Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies cerrar
Imagen de sección

A oitava edición do Minho Reggae Splash regresa a Goián esta fin de semana

O Minho Reggae Splash chega á súa oitava edición formando parte da rede europea de festivais de música reggae.

Infominho - A oitava edición do Minho Reggae Splash regresa a Goián esta fin de semana - INFOMIÑO - Informacion y noticias del Baixo Miño y Alrededores.

O Minho Reggae Splash chega á súa oitava edición formando parte da rede europea de festivais de música reggae.

Infomiño.com

02/09/2017

Fuente: Infomiño.com

O Minho Reggae Splash chega á súa oitava edición formando parte da rede europea de festivais de música reggae. Este proxecto xorde como actividade principal da Asociación Cultural Minho Reggae, colectivo, que apoia e fomenta a música, a arte e un estilo de vida consciente e respectuoso co entorno a través das diversas actividades culturais que desenvolve ao longo do ano .

O colectivo conta con máis de dez anos de experiencia en produción e xestión de festivais e eventos tanto en Galiza como Portugal.

Cun concepto e estilo musical concreto, o público achégase dende diferentes puntos da xeografía peninsular, motivados por una oferta cultural e de ocio alternativa, capaz de amosar e inculcar uns valores e principios que teñen os seus alicerces na cooperación, respecto á diversidade, ecoloxismo e sustentabilidade.






O eixo principal deste proxecto é, como o seu nome indica, o Río Miño, mais non ten una connotación fronteiriza, senón que tenta ser un nexo de irmandade e símbolo de unión entre diferentes pobos e diferentes culturas, amosando ao resto do mundo que unha das características dos galegos é o respecto e a unión sociocultural.

O festival Minho Reggae Splah é, en definitiva, un evento sociocultural transfronteirizo centrado na música reggae e nas representacións artísticas que mestura a distintos colectivos e asociación culturais de Galicia, do Estado español, Portugal, Europa, Brasil, Xamaica,... entre outros, co fin de difundir o reggae e a súa filosofía.

Concertos ao vivo, espectáculos artísticos, obradoiros, charlas, proxeccións, etc. Un conxunto de actividades que pretenden ofrecer unha programación de calidade, variada e para todo tipo de público.

VENTA DE ENTRADAS: https://www.ticketea.com/entradas-festival-minho-reggae-sunsplash-2017/

PROGRAMA DE ACTIVIDADES E CONCERTOS DO VII FESTIVAL MINHO REGGAE SPLASH - 1 e 2 de setembro do 2018, Goián (Tomiño)

 

Venres  1 de setembro                                                                                                                                    


- No recinto dos concertos do festival:

 

Escenario Bandas

 

21:30 - 22:45: Cachas and Cousins 

23:00 - 00:15: Ras Kuko                        

00:30 - 01:45: Mango Wood        

02:00 - 03:30: Downtown Beat        

 

Dub Corner

 

3:30h a 6:30h: Skank-Fu Hi-Fi, George Palmer, Nytto Dread e Payoh Solurebel

Sábado 2 de setembro


- Actividades de día na zona de acampada:

13:00h a 14:00h: Sesión de Wake up yoga da man de Aarón Pousa de Tikki Ioga

 

15:00h a 16:00h: Set acustico de Ritiele Cunha

 

16:00h a 17:00h: Entrevista aberta de Photosoundreggae a George Palmer.

 

16:30h a 19:00h: Obradoiros de malabares con mazas, bolas e Sticks, de bola kontact e de acrobacia. Da man  da compañía de de circo social Orballada.

 

17:00h a 18:00h: Obradoiro de Meditacion tibetano a cargo de Renarenato de VigoMedita.

 

19:00h a 20:00h: Actuación da compañía Asacocirco.

 

- Actividades de noite no recinto dos concertos do festival:

 

Dub Corner

 

21:00 - 22:00: Skank-Fu Hi-Fi

 

Escenario Bandas

 

22:00 - 23:00: Dandy Fever          

23:15 - 00:30: Marcus Gad          

00:45 - 02:30: Bob Wasa & Rod Taylor  

02:45 - 04:00: Mo'Kalamity and the Wizards

 

Dub Corner        

  

04:00 - 06:00: Blackboard Jungle

 

 


INFORMACIÓN DE INTERÉS

1) ZONAS HABILITADAS PARA O FESTIVAL, SERVIZOS E NORMAS DE ACCESO

2) CÓMO CHEGAR - MAPAS

3) CONTACTOS ÚTILES

 

1) ZONAS HABILITADAS PARA O FESTIVAL, SERVIZOS E NORMAS DE ACCESO

A asociación cultural Minho Reggae disporá de dous espazos naturais  para o desenrolo do Festival próximos á fermosa  praia fluvial de Goián (Tomiño). Nestes espazos naturais habilitaremos unha zona de acampada e un recinto para os concertos. Ambos espazos serán de uso exclusivo para aqueles visitantes que dispoñan de entradas para o festival agás nas horas nas que non se desenvolvan actividades.

