Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies cerrar

BARFERENCIA SOBRE OS PRIMEIROS RESULTADOS DAS ESCAVACIÓNS DA CABECIÑA EN MOUGÁS - OIA

A Cabeciña é un complexo arquelóxico formado por un castro e unha serie de petróglifos situado en Mougás, Oia.

Infominho - BARFERENCIA SOBRE OS PRIMEIROS RESULTADOS DAS ESCAVACIÓNS DA CABECIÑA EN MOUGÁS - OIA - INFOMIÑO - Informacion y noticias del Baixo Miño y Alrededores.

Trátase dun evento no que se presentarán as novidades dos traballos arqueolóxicos da Cabeciña no marco do Proxecto Mougás.

Xose Gago

19/02/2015

Fuente: Xose Gago

O próximo xoves día 19 de Febreiro, celebrarase unha barferencia sobre o Proxecto Mougás na cervexería La Micro de Baiona. Trátase dun evento no que se presentarán as novidades dos traballos arqueolóxicos da Cabeciña no marco do Proxecto Mougás. O acto terá lugar en La Micro de Baiona, situada no Mercado de Abastos, ás 20:30 e conta coa colaboración do Concello de Baiona. A entrada é totalmente gratuíta.

Presentando os traballos arqueolóxicos

A Cabeciña é un complexo arquelóxico formado por un castro e unha serie de petróglifos situado en Mougás, Oia. Dende 2012 a Comunidade de Montes de Mougás vén realizando unha serie de traballos de posta en valor. En 2015 comezaron os traballos de escavación do xacemento coa participación da Deputación de Pontevedra.

Esta primeira campaña ten como obxecto valorar o xacemento a través de cinco sondaxes de 3x3m. Unha vez valorados os restos, determinarase a apertura en área daquela sondaxe que forneza unhas informacións máis interesantes.

Diversos muros de cabanas e materiais foron atopados no tempo que se leva a escavar. Entre os materiais destaca a abondosa cerámica, con algúns fragmentos moi ben conservados e sobre todo, un machado da Idade do Bronce.

Máis alá de falar dos obxectos como tal, durante a barferencia tratarase de explicalos no seu contexto e as implicacións que teñen para ofrecer unha primeira interpretación do castro.

A Barferencia: facendo Arqueoloxía en Comunidade

As barferencias  son conferencias nos bares. Caracterízanse polo seu ton distendido, didáctico e entretido e polo seu carácter participativo. Trátase de levar a arqueoloxía aos espazos habituais de reunión, os bares, sen interferir demasiado no seu funcionamento. O obxectivo é falar de arqueoloxía, tomando unhas cervexas de xeito informal.

Ademais, a cervexería La Micro resulta un sitio moi interesante para este tipo de actividades polo seu carácter de brewpub é dicir, de pub que elabora a súa propia cervexa. Polo tanto, vaise falar de Arqueoloxía mentres se degusta unha boa cervexa artesá.

Mediante a barferencia o que se pretende é dar continuidade á fórmula de Arqueoloxía en Comunidade que definiu dende o comezo a forma de traballar na Cabeciña. Isto é, un proxecto participativo e aberto á cidadanía.

Preténdese implicar á xente na xestión do sitio e dar a coñecer as informacións en tempo real. Para isto, ademais de estratexias como a barferencia, o proxecto conta cunha páxina web e outra de Facebook na que se van dando a coñecer as novidades do proxecto:

http://proxectomougas.net/

https://www.facebook.com/proxectomougas

O Proxecto Mougás

Os traballos na Cabeciña enmárcanse no coñecido como Proxecto Mougás, un proxecto que pretende a recuperación integral dunha parroquia.

O Proxecto Mougás implica a procura dunha xestión sostible dun territorio rural median a xestión forestal, a xestión cultural e a xestión turística.

Trátase por tanto de buscar novos modos de vida pero sen perder de vista a tradición e a recuperación.

