui.org ou no teléfono 986603625.

    O curso consta de 7 sesións cunha duración de hora en media cada unha, será en horario de 18.30 a 20.00 horas, farase unha primeira entrevista coa terapeuta o mércores 11 de xaneiro e o curso dará comezo o día 25 de xaneiro.

    Necesítase un número mínimo de 12 persoas para poder levalo a cabo.

     

     

     

    Ver más
  • SANIDADE CONCIENCIA AOS MÁIS NOVOS DA IMPORTANCIA DA DOAZÓN DE ÓRGANOS E TRANSPLANTES CO III CONCURSO DE DEBUXO E LEMAS

    Fecha: del 19.12.2011 al 15.04.2012
    A Consellería de Sanidade, en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, convoca o III Concurso de Debuxo e Lemas co fin de concienciar aos máis novos da importancia da doazón de órganos e transplantes.

    O obxectivo desta iniciativa, organizada pola Oficina de Coordinación de Transplantes de Galicia (OCT), é acercar esta realidade á poboación escolar da nosa Comunidade Autónoma para que sexan capaces de valorar os beneficios para a cidadanía do fomento da doazón de órganos.

    Os alumnos de todos os centros educativos, tanto públicos como privados, que estean cursando 5º e 6º de educación primaria e 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO) poderán participar neste concurso ata o 15 de abril do vindeiro ano.

    En cada clase, os profesores realizarán unha actividade formativa respecto a doazón e transplante que facilite a creación de ideas e que propicie o desenvolvemento da imaxinación do alumnado á hora de elaborar o debuxo. Neste senso, a OCT facilitará a todos os centros que así o demanden material de apoio para realizar esta actividade didáctica.

    Os debuxos cos que se concorre ao concurso deben tratar sobre a doazón e transplantes de órganos e tecidos, e sobre todos os aspectos relacionados con estes; tamén deberán incluír obrigatoriamente unha frase ou lema relacionado co fomento da doazón.

    Toda a información detallada sobre o concurso pode atoparse na páxina www.sergas.es

    Premios para os mellores traballos
    O concurso establece dúas categorías, unha para escolares de Primaria e outra para escolares de Secundaria, con dous premios para cada unha delas.

    Os primeiros premios de cada categoría consistirán nun vale para o centro docente por valor de 800 euros para a adquisición de material escolar, e nun ordenador portátil para o alumno autor da obra e para o profesor que titoriza o traballo.

    Os segundos premios consisten nun vale para o centro docente por valor de 500 euros para a adquisición de material escolar, e nunha cámara de fotos dixital para o alumno autor da obra e para o profesor que titoriza o traballo.

    Para a concesión dos premios, o xurado valorará que os traballos incidan na promoción e fomento da doazón ou os transplantes nos debuxos e nos lemas; así como a calidade, cantidade e utilidade da información que ofrece.

    Ver más
  • HOXE REMATA A EXPOSICIÓN DE PINTURA DE ÁNGEL TORRES GARCÍA EN TUI

    Fecha: del 19.12.2011 al 05.01.2012

    O pasado venres 9 de decembro, ás 19,30 horas, a zona Anexo da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolleu o acto de inauguración da mostra de pintura de Ángel Torres García, veciño de Caldelas de Tui e que amosa por vez primeira a súa producción ao público.

    A obra de Torres García caracterízase pola súa orixinalidade pois apunta a unha temática de especial realismo, centrado especialmente na súa visión das paisaxes urbanas de cidades como Tui, Vigo, Pontevedra ou Madrid. O seu dominio da paleta cromática e o seu traballo prolongado diante de cada obra, converten á producción de Ángel Torres García, para moitos, nunha interesante proposta.

     

    Para a concelleira de Cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, con esta nova exposición a Sala Municipal de Exposicións continúa apostando na súa programación pola promoción dos artistas e afeccionados do noso municipio. Se a pasada semana abría a exposición de fotografías de José Luis Luque Puértolas agora esta nova exposición posibilita a exhibición da obra de Ángel Torres García. Para Vanesa Rodríguez con estas exposicións reflíctese a creatividade e vitalidade que a producción artística posúe na nosa localidade.

     

    Con esta exposición péchase a programación deste ano 2011 na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui e do seu Anexo, que acolleu ao longo do ano moi diversas mostras de pintura, fotografía, exposicións e caracter histórico, etc que ofertaron aos tudense un amplo e diversificado abano de actividades ao longo do ano.

     

    Ver más
  • O IMSERSO CONVOCA PRAZAS PARA O TERMALISMO SOCIAL - ATA O 13 DE XANEIRO

    Fecha: del 28.12.2011 al 13.01.2012

    O IMSERSO convoca prazas para o termalismo social as persoas que queiran desfrutar dos balnearios entre os meses de febreiro a agosto teñen ata o 13 de xaneiro para facer a solicitude.

    En maio para os que queiran os meses de setembro a decembro. (Dirixido a pensionistas da Seguridade Social de xubiliación e invalidez, e os de viuvidde ou doutras pensións que haxan cumprido os 60 anos).

    MÁIS INFORMACIÓN TRABALLADORA SOCIAL OU NO TELÉFONO 986 609450

    Ver más
  • -PRESÉPIOS DA NOSSA TERRA- PARA VER NA CASA DO TURISMO DE CERVEIRA -ATA O 8 DE XANEIRO

    Fecha: del 21.12.2011 al 08.01.2012

    “PRESÉPIOS DA NOSSA TERRA” PARA VER NA CASA DO TURISMO

    Dezasseis presépios completamente originais estão expostos na Casa do Turismo, até ao dia próximo dia 8 de Janeiro. São os “Presépios da nossa Terra”, numa mostra organizada pela Câmara Municipal, com o apoio das juntas de freguesia do concelho.

     

    VNC 20|12|11

     

    A iniciativa já se tornou tradição no concelho e, este ano, cada uma das quinze freguesias cerveirenses construiu o seu presépio, interpretando mais uma vez o nascimento de Jesus. Há mais um presépio que pode agora ser admirado, de maiores dimensões, da autoria das Instituições Particulares de Solidariedade Social (IPSS).  