Estas dúas zonas están próximas a unha área protexida de alto valor ecolóxico.  Por iso rogámosche que empregues estas zonas co respeto e coidado que merecen deixando todo tal e como a topaches e seguindo as indicacións da organización.

Zona de acampada e aparcadoiro:

 

A zona de acampada e descanso permanecerá aberta dende o venres día 1 ata o domingo día 3 de setembro para tódolos visitantes con abono. Hai duchas na praia fluvial que está a 7 min andando da zona de acampada.

 

Se ves en coche, furgoneta ou caravana ao lado da praia fluvial hai aparcadoiro gratuíto. Se vas acampar coa túa tenda dende o aparcadoiro ata a zona de acampada hai un paseíño de 5min. Dende a acampada ata o recinto dos concertos hai 15min andando.

 

Para instalar a túa tenda de campaña terás que dirixirte aos responsables da organización e inscribirte deixando o teu nome, apelidos e DNI. Os menores de idade deberán presentar unha autorización dos seus pais ou tutores legais.

 

Lamentablemente non se permite o acceso a cans a esta zona por importantes e distintos motivos alleos á vontade do festival.

 

Neste mesmo espazo da acampada o sábado haberá almorzos da man da Café-teterái Bio La Cantina Solar e distintos postos con comida para xantar que ofrecerán; pizzas, quches, patacas recheas, veggy burgues etcGracias a estes servizos poderás ir despertando  para participar nas actividades tanto recreativas como educativas que se levarán a cabo nesta mesma zona o sábado dende as 12 ata as 20h.


Espazo dos concertos:

 

 

O recinto dos concertos  está situado a 15 min da zona de acampada e a 7min da praia fluvial. Atoparás unha fermosa ruta iluminada e decorada polo colectivo Ecosistemas que te guiará ata o espazo dos concertos.

Este espazo abrirase a tódolos públicos tanto o venres e sábado de 15:00h a 20:00h, para quen queira visitar os distintos postos instalados sen ter que mercar entrada. A partir das 20:00h  a entrada ao recinto requerirá de entrada mercada en taquilla ou por anticipado noutros puntos de venda. Os menores de idade deberán presentar unha autorización dos seus pais ou tutores legais para acceder ao recinto a partir desta última franxa horaria.

 

Lamentablemente non se permite o acceso a cans a esta zona por distintos motivos alleos á vontade do festival.

 

No recinto levaranse a cabo distintos concertos e soundsystem tanto o venres como sábado dende ás 21:00h ata as 6:00h.

 

O recinto dos concertos contará con:

 

- Barra de bebidas frías e do tempo entre as que cabe destacar este ano como novidade a venda da cervexa artesá Selektah, creada para o festival Minho Reggae por Vacaloura e Trisk-Ale

- Alimentación. Haberá varios stands con veggie vibes foods para tódolos gustos nos que poderás cear; pizzas, quiche,  burguers, salchichas veggies, patacas recheas..,etc


- Stands de merchandise do festival e doutros colectivos e particulares.

- Mercado de artesanía.

 

2) CÓMO CHEGAR

 

A cidade principal máis próxima ao festival é Vigo. Dende a estación de autobuses de Vigo podes coller un autobús ata a vila de Goián e camiñar uns dous quilómetros ata o Espazo Fortaleza. A empresa que vai ata Goián (Tomiño) é ATSA e os autobuses son os que van dirección A Guarda.

Estos son os  horarios dos autobuses de venres e sábado saíndo dende a estación de autobuses de Vigo. 

VENRES:

 

10h, 11h, 11:30h,12h, 13h,13:30h, 14h, 14:30h, 15:30h a 17:30h, 18h, 19h, 20:30h

SÁBADO:


10:30h, 12:30h, 15h, 17:30h, 20:30


Para consultar máis horarios:  www.automovilesdetuy.es / 986.61.02.55

 

Se chegas por Portugal, a vila lusa máis próxima ao festival é Vila Nova de Cerveira. Esta encóntrase a tres quilómetros de Goián. A Vila Nova de Cerveira podes chegar en autobús ou en tren.


