Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies cerrar

A Ruta do Pincho da Lamprea do Miño 2017 conclúe co sorteo de agasallos e a elección do pincho máis valorado

Esta iniciativa celebrouse na Guarda as dúas primeiras fin de semanas deste mes de abril e tivo unha gran acollida.

Infominho - A Ruta do Pincho da Lamprea do Miño 2017 conclúe co sorteo de agasallos e a elección do pincho máis valorado - INFOMIÑO - Informacion y noticias del Baixo Miño y Alrededores.

Esta iniciativa celebrouse na Guarda as dúas primeiras fin de semanas deste mes de abril e tivo unha gran acollida.

Concello de A Guarda

21/04/2017

Fuente: Concello de A Guarda

Este mércores día 19 de abril tivo lugar, no Concello da Guarda, a realización do sorteo de agasallos entre os participantes da Ruta do pincho da lamprea do Miño 2017 e o previo reconto do Concurso ao mellor pincho da ruta. Esta iniciativa celebrouse na Guarda as dúas primeiras fin de semanas deste mes de abril e tivo unha gran acollida.

A ruta, que naceu por iniciativa dos viveiristas e pescadores da lamprea da Guarda para dar a coñecer e promocionar este produto, contou con 8 establecementos que ofreceron pinchos coa lamprea como protagonista a un prezo único de 2 euros. Ademais de degustar a lamprea, esta ruta permitiu aos clientes valoralos e ser xurado do concurso cos votos depositados nas urnas dos establecementos, puntuando do 1 ao 6 cada pincho.

Tras facer o reconto, o resultado foi a elección do restaurante Bitadorna como o establecemento que ofreceu o mellor pincho nesta edición. Ademais, o reconto de papeletas tamén achega un número estimado de pinchos servidos, que nesta edición rondou os 500. As procedencias foron do máis diversas, dende os que viñan da Guarda ou localidades veciñas como O Rosal ou Oia; pasando por xente de concellos de toda a provincia como O Porriño, Nigrán ou Redondela e ata doutras provincias de Galicia ou de fóra, como Madrid ou a vila portuguesa de Braga.

Entre todos os participantes que cubriron e entregaron as papeletas sorteouse esta mañá tres lotes de viño, que serán entregados o vindeiro mércores 26 de abril, ás 12 horas, no Concello da Guarda. Os gañadores foron:

1º- Felipe Vicente González (A Guarda): 3 botellas Rectoral de Umia (Albariño).
2º- Benedicto Sousa Álvarez (O Rosal): 3 botellas Rectoral de Amandi (Mencía).
3º- Rafael Pablo Rodríguez Amenedo (A Guarda): 3 botellas de Alanís (Ribeiro).

Con este sorteo dáse por rematada unha ruta que tivo unha gran acollida e que esperase poder repetir o vindeiro ano, xa que deixou unha gran satisfacción e un bo sabor de boca tanto aos establecementos como aos clientes que participaron e permitiu que moita xente puidera descubrir ou volver a desfrutar dun recoñecido produto local como é a lamprea.

AgendaÚltima hora
    mayo 2017    
    lunmarmiéjueviesabdom
    1
    Todos os domingos do mes de maio, de 12h a 13:30h, diferentes persoeiros da cultura galega amosarán a súa particular visión do Museo.
    2
    Recomendase chamar ao despacho de billetes 986 61 15 26 no horario de atención de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00.
    3
    Prazo termina a 5 de maio
    4
    As persoas interesadas terán que inscribirse na OMIX ou no seu teléfono 986614546, mail informacion@aguarda.es ou no seu perfil de facebook.
    5
    As persoas interesadas terán que inscribirse na OMIX ou no seu teléfono 986614546, mail informacion@aguarda.es ou no seu perfil de facebook.
    6
    Promovido pela Câmara Municipal, o evento primaveril decorre entre as 10h00 e as 22h00 de sábado, e as 10h00 e as 19h00 de domingo, com entrada livre.
    7
    Promovido pela Câmara Municipal, o evento primaveril decorre entre as 10h00 e as 22h00 de sábado, e as 10h00 e as 19h00 de domingo, com entrada livre.
    8
    A comemoração do Dia Internacional da Família em Vila Nova de Cerveira é gratuita, mas sujeita a inscrição até dia 11 de maio.
    9
    Para inscribirse ou informarse poden chamar á OMIX do Concello da Guarda ao 986614546
    10
    El tráfico local será evaluado, caso a caso, por las autoridades, en este caso la GNR, que asegura la vigilancia en la frontera, fuera de los puntos autorizados de manera coordinada con el SFP.
    11
    La proyección se realizará en el Área Panorámica de Tui, sala Félix Rodríguez, el jueves día 11 de mayo a las 19:00 h.
    12
    Actuacións musicais e teatrais, intercambio de libros, photocall e unha exposición de carteis sobre Carlos Casares realizada polos escolares
    13
    Será este sábado 13 demayo a las 22:00h
    14
    Domingo 14 de mayo a las 17:00h en el Campo Municipal de A Sangriña
    15
    Plazo del 15 de Mayo al 9 de Junio
    16
    Plazo del 15 de Mayo al 9 de Junio
    17
    Plazo del 15 de Mayo al 9 de Junio
    18
    Plazo del 15 de Mayo al 9 de Junio
    19
    Plazo del 15 de Mayo al 9 de Junio
    20
    Plazo del 15 de Mayo al 9 de Junio
    21
    Plazo del 15 de Mayo al 9 de Junio
    22
    Plazo del 15 de Mayo al 9 de Junio
    23
    Os interesados poderán presentar as súas solicitudes ata o 31 deste mes de maio
    24
    Esta idea anima ás rapazas e rapaces a fotografarse nun recuncho da Guarda, lendo un libro en galego
    25
    Esta idea anima ás rapazas e rapaces a fotografarse nun recuncho da Guarda, lendo un libro en galego
    26
    Programación do Venres 26 ó Domingo 28 de maio en Betún Tui
    27
    El horario será de 11.00 a 14.00 y de 1600 a 2000.
    28
    Salida a las 9:00h desde la Alameda de A Guarda
    29
    Podes solicitar máis información e/ou inscribirte na r/Colón, 20 (Edificio O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), nos teléfonos 986 614 407 – 640 086 376 ou no e-mail emprego@erguete.org
    30
    O acto terá lugar en Tui o vindeiro martes 30 de maio, ás 20:30 horas na sala Xacobeo da Área Panorámica
    31
    Podes solicitar máis información e/ou inscribirte na r/Colón, 20 (Edificio O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), nos teléfonos 986 614 407 – 640 086 376 ou no e-mail emprego@erguete.org

    Blogs