Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies cerrar

A imaxe da nova ponte peonil transfronteiriza entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira coñecerase na primavera

O nacionalista pediu a implicación de Xunta, gobernos español e portugués e UE para financiar a construción do viaduto

Infominho - A imaxe da nova ponte peonil transfronteiriza entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira coñecerase na primavera    - INFOMIÑO - Informacion y noticias del Baixo Miño y Alrededores.

O deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez anunciou que seleccionaranse tres propostas no concurso internacional de ideas que a Deputación aprobou

Deputación de Pontevedra

11/08/2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A imaxe da nova ponte peonil transfronteiriza entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira coñecerase a próxima primavera. Segundo anunciou o deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez, a Deputación de Pontevedra vén de aprobar no día de hoxe as bases do concurso internacional de ideas que buscará "as mellores e máis innovadoras e enriquecedoras propostas" para unir os dous países a través dun viaduto para peóns e ciclistas que permitirá crear un espazo público común no Parque Transfronteirizo do Castelinho-Fortaleza.

O nacionalista explicou na presentación pública do europarque celebrada hoxe en Portugal que nos vindeiros días o concurso de ideas sairá anunciado oficialmente no Boletín Oficial da Provincia (BOP), abrindo un prazo de 60 días naturais para que arquitectos, enxeñeiros ou equipas profesionais de ámbito internacional presenten as súas propostas. Os aspirantes deben demostrar un amplo grao de coñecemento e unha traxectoria profesional destacada no ámbito do deseño estrutural e desenvolvemento de pontes ou pasarelas singulares, tendo realizado nos últimos 15 anos deseños e proxectos e direccións de obra de alomenos dous viadutos cun van superior a 75 metros.

"Entendemos que dado o valor simbólico da ponte, tanto polas características ambientais da contorna como polos obxectivos estratéxicos que persegue -crear un espazo común a dous países-, era preciso darlle un carácter internacional, con profesionais españois, portugueses ou estranxeiros para acadar o mellor proxecto", subliñou o deputado, facendo un chamamento ás administracións e colexios para que dean a máxima difusión á convocatoria.


O concurso de ideas desenvolverase en tres fases, dixo Benítez. Na primeira seleccionaranse as tres mellores propostas de estudo técnico e os tres finalistas recibirán unha prima de participación por importe de 10.890,00 euros cada un. Os tres seleccionados serán invitados a participar na segunda fase, que consistirá nun procedemento negociado sen publicidade para a redacción do anteproxecto da ponte. O contrato para redactar este anteproxecto adxudicarase ao gañador definitivo por un importe de 54.450,00 euros antes do verán de 2018, cando se solicitarán todas as autorizacións e informes dos organismos perceptivos.


Finalmente, na terceira fase, unha vez entregado o anteproxecto e no caso de que a proposta resulte viable e consiga os permisos necesarios que garantan a súa executabilidade, a Deputación encargará ao gañador que redacte o proxecto construtivo definitivo, cun orzamento máximo de 121.880,00 euros. Así, o gañador do concurso, poderá embolsarse un total de 187.220,00 euros entre primas, redacción de anteproxecto e proxecto construtivo.


A mellor proposta será elixida por un xurado tamén conformado de xeito internacional, no que se dará representatividade ás escolas técnicas, colexios oficiais e administracións con competencias e intereses na ponte de ambos lados do río.


Proxecto VISIT_RIO_MINHO
Uxío Benítez lembrou que a redacción do proxecto da nova ponte peonil e ciclista sobre o Miño está encadrada nunha das actividades do proxecto VISIT_RIO_MINHO presentado á primeira convocatoria do Programa Operativo España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 Interreg V-A nunha candidatura conxunta da Deputación de Pontevedra coa CIM Alto Minho, os concellos do norte de Portugal, a Fundación CEER, o Centro Tecnolçóxico do Mar e a Univesidade de Vigo. Este proxecto obtivo un cofinanciamento do 75% de fondos FEDER no marco da referida convocatoria do POCTEP 2014-2020 Interreg V A, cun orzamento total aprobado de dous millóns de euros, cunha achega da Unión Europea que ascende a 1.500.000 euros.


