Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies cerrar
Imagen de sección

A promoción do Camiño de Santiago será tamén un dos obxectivos dos festexos patronais

Tui celebra do 15 ao 24 de abril as Festas de San Telmo pensadas para vivir na rúa

A profesora Dolores Balseiro será a pregoeira, e farase unha homenaxe a Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Infominho - Tui celebra do 15 ao 24 de abril as Festas de San Telmo pensadas para vivir na rúa - INFOMIÑO - Informacion y noticias del Baixo Miño y Alrededores.

A profesora Dolores Balseiro será a pregoeira, e farase unha homenaxe a Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Infomiño.com

12/04/2017

Fuente: Infomiño.com

As festas de San Telmo 2017, que se celebrarán do 15 ao 24 de abril en Tui, estarán marcadas pola promoción do Camiño Portugués de Santiago e polo seu carácter popular. Así o explicaron esta mañá en rolda de prensa, o alcalde, Enrique Cabaleiro, acompañado polos concelleiros María José González, Yolanda Rodríguez, Laureano Alonso, José Martínez Tato e Miguel Capón Rey. Por motivos laborais non puideron estar presentes Carmen Núñez e José Ramón Magán.

A concelleira de Cultura, María José González, destacou que continúan coa aposta iniciada en 2016, cando o Concello se fixo cargo da organización dos festexos patronais, pensando unhas festas para vivir e disfrutar na rúa. Coma novidade destacou o concerto do grupo Mago de Oz, previsto para o sábado 15 na rúa Compostela con entrada gratuíta, ao que se suma outro cambio substancial na programación que será que cada día se combine a actuación dunha orquestra (Passarela, América, Abanico, Capitol e Olympus) nas verbenas cun grupo musical (Fillos do Estramonio, Batemento,Pelepau e 6TAs9). Tamén ao igual que o ano pasado haberá actividades infantís todas as mañá na Área Panorámica a cargo de En Un Tris Tras e polas tardes proxeccións de cinema.

Ao tempo mantéñense eventos xa tradicionais cunha gran acollida por parte do público coma o Festival Folclórico o domingo 16, e a IX Semana de Teatro Afeccionado que terá lugar do luns 17 ao sábado 22. Amosou o agradecemento do Concello ás asociacións culturais tudenses tanto nestas actividades coma noutras que teñen lugar ao longo das festas e de todo o ano.

No eido deportivo o concelleiro de Deportes e Turismo, Laureano Alonso, deu conta da celebración de eventos xa consolidados coma a Carreira Solidaria de San Telmo xunto á Andaina de San Telmo, unha Concentración de Coches Clásicos, un curso de Marcha Nórdica, o II Torneo Cidade de Tui de Fútbol Sala e a Copa San Telmo Eurocidade de Fútbol. Tamén explicou que este ano na Feira Cabalar, que se celebra o luns de San Telmo - 24 de abril - terá lugar ao longo de toda a xornada con distintas actividades e exhibicións.

O concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato, explicou que durante as festas reforzarase o servizo de limpeza na limpeza para que a cidade estea en perfecto estado, ao tempo que aproveito para solicitar a colaboración cidadá para manter Tui Limpo.

Yolanda Rodríguez, concelleira de Facenda, explicou dende o equipo de goberno apostan por facer unhas festas abertas para todos os públicos con actividades para disfrute da cidade, nas que o Concello fai un esforzo importante para que sexan unhas festas dignas e de calidade. Con respecto ao cambio de emprazamento das atraccións das festas, insistiu que a entrada en funcionamento do novo centro de saúde fai incompatible que se instalen no lugar onde o viñan facendo ata o de agora na traseira da área Panorámica. A posta a dispor do novo terreo na finca Patazumba, que foi acondicionando oportunamente, é unha decisión pensada e consensuada por todo o equipo de goberno.

O tenente alcalde e concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón Rey, puxo o énfase no recoñecemento que durante o acto inaugural das festas se realizará a Víctor Manuel Vázquez Portomeñe polo seu papel fundamental na revitalización do Camiño de Santiago, outorgándolle a medalla de honra da cidade na súa calidade de ouro, tal e como acordo a corporación municipal en pleno. Tamén puxo énfase que este ano haberá máis prazas de aparcamento xa que conseguiron por a dispor 10 mil metros máis grazas a acordos con propietarios de distintos terreos.