    Visitar esta exposição vale mesmo a pena e para isso basta dirigir-se à Casa do Turismo, de segunda-feira a sábado, das 9h30 às 13h00 ou das 14h00 às 17h30. Aos domingos, o horário vai das 9h30 às 12h30.

     

     

    Ver más
  • MERCAGUARDA: HOXE REMATA A CAMPAÑA DE NADAL 2011 NA PRAZA DE ABASTOS DE A GUARDA

    Fecha: del 23.12.2011 al 13.01.2012
    Mercar na Praza nestas datas ten agasallo
    Ver más
  • PROGRAMA DE NADAL A GUARDA 2011

    Fecha: del 21.12.2011 al 05.01.2012
    http://www.aguarda.es/images/stories/_novas/cultura/axenda%20nadal-2011.pdf
    Ver más
  • ECONOMÍA E INDUSTRIA ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS DE ATA 7.000 EUROS PARA A ADQUISICIÓN DE VEHÍCULOS EFICIENTES

    Fecha: del 21.12.2011 al 30.06.2012

    As axudas para adquisición de vehículos “full hybrid” chegan aos 2.300 euros, e aos 2.000 euros para os “mild hybrid”

    Realizaranse 300 transaccións, que permitirán un aforro anual de 82 toneladas de petróleo, evitando a emisión a atmosfera de 266 toneladas de CO2

    O orzamento deste ano incrementouse un 37%, ata os 700.000 euros, o que permitirá xerar un investimento asociado duns 6,7 millóns de euros
     
    A Consellería de Economía e Industria abre o prazo para a solicitude de axudas encamiñadas á adquisición de vehículos eficientes. Así, a partir de hoxe, todos aqueles que o desexen poden acudir aos concesionarios e talleres adheridos para solicitar as axudas correspondentes, que nesta ocasión chegarán ata o 15% do prezo do vehículo e poderán alcanzar os 7.000 euros.

    O plan estará vixente ata o 30 de xuño, podendo xa os interesados consultar a listaxe de empresas colaboradoras a través da web do Instituto Enerxético de Galicia –www.inega.es-. Unha vez seleccionado o vehículo a comprar ou o tipo de transformación do motor, o taller ou concesionario debe reservar a axuda correspondente, agardando a confirmación de fondos por vía electrónica. A partir dese momento, a empresa dispón de 60 días naturais para presentar toda a documentación.

    Nesta ocasión, as axudas chegan aos 2.300 euros para vehículos “full hybrid”, aos 2.000 euros para os “mild hybrid”, e ata os 7.000 euros para turismos de combustión directa de hidróxeno ou con pila de combustible. No caso de transformación do motor para que funcione con GLP ou gas natural, a subvención alcanza os 1.200 euros en vehículos novos, e os 450 euros nos de segunda man. Plan de Vehículos Eficientes 2011

    Obxectivos do Plan
    Con esta nova edición do Plan de Vehículos Eficientes, a Consellería, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), aspira a realizar 300 transaccións, que permitirán unha diminución do impacto ambiental dos medios de transporte traducida nun aforro anual de 82 toneladas de petróleo, evitando a emisión á atmosfera de 266 toneladas de CO2.

    Para iso, Economía e Industria incrementou nun 37% o orzamento, alcanzado os 700.000 euros, cifra que permitirá xerar na industria automobilística un investimento asociado de aproximadamente 6,7 millóns de euros.

    Este programa facilitou xa en edicións anteriores que 876 automóbiles eficientes circulen polas estradas galegas. Deste xeito, impúlsase unha maior eficiencia enerxética no sector do transporte a través de incentivos para a adquisición de vehículos novos ou para transformacións que se alimenten con combustibles alternativos aos convencionais de gasolina e gasóleo.
    Ver más
  • A CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE TUI OFERTA UN CURSO DE DESHABITUACIÓN TABÁQUICA

    Fecha: del 22.12.2011 al 11.01.2012

    O Departamento de Prevención de Drogodependencias, dependente da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro, organiza para o mes de xaneiro un curso de Deshabituación Tabáquica. As persoas interesadas poderán inscribirse nas dependencias de Servizos Sociais, no correo electrónico paula.ssociais@concellotui.org ou no teléfono 986 60 36 25.

     

    O curso consta de 7 sesións ,cunha duración de hora en media cada unha. Impartiránse en horario de 18.30 a 20.00 horas. Farase unha primeira entrevista coa terapeuta o mércores 11 de xaneiro e o curso dará comezo o día 25 de xaneiro. É preciso contar con mínimo de 12 persoas para poder realizar esta actividade.

    Ver más
  • CURSO DE FORMACION EN INTERVENCION AFECTIVO-SEXUAL NA CASA DE XUVENTUDE DE TUI - PRAZO DE INSCRIPCIÓN ATA O 13 DE XANEIRO

    Fecha: del 20.12.2011 al 13.01.2012
    A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado a través dos Centros Quérote+ convoca un curso de Formación en intervención afectivo-sexual na Casa da Xuventude de Tui.

    Destinatarios/as:

    Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, estudantes maiores de idade e/ou titulados da Área Social e persoas maiores de idade que traballen ou sexan voluntarios en acción con mocidade

    Nº de horas: 20

    Contidos:

    · Presentación dos Servizos dos Centros Quérote+.

