Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies cerrar

Intervención arqueolóxica nas espectaculares salinas romanas descubertas este ano en Viladesuso e Mougás en Oia

O tamaño dos xacementos fai pensar nun aproveitamento industrial máis que nunha explotación para autoconsumo

Infominho - Intervención arqueolóxica nas espectaculares salinas romanas descubertas este ano en Viladesuso e Mougás en Oia - INFOMIÑO - Informacion y noticias del Baixo Miño y Alrededores.

O tamaño dos xacementos fai pensar nun aproveitamento industrial máis que nunha explotación para autoconsumo

Costa dos Castros

08/09/2017

Fuente: Costa dos Castros

As salinas romanas atopadas este ano no litoral das parroquias de Viladesuso e Mougás están sendo estes días obxecto dunha actuación arqueolóxica, a cal inclúe labores de escavación e prospección con vistas á súa contextualización arqueolóxica.

As estruturas quedaron este inverno ao aire libre polo efecto dos temporais, sendo descubertas por dous veciños de Oia: Dino Vicente, que atopou unha na zona das Lagoas (Viladesuso), e Jorge Fernández, que achou a outra no Aguncheiro (Mougás). Actualmente, a arqueóloga Mar Cortegoso dirixe unha actuación financiada pola Xunta de Galicia que ten o obxectivo de catalogar e documentar estes dous interesantes enclaves.

Esta intervención busca a contextualización arqueolóxica das estruturas, para a súa inclusión no inventario de xacementos arqueolóxicos de Galicia, e intenta documentar a súa adscrición cronotipolóxica: é dicir, trata de confirmar de que momento histórico e tipoloxía son. Así, estase a desenvolver unha escavación no xacemento das Lagoas e unha limpeza na do Aguncheiro, actuacións ás que seguirá unha toma de imaxes aéreas con dron para a realización dun estudo de fotogrametría.

Tamén se realizará unha prospección etnoarqueolóxica para a posible localización de novos puntos entre A Guarda e Oia (que incluirá conversas con veciños) e se compilará a bibliografía existente.

Posible aproveitamento industrial
Na Asociación Costa dos Castros achegámonos a visitar os enclaves a fin coñecer a intervención arqueolóxica de primeira man. Alí, Mar Cortegoso explicounos que se trata dunhas salinas de época romana onde se poden apreciar varios tanques de salgadura que funcionarían por evaporación.


"É unha salina espectacular", incidiu a arqueóloga, quen tamén nos manifestou que o grande tamaño que teñen os xacementos fai pensar en que tiveron un aproveitamento industrial e non foron explotacións para autoconsumo.


Sobre a zona escavada nas Lagoas concretounos que se atopa nun "magnífico estado de conservación", pese ao seu emprazamento nunha zona de escollera e onde o mar bate con forza.


Divulgación
O equipo de arqueólogos dirixidos por Cortegoso continuará os seus traballos durante os próximos días e concluirá a campaña cunha conferencia na que divulgarán os principais resultados acadados.


Desde Costa dos Castros estamos moi contentos pola posta en marcha dun traballo de investigación arredor destas interesantes estruturas de época romana. O achado destas salinas vén confirmar, unha vez máis, a grande riqueza patrimonial de Oia, un municipio que atesoura elementos de patrimonio arqueolóxico de diferentes épocas (petróglifos da Idade do Bronce, varios castros da Idade de Ferro, vestixios romanos...).

  • Indique el e-mail del amigo al que desea recomendar nuestro sitio web. Su nombre y correo propios se indicarán en el correo que se le enviará a su amigo.

    Gracias por recomendarnos y su confianza en Infominho
  • captcha Recargar captcha CONDICIONES: El usuario acepta que los datos enviados mediante este formulario serán gestionados únicamente por Infomiño Noticias Baixo Miño que no compartirá dicha información salvo consulta previa al usuario. En cualquier momento el usuario puede solicitar la baja de sus datos en nuestra base de datos.
AgendaÚltima hora
    septiembre 2017    
    lunmarmiéjueviesabdom
        1
    Permanecerá na Praza do Reló do 1 ao 10 de setembro para dar a coñecer a entidade, da que o Concello guardés é socio
    2
    Permanecerá na Praza do Reló do 1 ao 10 de setembro para dar a coñecer a entidade, da que o Concello guardés é socio
    3
    Permanecerá na Praza do Reló do 1 ao 10 de setembro para dar a coñecer a entidade, da que o Concello guardés é socio
    4
    40 colecciones se pueden observar hasta el 10 de septiembre en la Casa de los Alonso de A Guarda
    5
    40 colecciones se pueden observar hasta el 10 de septiembre en la Casa de los Alonso de A Guarda
    6
    Do 6 ó 8 de setembro de 2017 en Sta. María de Tebra (Tomiño)
    7
    Do 6 ó 8 de setembro de 2017 en Sta. María de Tebra (Tomiño)
    8
    Con el inicio de liga a la vuelta de la esquina, los equipos senior del Acanor Atlético Novás ultiman su preparación.
    9
    Con el inicio de liga a la vuelta de la esquina, los equipos senior del Acanor Atlético Novás ultiman su preparación.
    10
    Salida a las 9:00h desde la Alameda de A Guarda
    11
    El uso del cinturón de seguridad reduce a la mitad el riesgo de muerte en caso de accidente
    12
    El uso del cinturón de seguridad reduce a la mitad el riesgo de muerte en caso de accidente
    13
    Máis información na Omix de Tomiño
    14
    A Asociación Érguete Baixo Miño convoca un curso para Emprender a través das Novas Tecnoloxías
    15
    Venres 15 de setembro ás 20:30h na Casa Cultural de Pedornes (Oia)
    16
    Sábado 16 de setembro ás 20:30h no Auditorio Municipal de Goián
    17
    É já este domingo, 17 de setembro, que a Vila das Artes recebe o XII Festival de Bandas de Música, com um rico programa de intercâmbio cultural através da música.
    18
    O VIII Serán terá lugar o sábado 16 de setembro a partires das 21:00h
    19
    Para máis información, recomendase chamar ao despacho de billetes (986 61 15 26) no horario de atención ao público de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.
    20
    Mércores 20 de setembro ás 21:00h no Pavillón Municipal da Sangriña de A Guarda
    21
    O venres pasará por Tui a iniciativa Reta3 Muévete por el Alzheimer
    22
    O Sporting CP, o Club Liceo, o AD Valongo, e Valença H.C participarán nesta competición no pavillón de Valença
    23
    Prades, Carrera y Gutiérrez se concentran el domingo con la Selección Española en Madrid
    24
    O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de outubro. Hai unha categoría para maiores de idade e outra para menores de 18 anos
    25
    O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de outubro. Hai unha categoría para maiores de idade e outra para menores de 18 anos
    26
    O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de outubro. Hai unha categoría para maiores de idade e outra para menores de 18 anos
    27
    O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de outubro. Hai unha categoría para maiores de idade e outra para menores de 18 anos
    28
    O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de outubro. Hai unha categoría para maiores de idade e outra para menores de 18 anos
    29
    O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de outubro. Hai unha categoría para maiores de idade e outra para menores de 18 anos
    30
    O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de outubro. Hai unha categoría para maiores de idade e outra para menores de 18 anos

    Blogs