Pola súa parte o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, anunciou que a profesora Dolores Balseiro Pose será a responsable da lectura do pregón das festas no acto a celebrar o próximo sábado, 15 de abril, ás 19.30hno Teatro Municipal de Tui. Incidiu amais o rexedor na aposta que durante estas festas se fai polo promoción do Camiño Portugués a Santiago, que será o eixo condutor do libro das festas con aportacións de historiadores e xornalistas especializados na materia. Un libro que será tamén unha homenaxe aos empresarios e industriais de Tui xa que no mesmo recolleranse fotografías antigas que recollen a importancia comercial da cidade, imaxes que tamén se exhibirán nunha exposición que abrirá as súas portas o sábado na Sala Municipal na Área Panorámica. Rematou o alcalde convidando a tudenses e visitantes a disfrutar duns festexos declarados de interese turístico galego polos seus múltiples atractivos, e que volverán pór a Tui no mapa cultural de Galicia.
 

PROGRAMACIÓN:

 

 


Sábado 15

  • II Torneo Cidade de Tui de Fútbol Sala no pavillón San Paio e Pavillón novo de Tui.

*días de torneo: xoves, 13 de abril, venres, 14 de abril e sábado, 15 de abril.

  • 19.30 h no Teatro Municipal lectura do Pregón das Festas a cargo de Dª. Dolores Balseiro Posse. Entrega da Medalla de Honra, categoría de Ouro a D. Víctor Manuel Vázquez Portomeñe. Entrega da bandeira de Tui ás asociacións culturais e clubs deportivos. Actuación de Contradición.

*Entrada libre ata completar aforamento.

  • 20.30 h na Sala de Exposicións Municipal inauguración da mostra "Fotografía antiga de Tui San Telmo 2017".
  • 21.00 h dende a Área Panorámica ata a Praza da Inmaculada, desfile de Xigantes e Cabezudos, acompañados polo grupo de gaitas Santa Columba de Ribadelouro
  • 21.30 h acendido do alumeado das Festas de San Telmo.
  • 22.00-00.00 h na rúa Compostela concerto de Mägo de Oz.

Domingo 16

  • 12.30-13.30 h no Paseo da Corredoira concerto da Banda de Música Popular de Tui

*En caso de choiva cancelarase.

  • 17.00-20.00 h actuación polas rúas de Tui da Charanga Cantos Somos.
  • 18.00-21.00 h no Teatro Municipal, Festival Folclórico Festas de San Telmo con 10 grupos participantes.

*Entrada libre ata completar aforamento.

  • 19.00-21.00 h no Paseo da Corredoira verbena coa Orquestra Passarela.
  • 21.00-23.00 h no Paseo da Corredoira concerto de Fillos do Estramonio.
  • 23.00-00.00 h no Paseo da Corredoira verbena coa Orquestra Passarela.

Luns 17

  • 11.30-13.30 h no edificio da Área Panorámica (porta 4) actividades infantís "Refugallo" con En un Tris Tras. *Entrada libre ata completar aforamento.
  • 16.00 h na Sala Félix Rodríguez, porta 10 da Área Panorámica, cinema infantil "Zootrópolis" - 108' . *Entrada libre ata completar aforamento.
  • 17.00 h no centro de día Amoralia actuación da Coral Ponte das Febres.
  • 21.15 h no Teatro Municipal IX Semana de Teatro Afeccionado San Telmo. O grupo de teatro Santiago de Malvas estrea "Médico á forza" - 65'. Entrada 1,5 €.

Martes 18

  • 11.30-13.30 h no edificio da Área Panorámica (porta 4) actividades infantís "Personaxeando" con En un Tris Tras. *Entrada libre ata completar aforamento.
  • 16.00 h na Sala Félix Rodríguez, porta 10 da Área Panorámica, cinema infantil "Buscando a Dory" - 103'. *Entrada libre ata completar aforamento.
  • 17.00 h na Residencia San Telmo actuación da Coral San Telmo.
  • Ás 21.15 h no Teatro Municipal IX Semana de Teatro Afeccionado San Telmo.O grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis presenta "Claro e Clara non se aclaran" - 70'. Entrada 1,5 €.