    · Conceptos Sexolóxicos

    · Educación afectivo -sexual formal e non formal

    · Educación afectivo- sexual para pais/nais

    · Edución afectivo -sexual e diversidade funcional

    · Métodos de protección, Infeccións de Trasmisión Sexual, probas rápidas de detección de VIH

    · Recursos da Comunidade autonómica

    Modalidade: Semipresencial

    Lugar de impartición: Espazo Xove (Casa da Xuventude) de Tui( Rúa Sanz, 28 )

    Prazo de inscrición: do 20 de decembro ó 13 de xaneiro de 2011

    Data de realización: 24 e 25 de xaneiro de 2011 de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 e un traballo a distancia de 4 horas

    Información: Teléfono Casa da Xuventude de Tui luns a venres de 10:30 a 13:30 / o de 16:30 a 20:30 ou no mail cxtui.traballo@xunta.es

    Ver más
  • O PADROADO MUNICIPAL MONTE SANTA TREGA CONVOCA UN CONCURSO PARA O DESEÑO DUN LOGOTIPO CONMEMORATIVO DO CENTENARIO DA CREACIÓN DA SOCIEDADE PRO MONTE NO 2012

    Fecha: del 02.01.2012 al 24.02.2012
    BASES:

    1) Poderán presentarse a este concurso todas as persoas que o desexen podendo presentar cada participante un máximo de catro traballos que han de ser orixinais, inéditos e non premiados en ningún concurso anterior.
    2) O logo deberá facer alusión ó Centenario da creación da Sociedade Pro Monte Sta Trega (1912-2012) como entidade impulsora dos valores arqueolóxicos e paisaxísticos do Monte Trega.
    3) A presentación dos traballos realizarase en formato dixital. Os traballos orixinais deben ter formato vectorial e ademais entregarase unha copia, coa mesma denominación que o arquivo orixinal, en formato pdf, png, bmp ou jpg. Acompañará ós arquivos do logo un arquivo de texto en formato doc, odt ou pdf no que o autor explique brevemente os deseños realizados.
    4) O logo deberá estar realizado con cores CMYK. O ganador comprométese a entregar o logotipo en versión de liña e en escala de grises.
    5) Establécese un único premio consistente en 400 € e diploma para o traballo ganador. O premio estará suxeito á normativa fiscal que proceda.
    6) Os arquivos (logos e texto explicativo) entregaranse nun CD ou DVD no que figurará un lema ou contrasinal. O CD/DVD acompañarase dun sobre pechado no que figurará, no seu exterior, o mesmo lema ou contrasinal que no CD/DVD e no seu interior un papel cos datos de identificación (enderezo, teléfono, correo electrónico e NIF) do autor ou autora.
    7) Os traballos -CD ou DVD e sobre cos datos persoais- entregaranse nun sobre fechado no Rexistro do Padroado  Municipal Monte Sta. Trega (Praza do Reló, 1 - 36780 - A Guarda (Pontevedra), coa indicación “Concurso LOGO Centenario Sociedade Pro Monte Sta Trega”.
    8) O Padroado non responderá dos posibles danos ou estragos que poidan sufrir os CDs como consecuencia do seu transporte, manipulación, reprodución ou outros.
    9) O prazo de admisión de traballos pecharase o 24 de febreiro de 2012 ás 14.00 h.
    10) O xurado, que estará composto por cinco membros designados ó efecto e que contará cando menos cun membro do Padroado, procederá á selección do ganador. A decisión do xurado será inapelable e farase pública a principios de marzo de 2012. O xurado, se así o estimase, poderá declarar deserto o premio.
    11) Os concursantes cédenlle ó Padroado o dereito a facer uso dos logos co fin de difundilos ou expoñelos de forma impresa, a través da web do Concello da Guarda ou de calquera outro medio debendo o Padroado citar ó autor ou autora dos logotipos.
    12) O Padroado poderá facer uso do logo premiado do xeito que considere oportuno e disporá de todos os dereitos sobre o mesmo. Será empregado como imaxe corporativa do Padroado e polos organismos e institucións que este determine.
    13) O Padroado devolverá os orixinais non premiados que sexan reclamados e recollidos polos seus autores, dentro do mes seguinte ó da decisión do xurado, sen recoñecer dereitos de reclamación ou indemnización de ningunha clase.
    14) A presentación a este concurso supón a aceptación plena das presentes bases.

    A Guarda, a 23 de decembro de 2011
    Ver más
  • O 061 DE GALICIA REFORZA O SEU PERSOAL NO PERÍODO NAVIDEÑO

    Fecha: del 23.12.2011 al 05.01.2012
    A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 vén de pór en marcha diferentes medidas para asegurar que a atención das urxencias e emerxencias sexa a axeitada nestas datas especiais. Neste período navideño, a Central de Coordinación do 061 rexistra un incremento da demanda sanitaria, produto do aumento de patoloxías relacionadas coa estación invernal e os excesos propios destes días, nas que tamén os accidentes de tráfico aumentan.

    A Central do 061 de Galicia vén de realizar distintas modificacións dos turnos adaptándose ás análises de incremento de chamadas nestas datas especiais, que coinciden co fin de semana o que supón a existencia dun reforzo habitual do servizo. Estas medidas que leva a cabo Urxencias Sanitarias de Galicia-061, garanten unha axilización da consulta médica e optimizan a xestión dos recursos co fin de dispoñer dos medios máis axeitados para a atención de emerxencias que puideran xurdir.

    Isto supón apoio de persoal facultativo, teleoperador e locutor os días 23, 24, 25, 30 e 31 de decembro e o 1, 4 e 5 de xaneiro de 2012. Estes vindeiros días realizarase un reforzo do persoal facultativo nas quendas de noite de 22 a 8 horas, as noites do 24, 31 de decembro e o 5 de xaneiro así como a quenda de mañá do primeiro día do ano. No caso dos teleoperadores os días 23, 25, 30, 1, 4 e 5 de xaneiro contarase cun máis de 10 a 22 horas, e nas noites do 24 e 30 de decembro reforzarase con tres teleoperadores máis de 22 a 8 horas.

    Así mesmo, no caso dos locutores, operadores encargados de mobilizar o recurso trala valoración do médico da central, nestas festas reforzarase cun locutor máis nas noites dos días 23, 24, 30, 31 de decembro e 5 de xaneiro de 22 a 8 horas.

    No que atinxe aos recursos móbiles, o 061 é o responsable de xestionar e coordinar os servizos pre-hospitalarios en casos de urxencias e emerxencias que ocorran na nosa Comunidade tendo a perspectiva da totalidade da situación dos recursos sanitarios en cada momento.

    A todo o antedito hai que engadir que en cada unha das categorías disponse de persoal localizado as 24 horas do día. Así mesmo, permanecen tamén localizados os responsables do servizo de tecnoloxía, técnicos, equipo directivo, etc., para dar resposta inmediata a calquera imprevisto que puidera xurdir.