En concreto, a ponte forma parte dunha acción integral denominada ‘Cualificación e promoción do Parque Transfronteirizo Castelinho-Fortaleza', na que tamén se inclúen a mellora da accesibilidade da marxe galega e a valorización e cualificación ambiental e paisaxística do parque, coa súa ampliación na marxe de Vila Nova de Cerveira. Neste sentido, na presentación realizada no día de hoxe en Portugal, o presidente da câmara lusa, Fernando Nogueira, subliñou que se pretende acadar unha superficie total de 24,6 hectáreas dun "espazo verdadeiramente europeo sen fronteiras".


Os obxectivos da actuación no parque transfronteirizo son promover a mobilidade suave e o reparto de equipamentos, contribuír na estruturación dunha rede de corredores verdes a nivel transfronteirizo, constituír unha porta de entrada na rede de vías verdes a través da estación de tren de Vila Nova e crear un espazo integrado para a promoción de iniciativas conxuntas de animación cultural, sensibilización sobre a protección da biodiversidade e a difusión do coñecemento sobre o Miño, todo isto coa vista posta na proxección internacional da marca Río Minho a través da posta en valor dos seus recursos endóxenos e económicos para atraer visitantes.


Execución das obras
En canto ao futuro financiamento da execución das obras da ponte peonil e ciclista, Benítez explicou que dado que o proxecto é "innovador, diferente e ambicioso", pedirase a todas as administracións supramunicipais que aporten fondos. "Din que xa non estamos no tempo das infraestruturas, pero a ponte non é unha infraestrutura, é unha proposta que vai fomentar uns hábitos de vida máis saludables ao permitir desprazarse camiñando á xente. O importante desta infraestrutura é que creará un espazo común transfronteirizo e atractivo para a veciñanza e o turismo. O importante é o europarque Castelinho-Fortaleza de Vila Nova e Tomiño. A ponte é o medio", dixo o deputado Benítez.


O responsable de Cooperación Transfronteiriza da Deputación destacou o grande traballo que se está a facer dende o organismo provincial a favor da unión e cooperación sustentable entre Pontevedra e o Norte de Portugal. Lembrou que xa o 13 de febreiro de 2016 se asinou entre a Deputación e a CIM Alto Minho a Declaración de Tui, un documento no que se avogaba por potenciar o traballo conxunto. Así mesmo, destacou a creación dun novo aparato institucional que acubillará as iniciativas para potenciar o territorio do Miño, consolidada na AECT Río Minho, que está á espera do visto bo do goberno portugués.


Pola súa banda, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destacou no acto de presentación do Parque Castelinho-Fortaleza que Tomiño e Cerveira "levan tempo camiñando na senda da colaboración para borrar a raia do Miño". Indicou que a cooperación transfronteiriza está na axenda dos dous municipios como un tema transversal e salientou que o parque debe ser unha referencia dun espazo natural non só na contorna, senón tamén no resto de España e Portugal, e tamén a nivel internacional. "Queremos ser un referente, un exemplo de cooperación, e con este novo parque ímolo conseguir. A pasarela que hoxe presentamos non é un fin, é un instrumento, un primeiro paso dunha longa camiñada para o europarque, que se consolidará coa ponte peonil", finalizou.


No acto de hoxe tamén participaron a xefa territorial de Presidencia da Xunta de Galicia, Marta Mariño Regueiro, así como o presidente da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento REgional do Norte, Fernando Freire de Sousa.

  • Indique el e-mail del amigo al que desea recomendar nuestro sitio web. Su nombre y correo propios se indicarán en el correo que se le enviará a su amigo.