Mércores 19

  • 11.30-13.30 h no edificio da Área Panorámica (porta 4) actividades infantís "Chapa, pintura e listos para a aventura!" con En un Tris Tras. *Entrada libre ata completar aforamento.
  • 16.00 h na Sala Félix Rodríguez, porta 10 da Área Panorámica, cinema infantil "Angry Birds" - 97'. *Entrada libre ata completar aforamento.
  • 17.00 h na Residencia Paz e Ben actuación da Coral Centro Social de Tui.
  • 21.15 h no Teatro Municipal IX Semana de Teatro Afeccionado San Telmo. O grupo de teatro Chirlomirlo de Randufe estrea "Gran Circo Randulfini" - 75'. Entrada 1,5 €.

Xoves 20

  • 11.30-13.30 h no edificio da Área Panorámica (porta 4) actividades infantís "Científicos tolos" con En un Tris Tras. *Entrada libre ata completar aforamento.
  • 16.00 h na Sala Félix Rodríguez, porta 10 da Área Panorámica, cinema infantil "Trolls" - 93'. *Entrada libre ata completar aforamento.
  • 21.15 h no Teatro Municipal IX Semana de Teatro Afeccionado San Telmo. O grupo de teatro San Fíns de Rebordáns estrea "O Indiano" - 45'. Entrada 1,5 €.

Venres 21

  • 11.30-13.30 h no edificio da Área Panorámica (porta 4) actividades infantís "Troula!!" con En un Tris Tras. *Entrada libre ata completar aforamento.
  • 16.00 h na Sala Félix Rodríguez, porta 10 da Área Panorámica, cinema infantil "El libro de la Selva" - 115'. *Entrada libre ata completar aforamento.
  • 17.00-20.00 h no pavillón novo, curso de Marcha Nórdica.
  • 19.00-22.00 h no Paseo da Corredoira Festival de Karaoke coa SpaceMusic.
  • 21.15 h no Teatro Municipal IX Semana de Teatro Afeccionado San Telmo. O grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui presenta "A lotaría" - 80'. Entrada 1,5 €.
  • 22.00-23.30 h na rúa Compostela verbena coa orquestra América.
  • 23.30-00.30 h no Paseo da Corredoira concerto de Batemento.
  • 00.30-02.00 h na rúa Compostela verbena coa orquestra América.

Sábado 22

  • 10.00 h dende o palco da música no Paseo da Corredoira saída da Andaina Festas San Telmo. Prezo: 3€ e 5€.
  • 12.00 h no Campo de Fútbol "Álvarez Durán" de Tui, Copa San Telmo Eurocidade.
  • 12.00-14.00 h polas rúas de Tui actuación da Charanga Cantos Somos.
  • 17.00 h no Paseo da Corredoira, concentración e exposición de coches antigos.
  • 17.00-21.00 h polas rúas de Tui actuación da Charanga Cantos Somos .
  • 19.00 h polas rúas de Tui desfile de Xigantes e Cabezudos, acompañados polo grupo de gaitas Santa Columba de Ribadelouro.
  • 20.15 h no Teatro Municipal IX Semana de Teatro Afeccionado San Telmo. O grupo de teatro Mesturanzas de Areas estrea "A herdanza de Dona Urraca" - 80'. Entrada 1,5€.
  • 21.30 h na Praza de San Fernando III Encontro de Bandas de Gaitas Cidade de Tui.*en caso de choiva celebrarase na igrexa de San Domingos.
  • 21.00-22.30 h na rúa Compostela verbena coa orquestra Abanico.
  • 22.30-00.30 h no Paseo da Corredoira concerto de Pelepau.
  • 00.30-02.00 h na rúa Compostela verbena coa orquestra Abanico.

Domingo 23

  • 10.30-13.30 h no Paseo da Corredoira, Carreira Solidaria San Telmo.
  • 11.00 h Desfile Exaltación do traxe tradicional dende a Área Panorámica ata a Praza de San Fernando, grupo de gaitas Lóstregos e de baile Saragana da A.X.C. do Traxe Tradicional de Tui.
  • 12.30-13.30 h no Paseo da Corredoira concerto da Banda de Música Popular de Tui. *En caso de choiva cancelarase.
  • 17.00-20.00 h polas rúas de Tui actuación da Charanga Cantos Somos.
  • 18.30-20.00 h no Paseo da Corredoira verbena coa orquestra Aramio.
  • 20.00-21.30 h na rúa Compostela verbena coa orquestra Capitol.
  • 21.30-23.00 h no Paseo da Corredoira concerto de 6TÁS 9.
  • 23.00-00.30 h no Paseo da Corredoira verbena coa orquestra Aramio.
  • 00.30-02.00 h na rúa Compostela verbena coa orquestra Capitol.