     

    Nadal 2010-2011
    No mes de decembro deste ano, o 061 de Galicia prevé un incremento da demanda debido aos accidentes de tráfico, as enfermidades en vía pública, así como o resto de patoloxías propias dos excesos navideños que cobran certo protagonismo.

    O ano pasado (dende o 24 de decembro 2010 ata o 6 de xaneiro de 2011) a Central de Coordinación do 061 de Galicia recibiu un total de 47.272 chamadas de demanda sanitaria orixinando 22.519 procesos asistenciais. Do total das asistencias realizadas polo 061 o 49 por cento foron resoltos sen mobilizar recursos, mediante consulta médica telefónica ou información sanitaria e o 51 por cento restante precisou da mobilización dalgún recurso.

    Para a resolución da demanda citada anteriormente nestes días mobilizouse o helicóptero medicalizado en 15 ocasións, as ambulancias medicalizadas acudiron en 740 situacións, as ambulancias asistenciais en 10.787, e en 661 situacións asistiu unha das ambulancias convencionais.

    Neste período os accidentes de tráfico e as intoxicacións son os principais motivos de demanda sanitaria na Central do 061. Así no Nadal pasado o 061 acudiu a 293 accidentes de tráfico nos que se asistiron a 398 persoas. No caso das intoxicacións, por alcohol e drogas, o total rexistrado polo 061 foi de 539 asistencias realizadas polos profesionais sanitarios do 061.

    Para rematar, e importante lembrar a toda a poboación galega o teléfono de información sanitaria 902 400 116 que traballa as 24 horas, os 365 días do ano para dar resposta a cidadanía ante calquera dúbida sobre posibles síntomas gripais ou calquera consulta sanitaria non urxente.
    Ver más
  • CONVOCADAS AS AXUDAS Á EDICIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA FAVORECER A APRENDIZAXE EN GALEGO NAS AULAS

    Fecha: del 27.12.2011 al 03.02.2012

    Garantir unha oferta ampla e de calidade de material educativo que favoreza a aprendizaxe do galego nas aulas. Este é o principal obxectivo da convocatoria de axudas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística publica hoxe no Diario Oficial de Galicia.

     

    Trátase da nova orde de subvencións á edición de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios, tanto en formato impreso como en formato dixital. A convocatoria tamén contempla a realización de recursos educativos que os complementen, isto é, calquera tipo de material que contribúa a afondar no coñecemento dos bloques temáticos recollidos nos currículos.

     

    As empresas do sector editorial, destinatarias da convocatoria, poderán solicitar ata o próximo día 3 de febreiro estas axudas, cuxa contía total ascende a 300.000 euros.

     

    Criterios de concesión

    A valoración das propostas realizarase, por unha banda, en función da calidade da obra, para o que se terá en conta a adaptación dos contidos ao currículo establecido, a calidade lingüística, o tipo de actividade, a adecuación á realidade cultural e social de Galicia, a relación dos contidos cos intereses do alumando ao que vai dirixido, o tratamento de valores democráticos e a adecuación da linguaxe ao nivel dos estudantes. Por outra banda, tamén se terá en conta a orixinalidade da obra: primarán as obras de creación propia sobre as de refundición ou adaptación.

    Unha vez valorados estes aspectos, aplicaranse criterios de priorización económica para os proxectos que se encadren nos seguintes ámbitos de ensino: materiais para aulas virtuais (Programa Abalar), materiais específicos de atención á diversidade e programas de cualificación inicial e programas de diversidade curricular, educación infantil, áreas de impartición non obrigatoria en galego e materiais que estean destinados ao alumnado inmigrante e/ou que utilicen soportes audiovisuais.

    Favorecer a aprendizaxe en galego

    Con estas axudas, a secretaría xeral apoia a produción editorial en galego, concretamente aquela que garante unha oferta suficiente de materiais didácticos curriculares de calidade e en soportes diversos. Estes recursos favorecen a aprendizaxe en lingua galega no sistema educativo non universitario. En consecuencia, contribúen a que o alumnado acade unha competencia lingüística plena en galego e semellante á do castelán, tal e como establece a Lei 1/1983, do 15 de xuño de 1983, de normalización lingüística e o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.
    Ver más
  • O DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DA GUARDA INFORMA DA APERTURA DE RESERVA DE PRAZAS PARA A ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

    Fecha: del 02.01.2012 al 07.01.2012

    Que a Escola Infantil Municipal abre o próximo día 2 de xaneiro  un proceso EXTRAORDINARIO de presentación de solicitudes para RESERVA  de prazas para o curso 2011/2012 na aula de 0-1 e de 2-3.

     

    Os pais/nais ou titores dos nenos/as interesados deberán presentar as solicitudes do 2 ó 7 de xaneiro.

     

    Para maior información dirixirse o Departamento de servizos sociais do concello da Guarda en horario de 9.00 a 14.00 h.

     

    A Guarda, 28 de decembro de 2011

     

    A Concelleira

     

    Mª Teresa Vicente Baz

    Ver más
  • AGENDA CULTURAL DE CAMINHA FEBREIRO DE 2012

    Fecha: del 02.01.2012 al 29.02.2012
    http://www.youblisher.com/p/216815-AGENDA-CULTURAL-CAMINHA-JAN-FEV-MAR-2012/
    Ver más
  • LA ASAMBLEA COMARCAL DE CRUZ ROJA BAIXO MIÑO CONVOCA EL CURSO DE MOVILIZACIÓN DE PERSONAS DEPENDIENTES

    Fecha: del 02.01.2012 al 21.01.2012

    Desde la Asamblea de Cruz Roja Baixo Miño convocamos un curso de 20 h de duración, que se desarrollará los días 21 y 28 de Enero y finalizando el 4 de Febrero. El curso de Movilización de personas dependientes está enmarcado dentro de las acciones formativas de interés socio- sanitario de Cruz Roja y está dirigido a personas mayores de 16 años que estén interesadas en adquirir las habilidades y conocimientos necesarios para la movilización y conocimientos necesarios para la movilización y cuidados especiales que requieren las personas dependientes.