Consultar trens en Portugal en www.cp.pt

Consultar autobuses en Portugal en www.rede-expressos.pt

 

MAPAS DENDE ALGUNHAS CIDADES ATA A ZONA DE ACAMPADA:

 

Vigo- Zona de Acampada:

http://bit.ly/2bz049T

 

Tui- Zona de Acampada:

http://bit.ly/2c2XUMi

 

Vila Nova Cerveira-Zona de Acampada:

http://bit.ly/2bE0Ooj

 

3) CONTACTOS ÚTILES

 

ESTACION DE AUTOBUSES VIGO

www.vigobus.com 

Telf. (00 34) 986 373 411   

 

ESTACION DE TRENS VIGO

www.renfe.com 

Telf. (00 34) 902432343 

 

TRENS DE PORTUGAL

www.cp.pt

 

ATSA (AUTOBUSES DE TUI - A GUARDA) 

www.automovilesdetuy.es
Telf. (00 34) 986 610 255

 

ESTACION DE FERROCARRIL GUILLAREI TUI
Telf. (00 34) 986 601 109

 

EMERXENCIAS INCENDIOS FORESTAIS
Telf. (00 34) 085

 

CENTRO DE SAUDE TOMIÑO
Telf. (00 34) 986 623 411

 

AgendaÚltima hora
    septiembre 2017    
    lunmarmiéjueviesabdom
        1
    Permanecerá na Praza do Reló do 1 ao 10 de setembro para dar a coñecer a entidade, da que o Concello guardés é socio
    2
    Permanecerá na Praza do Reló do 1 ao 10 de setembro para dar a coñecer a entidade, da que o Concello guardés é socio
    3
    Permanecerá na Praza do Reló do 1 ao 10 de setembro para dar a coñecer a entidade, da que o Concello guardés é socio
    4
    40 colecciones se pueden observar hasta el 10 de septiembre en la Casa de los Alonso de A Guarda
    5
    40 colecciones se pueden observar hasta el 10 de septiembre en la Casa de los Alonso de A Guarda
    6
    Do 6 ó 8 de setembro de 2017 en Sta. María de Tebra (Tomiño)
    7
    Do 6 ó 8 de setembro de 2017 en Sta. María de Tebra (Tomiño)
    8
    Con el inicio de liga a la vuelta de la esquina, los equipos senior del Acanor Atlético Novás ultiman su preparación.
    9
    Con el inicio de liga a la vuelta de la esquina, los equipos senior del Acanor Atlético Novás ultiman su preparación.
    10
    Salida a las 9:00h desde la Alameda de A Guarda
    11
    Nela poderán participar un total de 300 persoas que deben inscribirse ata o vindeiro 20 de setembro
    12
    Nela poderán participar un total de 300 persoas que deben inscribirse ata o vindeiro 20 de setembro
    13
    Máis información na Omix de Tomiño
    14
    A Asociación Érguete Baixo Miño convoca un curso para Emprender a través das Novas Tecnoloxías
    15
    Venres 15 de setembro ás 20:30h na Casa Cultural de Pedornes (Oia)
    16
    Sábado 16 de setembro ás 20:30h no Auditorio Municipal de Goián
    17
    É já este domingo, 17 de setembro, que a Vila das Artes recebe o XII Festival de Bandas de Música, com um rico programa de intercâmbio cultural através da música.
    18
    O VIII Serán terá lugar o sábado 16 de setembro a partires das 21:00h
    19
    Para máis información, recomendase chamar ao despacho de billetes (986 61 15 26) no horario de atención ao público de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.
    20
    Mércores 20 de setembro ás 21:00h no Pavillón Municipal da Sangriña de A Guarda
    21
    Para máis información, recomendase chamar ao despacho de billetes (986 61 15 26) no horario de atención ao público de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.
    22
    Para máis información, recomendase chamar ao despacho de billetes (986 61 15 26) no horario de atención ao público de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.
    23
    Para máis información, recomendase chamar ao despacho de billetes (986 61 15 26) no horario de atención ao público de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.
    24
    Para máis información, recomendase chamar ao despacho de billetes (986 61 15 26) no horario de atención ao público de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.
    25
    Información e inscricións no 986611711 e no 620233326
    26
    Información e inscricións no 986611711 e no 620233326
    27
    Información e inscricións no 986611711 e no 620233326
    28
    Información e inscricións no 986611711 e no 620233326
    29
    Información e inscricións no 986611711 e no 620233326
    30
    30 de setembro, 7 e 23 de outubro na Guarda