Luns 24

  • Dende as 09.00 h en San Bartolomeu Feira Cabalar de San Telmo, todo o día con actividades.
  • 10.00h na Catedral misa na honra a San Telmo e procesión pola Coronilla.
  • 18.00 h na Praza de San Fernando concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín.*En caso de choiva cancelarase.
  • 19.00 h no Paseo da Corredoira entrada da Banda de Guerra e Guión da BRILAT e a continuación, na Praza de San Telmo homenaxe aos confrades de San Telmo falecidos.
  • 19.00-21.00 h na rúa Compostela verbena coa orquestra Olympus.
  • 21.00 h Solemne procesión de San Telmo.
  • 23:30 h Tirada de fogos de artificio.
  • 00.00-01.00 h na rúa Compostela verbena coa orquestra Olympus.
   Fotos de Jorge Alonso Daldea
 
A profesora Dolores Balseiro será a pregoeira, e farase unha homenaxe a Víctor Manuel Vázquez Portomeñe
AgendaÚltima hora
    abril 2017    
    lunmarmiéjueviesabdom
         1
    Prazo ata o 5 de Maio, bases completas na web do Concello de Tomiño
    2
    Prazo ata o 5 de Maio, bases completas na web do Concello de Tomiño
    3
    Prazo ata o 5 de Maio, bases completas na web do Concello de Tomiño
    4
    Prazo ata o 5 de Maio, bases completas na web do Concello de Tomiño
    5
    Prazo ata o 5 de Maio, bases completas na web do Concello de Tomiño
    6
    De non realizar os propietarios dos terreos as tarefas que marca a ordenanza municipal, o Concello poderá executar os mesmos, podendo abrir igualmente, os correspondentes expedientes sancionadores
    7
    Neste sétimo encontro do curso lectivo 2016/2017 a academia elixe a agrupación do Rosal para realizar as prácticas dos seus alumnos, por segundo ano consecutivo.
    8
    A partir do sábado 8 de abril o ferry volverá a unir as dúas ribeiras do Miño.
    9
    A Feira de Artes e Velharias de Vila Nova de Cerveira realiza-se na Praça da Galiza, aos segundos Domingos de cada mês.
    10
    Luns 10 de abril ás 20:30 h. no Centro Cultural da Guarda
    11
    A mostra poderase visitar na Casa Consistorial ata o vindeiro 23 de abril
    12
    A mostra poderase visitar na Casa Consistorial ata o vindeiro 23 de abril
    13
    Salidas programadas durante la Semana Santa 2017
    14
    Salidas programadas durante la Semana Santa 2017
    15
    Salidas programadas durante la Semana Santa 2017
    16
    Salidas programadas durante la Semana Santa 2017
    17
    Uma autêntica romaria galaico-minhota que decorre sempre na segunda-feira imediata ao fim de semana da Páscoa e é ponto de encontro de milhares de peregrinos de todo o Noroeste Peninsular.
    18
    A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades da Campaña de Verán 2017.
    19
    Reunión este miércoles a las 20:30h en la Sede de Acigu en A Guarda
    20
    Dirigido a personas mayores de 16 años, que estén interesados en adquirir conocimientos acerca de Primeros Auxilios específicos en bebés y niños.
    21
    Viernes 21 de abril a las 22:00h en Betún Asociación Cultural
    22
    A obra comesçará às 23:00h, às 21:00 prepararemos ceia, todo o mundo esta convidado!
    23
    Até dezembro, caminhadas, ginástica de manutenção, atletismo, cicloturismo, dança e piscina são as várias sugestões propostas, através de dinâmicas monitorizadas e gratuitas.
    24
    Dirigido a personas mayores de 16 años, que estén interesados en adquirir conocimientos acerca de Primeros Auxilios específicos en bebés y niños.
    25
    Os horarios poden ser consultados na oficina do ferry ou no teléfono 986 61 15 26.
    26
    Os horarios poden ser consultados na oficina do ferry ou no teléfono 986 61 15 26.
    27
    Os horarios poden ser consultados na oficina do ferry ou no teléfono 986 61 15 26.
    28
    Os horarios poden ser consultados na oficina do ferry ou no teléfono 986 61 15 26.
    29
    Actividades para o sábado 29 e domingo 30 de Abril en Betún Tui
    30
    Actividades para o sábado 29 e domingo 30 de Abril en Betún Tui