    El objetivo principal de esta formación es formar a familiares, cuidadores y/ o trabajadores sobre el modo de realizar los cambios posturales que favorezcan la movilidad de la persona dependiente. Además, con esto, se pretende mejorar la calidad de vida de la persona dependiente y del familiar cuidador, potenciando la integración de la persona mayor en su medio habitual mejorando las relaciones intergeneracionales.

    En la estructura del curso se incluyen los siguientes módulos:

    -                      Enfermedades físicas relacionadas con la inmovilización: úlceras, EPOC, parálisis, etc.

    -                      Ayudas técnicas.

    -                      Técnicas de movilización e inmovilización.

    -                      Riesgos y complicaciones de una inadecuada manipulación.

    El coste del curso es de 60 €.

    Todas las personas interesadas en obtener más información o en realizar la preinscripción pueden dirigirse a:

    Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño

    C / Agustín Nandín Lomba, nº 1 Bajo. ( al lado de la iglesia Parroquial.)

    TLF: 986 61 46 09// 606 34 84 71

    Horario de atención:

    De Lunes a Jueves: 8:30 a 15:00 y 16:00 a 19:00

    Viernes: 8:00 a 15:00
    Ver más
  • PREPARACIÓN PROBAS GRADUADO EN ESO EN OIA - HOXE ULTIMO DÍA DE INSCRIPCIÓN

    Fecha: del 30.12.2011 al 20.01.2012
    O Concello de Oia organiza un Curso de Educación para adultos, PREPARACIÓN DAS PROBAS DE GRADUADO EN ESO

    Para inscribirse é necesario acudir ó Concello, xa que tendes que cubrir unha FICHA DE INSCRIPCIÓN. Así mesmo, debendes presentar unha fotocopia do DNI.

    O prazo para anotarse comeza a partir de mañá, día 30 de decembro e manterase aberto ata o día 20 de xaneiro de 2012.

    Para máis información podendes chamar por teléfono ou vía email, 986 362 125 ou aedl@concellodeoia.es
    Ver más
  • PLAN CULTURAL 2012 DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA - PRAZO ATA O 31 DE XANEIRO

    Fecha: del 30.12.2011 al 31.01.2012

    Deputación de Pontevedra

    Plan Cultural 2012

    Bases | Solicitude de inclusión

    A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 23 de decembro de 2011, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

    PLAN CULTURAL 2012
    B A S E S

    1.- OBXECTO
    A Deputación Provincial, no seu afán de impulsar e fomentar a cultura popular nas múltiples e variadas expresións artísticas, en colaboración cos concellos, as agrupacións, as entidades e as asociacións culturais, pon en marcha o Plan Cultural mediante o cal retribuirá ós grupos da provincia polas actuacións autorizadas e realizadas ó longo do ano 2012 no ámbito territorial da provincia de Pontevedra, coas contías que se establecen para este fin na base 7, e que se imputarán con cargo á aplicación 12/330.334.226.09 do orzamento provincial.

    2.- DESTINATARIOS
    Co fin de contribuír á difusión e á promoción da música, o folclore, o teatro, a danza e demais manifestacións artísticas, poderán solicitar a inclusión neste Plan Cultural as seguintes agrupacións provinciais: bandas de música, masas corais, grupos folclóricos, grupos de gaitas, bandas de gaitas, música tradicional, música clásica, teatro, etc.

    3.- LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN
    As solicitudes formalizaranse no modelo normalizado que se facilitará no Rexistro xeral da Deputación, no Servizo de Cultura ou na páxina web da Deputación: www.depo.es, acompañadas da documentación prevista na base 8ª e presentaranse no Rexistro xeral da Deputación:

    • Sede de Pontevedra: Avda. Montero Ríos, s/n (de luns a sábado)
    • Sede de Vigo: Rúa Oporto, 3 (de luns a venres) ou tal e como establece o art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    O prazo de presentación de solicitudes empezará a partir do día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e rematará o 31 de xaneiro de 2012.

    As agrupacións carentes de CIF achegarán unha acta de constitución asinada polos seus compoñentes, onde conste a designación do representante e a certificación da conta bancaria aberta a nome do grupo.

    4.- DOCUMENTACIÓN
    Para seren incluídos nos respectivos epígrafes presentarán como documentación:

    1. Fotocopia do CIF da entidade
    2. Certificación da conta bancaria
    3. Relación nominal de compoñentes e DNI
    4. Fotografía da agrupación en formato dixital

    De conformidade co establecido no art. 35.f) da Lei 30/1992, de 26 de novembro, a documentación sinalada nos apartados anteriores non terá que presentarse se xa se entregou no Servizo de Cultura desta Deputación nos últimos cinco anos e sempre que non houbera variación nela.

    5.- CLASIFICACIÓN
    As agrupacións incluídas no plan clasificaranse da seguinte maneira:

    1. BANDAS DE MÚSICA, as que teñan:
      1. un mínimo de 70 membros e unha escola de música
      2. un mínimo de 50 membros
      3. mínimo de 35 membros
      • Ademais da documentación requirida na base 4ª deberán presentar:
        a relación de alumnos e de profesorado da escola de música, facendo constar, se procede, o seu recoñecemento oficial.

    2. MASAS CORAIS, as que teñan:
      1. un mínimo de 50 membros
      2. un mínimo de 30 membros

    3. GRUPOS FOLCLÓRICOS, os que teñan:
      1. 30 membros, grupo instrumental propio, escola de baile e acrediten mediante documento a realización de actividades de investigación, etnografía, etc.
      2. 20 membros, grupo instrumental propio e escola de baile
      3. 16 membros e grupo instrumental propio
      Ademais da documentación requirida na base 4ª deberán presentar:
      • a relación nominal dos compoñentes do grupo folclórico co seu DNI
      • a relación nominal dos compoñentes do grupo instrumental co seu DNI
      • a relación de alumnos da escola de baile

    4. TEATRO

      Para ser incluídos neste epígrafe, ademais da documentación requirida na base 8ª deberán presentar:

      • a programación para desenvolver e o custo da montaxe

    5. MÚSICA CLÁSICA
      1. Grupo A: grupos de cámara
      2. Grupo B: solistas, dúos, tríos, cuartetos e quintetos
      3. Orquestras: as que teñan a distribución instrumental orquestral (corda e vento)

    6. MÚSICA TRADICIONAL E OUTROS

      Bandas de gaitas, grupos de gaitas, grupos folk, roldas, pandereteiras, animación infantil, baile moderno, humoristas, poetas, etc.