    Gracias por recomendarnos y su confianza en Infominho
  • captcha Recargar captcha CONDICIONES: El usuario acepta que los datos enviados mediante este formulario serán gestionados únicamente por Infomiño Noticias Baixo Miño que no compartirá dicha información salvo consulta previa al usuario. En cualquier momento el usuario puede solicitar la baja de sus datos en nuestra base de datos.
AgendaÚltima hora
    agosto 2017    
    lunmarmiéjueviesabdom
     1
    Ata o 31 de Agosto na Sala de Exposicións do Concello do Rosal
    2
    Ata o 31 de Agosto na Sala de Exposicións do Concello do Rosal
    3
    Ata o 31 de Agosto na Sala de Exposicións do Concello do Rosal
    4
    Ata o 31 de Agosto na Sala de Exposicións do Concello do Rosal
    5
    Ata o 31 de Agosto na Sala de Exposicións do Concello do Rosal
    6
    Ata o 31 de Agosto na Sala de Exposicións do Concello do Rosal
    7
    Ata o 31 de Agosto na Sala de Exposicións do Concello do Rosal
    8
    O catalogo da mostra, que foi inaugurada o pasado xoves 27 de xullo, recolle a historia do MASAT, o primeiro museo arqueolóxico de Galicia aberto ó público en xuño de 1917.
    9
    O catalogo da mostra, que foi inaugurada o pasado xoves 27 de xullo, recolle a historia do MASAT, o primeiro museo arqueolóxico de Galicia aberto ó público en xuño de 1917.
    10
    Unha interesante exposición fotográfica que fai un recorrido amplo e detallado das Xentes de Salcidos da primeira metade do século pasado.
    11
    Se mantendrá desde el viernes 11 hasta el martes 15 de agosto
    12
    Se mantendrá desde el viernes 11 hasta el martes 15 de agosto
    13
    Se mantendrá desde el viernes 11 hasta el martes 15 de agosto
    14
    Se mantendrá desde el viernes 11 hasta el martes 15 de agosto
    15
    Para más información, se recomienda llamar al despacho de billetes 986 61 15 26
    16
    Para más información, se recomienda llamar al despacho de billetes 986 61 15 26
    17
    Para más información, se recomienda llamar al despacho de billetes 986 61 15 26
    18
    Todas aquelas persoas que desexen coñecer o noso pasado, poderán achegarse a visitar a mostra ata o día 27 de agosto.
    19
    Sábado 19(Corais) e sábado 26(Bandas) de agosto de 2017
    20
    Domingo 20 de agosto en Torroña-Oia
    21
    El objetivo es concienciar a los conductores sobre la estrecha relación entre una velocidad inadecuada y la siniestralidad
    22
    De 3 a 5 de setembro, os dois concelhos vizinhos dinamizam um programa conjunto com caminhada, debate e atividade desportiva adaptada. Inscrições gratuitas decorrem até ao próximo dia 30.
    23
    De 3 a 5 de setembro, os dois concelhos vizinhos dinamizam um programa conjunto com caminhada, debate e atividade desportiva adaptada. Inscrições gratuitas decorrem até ao próximo dia 30.
    24
    De 3 a 5 de setembro, os dois concelhos vizinhos dinamizam um programa conjunto com caminhada, debate e atividade desportiva adaptada. Inscrições gratuitas decorrem até ao próximo dia 30.
    25
    De 3 a 5 de setembro, os dois concelhos vizinhos dinamizam um programa conjunto com caminhada, debate e atividade desportiva adaptada. Inscrições gratuitas decorrem até ao próximo dia 30.
    26
    De 3 a 5 de setembro, os dois concelhos vizinhos dinamizam um programa conjunto com caminhada, debate e atividade desportiva adaptada. Inscrições gratuitas decorrem até ao próximo dia 30.
    27
    De 3 a 5 de setembro, os dois concelhos vizinhos dinamizam um programa conjunto com caminhada, debate e atividade desportiva adaptada. Inscrições gratuitas decorrem até ao próximo dia 30.
    28
    De 3 a 5 de setembro, os dois concelhos vizinhos dinamizam um programa conjunto com caminhada, debate e atividade desportiva adaptada. Inscrições gratuitas decorrem até ao próximo dia 30.
    29
    De 3 a 5 de setembro, os dois concelhos vizinhos dinamizam um programa conjunto com caminhada, debate e atividade desportiva adaptada. Inscrições gratuitas decorrem até ao próximo dia 30.
    30
    De 3 a 5 de setembro, os dois concelhos vizinhos dinamizam um programa conjunto com caminhada, debate e atividade desportiva adaptada. Inscrições gratuitas decorrem até ao próximo dia 30.
    31
    O prazo de inscrición remata o venres 15 de setembro.

    Blogs