A Consellería de Traballo e Benestar convocará este ano unha nova
edición do concurso ‘Airiños de Rock&Roll’ co que se pretender dar
unha oportunidade aos novos grupos musicais galegos. O director xeral de
Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presentou hoxe na Coruña as
bases da nova edición do concurso.
Así, resaltou que co certame
premiarase a dous novos grupos galegos cun concerto na Coruña na que os
gañadores serán teloneiros de Leiva, o ex cantante de ‘Pereza’, o
próximo 12 de maio no escenario central do Coliseum. Na iniciativa
poderán participar os grupos musicais que estean formados por mozos e
mozas galegos ou residentes en Galicia. Ademais, dous dos membros terán
que ser menores de 30 anos.
O prazo de inscrición xa está aberto e
rematará o próximo 23 de marzo. Os interesados poderán inscribirse
seguindo as bases que están colgadas na páxina web www.xuventude.net.
Ademais, será obrigatorio enviar unha gravación de dous temas de
creación propia.
A semifinal do concurso celebrarase o propio día
do concerto, o 12 de maio, unhas horas antes da actuación dos dous
grupos gañadores. Así, o encontro de novas bandas de Galicia terá lugar
na sala de concertos ‘O Túnel’, dentro das propias instalacións do
Coliseum da Coruña. Neste escenario actuarán as 16 formacións galegas
preseleccionadas. De todas elas, dúas serán escollidas para actuar ás
22,00 horas no escenario central, como teloneiros de Leiva.
As
dezaseis bandas preseleccionadas serán elixidas por unha comisión
nomeada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado para este fin,
que estará composta por músicos e produtores. Pola súa banda, os dous
grupos finalistas serán escollidos cos votos das dezaseis bandas
preseleccionadas. No caso de empate, será a comisión anterior quen
decida.
Outros premios
Os
participantes no certame non só competirán por actuar no Coliseum, senón
que, ademais, poderán asistir a unha ‘master class’, que correrá a
cargo do guitarrista Pedro Andrea. O director xeral de Xuventude tamén
explicou que entre as dezaseis bandas finalistas sortearase unha viaxe
de estudos de idiomas no estranxeiro nun destino a elixir pola banda.
Finalmente,
entre os asistentes ao encontro tamén se sortearán 15 entradas para
acudir ao concerto de Lenny Kravitz, que terá lugar no propio Coliseum o
próximo 31 de maio. Así mesmo, todos os grupos participantes no certame
e os asistentes ao concerto serán obsequiados cun curso de inglés
online.
Por último, o responsable da área autonómica apuntou que o
certame ‘Airiños de Rock&Roll’ inscríbese no programa
“xuventudémúsica”, da Consellería de Traballo e Benestar, que ten como
obxectivo ofrecer aos novos grupos galegos a súa participación en
accións que faciliten a promoción da súa creatividade.
Neste
programa, inclúense tamén outras actuacións como a construción do local
de ensaio de Verín, que será inaugurado no próximo mes de abril, a
publicación de cd’s recopilatorios e a organización de concertos e
certames.
+++ --- +++
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca a Segunda Edición do Encontro de músicos Airiños de Rock&Roll,
que se celebrará no Coliseum da Coruña o 12 de maio, e no que dous
grupos participantes terán a oportunidade de tocar en directo
acompañando a LEIVA de Pereza.
No encontro de músicos haberá unha "Masterclass" co guitarrista Pedro Andrea.
Entre os grupos inscritos distribuiráse un número limitado de
invitacións (ata que se esgoten), para acceder ao encontro "Airiños de
Rock&Roll" e ao concerto de LEIVA.
Entre os asistentes ao encontro sortearánse 15 entradas para acudir ao concerto de Lenny Kravitz.
Ademáis, todas as bandas participantes e asistentes ao encontro serán
obsequiadas cun "Curso de inglés online de EF(www.ef.com)" e entre as
16 bandas finalistas tamén se sorteará unha viaxe de estudos de idiomas
no estraxeiro nun destino EF.
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado facilitará un servizo
de desprazamento (ida e volta), dende as catro capitais de provincia e
escalas, para todos os grupos participantes.
Consulta as bases de participación