    6.- SELECCIÓN
    A selección e inclusión dos grupos peticionarios levarase a cabo polo Servizo de Cultura, que poderá interesar o asesoramento necesario, a través de informes de técnicos e profesionais expertos en cada unha das materias que avaliarán os expedientes para efectos de clasificación, propoñéndolle ó órgano competente a súa aprobación definitiva.

    7.- RETRIBUCIÓN
    Cada actuación retribuirase cos seguintes importes:

    TIPO DE GRUPO Importe/€

    BANDAS DE MÚSICA (A) 600,00 €

    BANDAS DE MÚSICA (B) 500,00 €

    BANDAS DE MÚSICA (C)450,00 €

    MASAS CORAIS (A) 270,00 €

    MASAS CORAIS (B) 240,00 €

    GRUPOS FOLCLÓRICOS(A) 270,00 €

    GRUPOS FOLCLÓRICOS (B) 210,00 €

    GRUPOS FOLCLORICOS (C) 170,00 €

    GRUPOS DE TEATRO (A) 500,00 €

    GRUPOS DE TEATRO (B) 375,00 €

    MAXIA 300,00 €

    CLÁSICOS (A) 240,00 €

    CLÁSICOS (B) 210,00 €

    ORQUESTRAS CLÁSICAS 340,00 €

    BANDAS DE GAITAS 240,00 €

    GRUPOS DE GAITAS 170,00 €

    GRUPOS FOLK 270,00 €

    PANDEIRETEIRAS 240,00 €

    ROLDAS 240,00 €

    OUTROS GRUPOS

    ANIMACIÓN INFANTIL 210,00 €

    BAILE MODERNO 210,00 €

    BALLET 240,00 €

    CANTAUTORES 210,00 €

    GRUPOS DE PLAYBACK 210,00 €

    GRUPOS MÚSICO-VOCAL 210,00 €

    HUMORISTAS 210,00 €

    MAJORETTES 210,00 €

    OUTROS FOLCLORES 210,00 €

    POETAS 210,00 €

    GRUPOS DE POP-ROCK 210,00 €

     

    8.- SOLICITUDES DAS ACTUACIÓNS
    As entidades solicitantes, como organizadoras dos actos, débense poñer en contacto coas agrupacións acollidas a este Plan Cultural para concretar a data da actuación, coñecer as condicións e facilitarlles o concerto ou a escenificación da obra. Os grupos disporán dun escenario ou marco adecuado, para que estes poidan efectuar a súa actuación sen impedimento ningún.

    As solicitudes para as actuacións destes grupos realizaranse cunha antelación superior ós 30 días da data da súa celebración.

    Os adxudicatarios de cada actuación están obrigados a facer mención, na propaganda e na publicidade oral e escrita que confeccionen, do patrocinio do acto por parte da Deputación Provincial de Pontevedra, obriga que, de non cumprirse, deixaría sen efectos a concesión realizada.

    9.- OBRIGAS DAS AGRUPACIÓNS
    As agrupacións seleccionadas comprométense e obrigan a executaren as actuacións que lles asigne a Deputación nos distintos municipios e centros culturais da provincia e, soamente en casos de forza maior, debidamente xustificados, quedarán exentas do dito convenio.

    10.- PAGAMENTO
    O pagamento das actuacións efectuarase unha vez acreditada a súa realización no modelo oficial de factura, facilitado polo Servizo de Cultura, debidamente cuberto e coa conformidade do organismo, asociación ou entidade beneficiaria. Esta documentación presentarase no prazo máximo de 30 días, a contar dende a data da actuación, quedando sen efectos se transcorre o dito prazo.

    Para tramitar as facturas das diferentes agrupacións, estas deberán ser emitidas polo titular que figura no CIF facilitado por Facenda.

    Os solistas e as agrupacións representadas por persoas individuais practicarán na factura a retención do IRPF, aplicable segundo a lexislación vixente (R.d.l. 3/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do imposto sobre a renda das persoas físicas) e a lexislación de desenvolvemento.

    11.- SELECCIÓN E ADXUDICACIÓN DAS ACTUACIÓNS
    A selección das actuacións determinarase aplicando os seguintes criterios e porcentaxes:

    • Adecuación da actuación ó interese provincial 40%
    • Importancia e magnitude do ciclo ou acto a desenvolver 20%
    • Número posible de beneficiarios do evento 20%
    • Dispoñibilidade das agrupacións solicitadas para realizar a actuación 20%

    As agrupación acollidas a este Plan Cultural realizarán un máximo de dez actuacións anuais. Non obstante, ó longo do ano poderán autorizarse aquelas que por circunstancias excepcionais sexan necesarias e imprescindibles para o bo desenvolvemento do acto.

    12.- VIXENCIA
    O presente Plan Cultural terá vixencia durante todo o ano 2012, condicionado á existencia de consignación orzamentaria.

    13.- DEREITO SUPLETORIO
    Para o non establecido nas presentes bases serán de aplicación as bases de execución do orzamento provincial e demais lexislación aplicable

    Pontevedra, 23 de decembro de 2011

     

     

    Ver más
  • REUNIÁO DO EXECUTIVO MUNICIPAL DE VALENCA DO MINHO HOJE 4 DE JANEIRO

    Fecha: del 04.01.2012 al 04.01.2012

    Reuniáo do Executivo de 4 de JaneiroO Executivo Municipal de Valença reune, em sesão ordinária, a primeira do ano, quarta-feira, 4 de Janeiro, às 9h30, no Salão Nobre dos Paços do Concelho.