  • Indique el e-mail del amigo al que desea recomendar nuestro sitio web. Su nombre y correo propios se indicarán en el correo que se le enviará a su amigo.

    Gracias por recomendarnos y su confianza en Infominho
  • captcha Recargar captcha CONDICIONES: El usuario acepta que los datos enviados mediante este formulario serán gestionados únicamente por Infomiño Noticias Baixo Miño que no compartirá dicha información salvo consulta previa al usuario. En cualquier momento el usuario puede solicitar la baja de sus datos en nuestra base de datos.
AgendaÚltima hora
    septiembre 2017    
    lunmarmiéjueviesabdom
        1
    Permanecerá na Praza do Reló do 1 ao 10 de setembro para dar a coñecer a entidade, da que o Concello guardés é socio
    2
    Permanecerá na Praza do Reló do 1 ao 10 de setembro para dar a coñecer a entidade, da que o Concello guardés é socio
    3
    Permanecerá na Praza do Reló do 1 ao 10 de setembro para dar a coñecer a entidade, da que o Concello guardés é socio
    4
    40 colecciones se pueden observar hasta el 10 de septiembre en la Casa de los Alonso de A Guarda
    5
    40 colecciones se pueden observar hasta el 10 de septiembre en la Casa de los Alonso de A Guarda
    6
    Do 6 ó 8 de setembro de 2017 en Sta. María de Tebra (Tomiño)
    7
    Do 6 ó 8 de setembro de 2017 en Sta. María de Tebra (Tomiño)
    8
    Con el inicio de liga a la vuelta de la esquina, los equipos senior del Acanor Atlético Novás ultiman su preparación.
    9
    Con el inicio de liga a la vuelta de la esquina, los equipos senior del Acanor Atlético Novás ultiman su preparación.
    10
    Salida a las 9:00h desde la Alameda de A Guarda
    11
    El uso del cinturón de seguridad reduce a la mitad el riesgo de muerte en caso de accidente
    12
    El uso del cinturón de seguridad reduce a la mitad el riesgo de muerte en caso de accidente
    13
    Máis información na Omix de Tomiño
    14
    A Asociación Érguete Baixo Miño convoca un curso para Emprender a través das Novas Tecnoloxías
    15
    Venres 15 de setembro ás 20:30h na Casa Cultural de Pedornes (Oia)
    16
    Sábado 16 de setembro ás 20:30h no Auditorio Municipal de Goián
    17
    É já este domingo, 17 de setembro, que a Vila das Artes recebe o XII Festival de Bandas de Música, com um rico programa de intercâmbio cultural através da música.
    18
    O VIII Serán terá lugar o sábado 16 de setembro a partires das 21:00h
    19
    Para máis información, recomendase chamar ao despacho de billetes (986 61 15 26) no horario de atención ao público de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.
    20
    Mércores 20 de setembro ás 21:00h no Pavillón Municipal da Sangriña de A Guarda
    21
    O venres pasará por Tui a iniciativa Reta3 Muévete por el Alzheimer
    22
    O Sporting CP, o Club Liceo, o AD Valongo, e Valença H.C participarán nesta competición no pavillón de Valença
    23
    Prades, Carrera y Gutiérrez se concentran el domingo con la Selección Española en Madrid
    24
    O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de outubro. Hai unha categoría para maiores de idade e outra para menores de 18 anos
    25
    O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de outubro. Hai unha categoría para maiores de idade e outra para menores de 18 anos
    26
    O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de outubro. Hai unha categoría para maiores de idade e outra para menores de 18 anos
    27
    O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de outubro. Hai unha categoría para maiores de idade e outra para menores de 18 anos
    28
    O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de outubro. Hai unha categoría para maiores de idade e outra para menores de 18 anos
    29
    O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de outubro. Hai unha categoría para maiores de idade e outra para menores de 18 anos
    30
    O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de outubro. Hai unha categoría para maiores de idade e outra para menores de 18 anos

    Blogs