    AGENDA DE TRABALHOS

    Ponto 1 – Período antes da ordem do dia;

    Ponto 2 – Período da ordem do dia:

    1.Aprovação da ata da reunião de Câmara de 21/12/2011;

    2.Regulamento Municipal de Taxas de Urbanização e Edificação;

    3.Regulamento do Complexo das Piscinas Municipais e Court de Ténis de Valença;

    4.Candidatura da Fortaleza a Património da Humanidade – Aquisição de Serviços;

    5.Aquisição de serviços de avença e tarefa com pessoas singulares;

    6.Passagem de Ano - Alargamento de Horário de Estabelecimentos;

    7.Deliberações Diversas:
    a)Resumo Diário da Tesouraria;
    b)Despachos proferidos ao abrigo da delegação de Competências;
    c)Cedência de material.
    Valença,  02 de Janeiro de 2012

    O  Presidente da Câmara,

    Jorge Salgueiro Mendes

    Ver más
  • AS FAMILIAS GALEGAS CON MENOS RECURSOS PODEN SOLICITAR AS AXUDAS DA XUNTA PARA CONTRATAR INTERNET NO FOGAR

    Fecha: del 02.01.2012 al 30.09.2012
    Desde hoxe as familias galegas cunha renda per cápita igual ou inferior a 9.000 euros poderán acceder ao programa de axudas para contratar Internet nos seus fogares. Os posibles beneficiarios deberán contratar o servizo de Internet con R ou Telefónica, que son as empresas que na actualidade completaron os trámites para acadar a condición de entidades colaboradoras desta iniciativa.

    Os interesados poden solicitar información nos teléfonos gratuítos 1004 de Telefónica e 1445 de R ou acudir as oficinas de venda destes operadores, que se encargarán de xestionar a subvención. Segundo establece a convocatoria, no ano 2012 o prazo de presentación de solicitudes quedará aberto desde o 2 de xaneiro ata o 30 de setembro, ou ata que se esgote o crédito orzamentario.

    A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica destina este ano un orzamento superior aos 570.000 euros a esta iniciativa que permitirá subvencionar a contratación deste servizo a máis de 3.000 familias.

    Beneficiarios das axudas
    Os beneficiarios destas axudas serán as familias residentes en Galicia, que teñan unha renda per cápita igual ou inferior a 9.000 € e que soliciten unha nova alta de acceso ás entidades colaboradoras da iniciativa, actualmente R e Telefónica. Para iso, a Xunta puxo a súa disposición unha plataforma telemática para garantir unha xestión totalmente electrónica das subvencións.

    Para poder acceder á subvención, será condición obrigatoria que no domicilio non houbese contratada ningunha conexión a Internet no momento de efectuar a solicitude nin polo menos nos tres meses anteriores.

    Importe e tramitación das axudas
    O programa establece a concesión dunha única subvención por unidade familiar do 40% do custe da tarifa mensual de conexión a Internet a partir do segundo mes de servizo e ata completar un ano, cunha contía máxima de 180€ e condicionado á permanencia no servizo durante ese período. A alta de liña e o importe da primeira cota mensual será asumido pola entidade colaboradora.

    Superar a barreira económica
    Segundo datos do INE o custo da conexión é a terceira causa aducida en Galicia para non contratar o servizo de Internet no fogar. Este programa de axudas busca reducir as barreiras económicas de entrada ao uso da banda larga mediante apoios económicos de cara á contratación deste servizo para seguir axudando aos colectivos máis desfavorecidos e así garantir a igualdade de oportunidades no acceso á información..

    Xunto coa eliminación da barreira económica a Xunta está a traballar na superación doutras dúas barreiras: a das infraestruturas de Telecomunicación co Plan de Banda Larga co que xa se reduciu nun terzo a poboación sen acceso a Internet na Comunidade; e a da formación, coa posta a disposición da cidadanía de instrumentos para o acceso as novas tecnoloxías como a Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica.

    Estas medidas intégranse nas actuacións da Axenda Dixital de Galicia 2014.gal, a folla de ruta do Goberno galego en materia tecnolóxica para integrar as TIC na sociedade galega e eliminar a fenda dixital na Comunidade.

    Ver más
  • A SALA MUNICIPAL DE EXPOSICIÓNS ACOLLE ATA O 16 DE XANEIRO UNHA MOSTRA DA AULA DE PINTURA DA ASOCIACIÓN DE AMAS DE CASA DE TUI

    Fecha: del 03.01.2012 al 15.01.2012
    A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle dende onte, 2 de xaneiro, e ata o vindeiro día 15 unha mostra coa escolma dos traballos realizados polas alumnas da Aula de Pintura que imparte a Asociación de Amas de Casa de Tui
    A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle dende onte, 2 de xaneiro, e ata o vindeiro día 15 unha mostra coa escolma dos traballos realizados polas alumnas da Aula de Pintura que imparte a Asociación de Amas de Casa de Tui.

    Nesta mostra colectiva participan un total de quince mulleres que asisten regularmente as clases desta Aula de aprendizaxe e que agora exhiben neste espazo publico unha mostra do seu traballo.

    A concelleira de cultura, Vanesa Rodríguez Pereira, amosa a súa satisfacción por acoller nesta Sala Municipal de Exposicións esta mostra que testemuña o traballo que desenvolve a Asociación de Amas de Casa pola promoción da cultura e o entusiasmo das alumnas participantes.

    Relación de participantes: Concepción Alonso Gómez, Mercedes Alonso Martínez, Gloria Dasilva Díz, Concepción Díz Comesaña, Eufemia Domínguez Correas, Dolores Domínguez Fernández, Carmen González Collazo, Filo Iglesias Grova, Ana Llanes, Rita Martínez Tato, Pilar Pereira Iglesias, Mª Carmen Pérez Besada, Cristina Porto González, Mª Teresa Ruano Martín e Fina Saa Rodríguez.

    Ver más
  • CINE CON TOY STORY 3 PARA OS MÁIS NOVOS HOXE NA GUARDA

    Fecha: del 04.01.2012 al 05.01.2012
    Actuación de monicreques e cine con Toy Story 3 para os máis novos

    ImagePROGRAMACIÓN INFANTIL NO CENTRO CULTURAL

    Lugar: Centro Cultural
    Fecha: 4 de xaneiro
    Hora:17,30h.

    Os máis pequenos da casa poderán gozar hoxe  con actividades pensadas para eles.  Hoxe, tócalle o turno ó xa clásico da animación Toy Story 3. 

    Esperamos que esta programación axude os rapaces a calmar os nervios ante a inminente chegada das Súas Maxestades de Oriente, que como xa ven sendo habitual realizarán a tradicional Cabalgata o día 5 de xaneiro ás 18,00h. entre a Alameda e a Praza do Reló (se o tempo o permite), para posteriormente escoitar as peticións dos nenos na Casa dos Alonso.

    Image

    Ver más
  • AXUDA COMPLEMENTARIA DO PROGRAMA ERASMUS - PRAZO ATA O VENRES 27 DE XANEIRO DE 2012

    Fecha: del 04.01.2012 al 27.01.2012
    A Consellería de Educación convoca axudas complementarias ao programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza, destinadas aos estudantes seleccionados polas universidades do Sistema Universitario de Galicia ou polos centros asociados da UNED en Galicia que participan no citado programa de mobilidade universitaria durante o curso 2011/2012.
    Requisitos:
    a) Ser cidadán da Comunidade Europea ou estranxeiro non comunitario con residencia legalizada no Estado.
    b) Estar matriculado no curso 2011-2012 en calquera das universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia ou nos centros asociados da UNED nesta comunidade autónoma para realizar estudos universitarios oficiais conducentes aos títulos universitarios de graduado, licenciado, arquitecto, enxeñeiro, diplomado, mestre, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico.
    c) Participar no programa de mobilidade universitaria con autorización da universidade de orixe e ser beneficiario da axuda achegada pola Unión Europea no marco do Programa de aprendizaxe permanente para participar na acción de mobilidade para estudos dentro do Programa Erasmus ou do Goberno de Suíza.
    A duración mínima da estadía deberá ser de tres meses e a máxima que se computará para os efectos de concesión de bolsa de nove meses.
    O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 27 de xaneiro de 2012.
    Máis información no DOG do 27 de decembro de 2011 e en www.edu.xunta.es
    Ver más

    Danos tu opinión

    ¿Descenderá el desempleo con la nueva reforma laboral?

    • Abre en nueva ventana: FACEBOOK INFOMIÑO NOTICIAS - BÚSCANOS EN FACEBOOK
    • Abre en nueva ventana: Infomiño PUBLICIDAD ANUNCIOS EMPRESAS BANNERS PROMOCION OFERTAS BAIXO MIÑO COMERCIO INDUSTRIA HOSTELERÍA RESTAURANTES GALICIA PONTEVEDRA TARIFAS
    • Abre en nueva ventana: Seguros Catalana Occidente O Rosal Hogar Vehículos Comunidades Cálculo online de tu seguro
    • Abre en nueva ventana: TAPERÍA RESTAURANTE ARRUAZ EN A GUARDA MARISCOS MENU DEL DÍA CON EXCELENTES VISTAS AL PUERTO DE A GUARDA GASTRONOMIA GALLEGA
    • Abre en nueva ventana: CAFETERÍA-RESTAURANTE ESTACIÓN MARÍTIMA EN O PASAXE A GUARDA PONTEVEDRA COMIDAS MENU DEL DIA BOCADILLOS COMIDAS DE EMPRESA CUMPLEAÑOS
    • Abre en nueva ventana: Asnela - Asesoría de Empresas Laboral Fiscal O Rosal Transferencias Matriculaciones IRPF nominas autonomos gestion tributaria becas contables
    • Abre en nueva ventana: AUTO-ESCUELA ELI´S EN A GUARDA CARNETS A B CURSOS FORMACION VIAL SACAR CARNET DE CONDUCIR
    • Abre en nueva ventana: XANELUX EN A GUARDA EMPRESA VENTANAS METAL CRISTALERÍA PERSIANAS ESTORES PVC VENECIANAS MOSQUITERAS TOLDOS BAIXO MIÑO MAMPARAS DE BAÑO PORTALES GARAJE
    • Abre en nueva ventana: INVERNADEROS Y MECANIZADOS DIAZ, S.L. VENTA Y FABRICACIÓN DE INVERNADEROS EN EL BAIXO MIÑO A GUARDA
    • Abre en nueva ventana: MARKIEL CALZADOS EN A GUARDA CALLE CONCEPCION ARENAL COMPLEMENTOS BOTAS ZAPATOS COLLARES CINTURONES BAIXO MIÑO TIENDA LOCAL COMPRAS BOTINES SANDALIAS BOLSOS
    • Abre en nueva ventana: SACHA MODA O ROSAL ROPA MUJER COMPLEMENTOS BOLSOS NAF NAF VESTIDOS
    • Abre en nueva ventana: CAFE-BAR BACCUS EN A GUARDA COPAS CERVEZAS BUEN AMBIENTE PARTIDOS DEPORTIVOS FUTBOL FUTBOLIN
    • Abre en nueva ventana: TU MENU LA GUARDIA COMIDA CASERA PARA LLEVAR CATERING PRESUPUESTOS EVENTOS PINCHOS PRODUCTOS TÍPICOS
    • Abre en nueva ventana: FLORISTERÍA ABRIL EN O ROSAL ARREGLOS FLORALES CORONAS FUNERARIAS BODAS ABUTIZOS COMUNIONES DIA DE LOS ENAMORADOS DECORACION DE EVENTOS FLORES BAIXO MIÑO
    • Abre en nueva ventana: MARISQUERIA O ROXO PORTO DE A GUARDA ESPECIALIDADES EN MARISCOS SALPICON DE BOI
    • Abre en nueva ventana: RESTAURANTE O NOVO PORTIÑO A GUARDA

    © www.infomiño.comC/Vicente Sobrino nº24 1º - 36780 A Guarda - Pontevedra Teléfono: 617 583 508 Fax: 986 62 63 79 [ LOPD ]