Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies cerrar

Máis de 33 protectoras e asociacións en defensa dos animais en contra da Nova Lei de Protección e Benestar Animal

Este proxecto de lei non só contravén e empeora a anterior lei 1/1993 na maior parte do seu articulado, senón que pretende facer NEGOCIO co ABANDONO dos animais

Infominho - Máis de 33 protectoras e asociacións en defensa dos animais en contra da Nova Lei de Protección e Benestar Animal - INFOMIÑO - Informacion y noticias del Baixo Miño y Alrededores.

Este proxecto de lei non só contravén e empeora a anterior lei 1/1993 na maior parte do seu articulado, senón que pretende facer NEGOCIO co ABANDONO dos animais

Comunicado

17/06/2017

Fuente: Comunicado

O actual goberno do PP da Comunidade Autónoma de Galicia pretende aprobar de forma inminente o Proxecto de lei de protección e benestar dos animais de compañía de Galicia.

Este proxecto de lei non só contravén e empeora a anterior lei 1/1993 na maior parte do seu articulado, senón que pretende facer NEGOCIO co ABANDONO dos animais (non acabar con el), promovendo a creación de centros -autorizados-, coma xa vimos co da CAAN da Deputación da Provincia de Pontevedra; entregando estes servizos nas mans de empresas privadas, e poñendo paus nas rodas ás asociacións de protección e defensa animal e persoas individuais animalistas que levan anos deixándose a pel asumindo e facendo de forma altruísta e desinteresada o traballo que lles correspondía atender ás administracións e gobernos de turno.

Ante tal despropósito que ademais nos venden como a -mellor lei do estado-, queremos MANIFESTAR o noso total e radical REXEITAMENTO a este proxecto, e pasamos a destacar algúns dos artigos pola especial gravidade e retroceso que supoñen.

Por último, pedimos que a súa exposición pública e o coñecemento dos devanditos artigos pola cidadanía, poñan de manifesto o seu rexeitamento social, obrigando á reconsideración e cambio do actual proxecto.

1-Recuperación do anterior nome da lei 1/1993: Lei de Protección e benestar dos animais domésticos e salvaxes en catividade, de ámbito máis amplo, para non reducir a protección só aos de compañía, descoidando aqueloutros que se atopan no ámbito doméstico.

2-Rexeitamos a exclusión dos animais de autoconsumo, équidos, festexos taurinos e animais de experimentación do seu ámbito de regulación.

3-Rexeitamos atribuírlle aos alcaldes/as dos concellos de Galicia a responsabilidade superior na defensa e protección dos animais. Consideramos que a Xunta, como ente administrativo máximo, ten que ser o que a represente, dotando aos concellos das partidas orzamentarias necesarias para a súa correcta aplicación.

4-Rexeitamos a prohibición de alimentar aos animais nos espazos públicos. Esta medida condenaría a morrer de inanición a miles de animais en toda Galicia, constituíndo un feito de tal gravidade que deslexitima a propia lei. O que si consideramos é que esta alimentación deberá ser escrupulosa e hixiénica.

5-Rexeitamos a obrigatoriedade de comunicar á Concellería competente a tenencia ou posesión de máis de cinco animais pertencentes á especie canina e felina ou aqueloutras que regulamentariamente se determinen. A tenencia de animais na contorna familiar ten que estar determinada polas condicións de benestar animal e salubridade.

6- Desexamos a identificación de todos os animais de compañía e non só a dos cánidos, xa que o extravío e abandono de animais é unha realidade noutras especies o que facilitaría a súa recuperación e sanción en caso de abandono.

7-Consideramos imprescindible o manter ou mesmo aumentar os tempos para recollida de animais abandonados xa que reducir os mesmos podería dificultar aínda máis a súa recuperación.

9- Rexeitamos o uso e utilización de animais en espectáculos públicos e para traballos, sen matices nin autorizacións pertinentes. Esixindo o aumento da súa vixilancia, evitando a súa venda a terceiros países e facilitando a creación de santuarios ou centros dirixidos por persoal cualificado co fin de que poidan ser recuperados e vivir en liberdade.

10-Rexeitamos a catalogación como infracción moi grave a recollida de animais extraviados ou abandonados sen a correspondente autorización ou a súa cesión en adopción. Miles de animais son recolleitos e adoptados por particulares. Castigar este feito, especialmente evidente no caso de cachorros, non faría máis que aumentar a situación de malos tratos e abandono, saturando aínda máis as protectoras e centros de recollida e obrigando ao seu sacrificio.

11- Rexeitamos as prácticas de ter atados aos animais, sobre todo os cánidos, fundamentalmente no ámbito rural e solicitamos a súa prohibición. Podendo establecerse un período de latencia a fin de conseguir a adaptación das vivendas á nova situación de vida libre do animal.

12- Desexamos clarificar a diferenza entre sacrificio e eutanasia. O sacrificio de animais sans, nunca estaría xustificado, camiñando desta maneira facía o obxectivo desexado, sacrificio cero.

13-Dotarase aos concellos , grupos de defensa animal etc , dos fondos necesarios para establecerse campañas de sensibilización e respecto cara aos animais , así como para campañas de adopción.

14-Desexamos a recuperación dos pombais de Galicia e a alimentación ética das pombas con anticonceptivos regrados a fin de controlar as poboacións e obter exemplares fortes e sans , acabado desta maneira cos seus malos tratos e sacrificio periódico polas empresas de control de pragas.

15. Rexeitamos Artigo 10, do Título I, Capítulo I, onde se impide a adopción de animais enfermos, condenándoos á non adopción e reclusión en canceiras e protectoras, ou directamente á súa eutanasia. Consideramos prioritaria a adopción de animais enfermos, cachorros e anciáns, sempre e cando a persoa adoptante estea informada das condicións sanitarias do animal.

16. Rexeitamos que as asociacións de protección e defensa dos animais estean obrigadas a ser declaradas de utilidade pública. Tendo en conta que o peso da protección animal en Galiza descansa na súa inmensa maioría nas asociacións de protección de animais, non ten encaixe algún que se pretenda endurecer o seu estatus en lugar de favorecelo.

17. Rexeitamos o aumento de razas e cruces consideradas Ppp sobre a lei nacional 50/1999, como o Bull Terrier, por consideralo ineficaz, dándose en Galicia, a Comunidade Autónoma con máis razas catalogadas Ppp, unicamente co fin de discriminatorio e recadatorio.

Asinantes:
1. ASOCIACIÓNS PELUDOS INVISIBLES SANXENXO
2. ASOCIACIÓN PROTECTORA DE ANIMAIS OS BIOSBARDOS
3. ASOCIACIÓN COLONIAS CANGUESAS
4. CALLEJERITOS COLONIAS SEN FOGAR
5. ASOCIACIÓN PROTECTORA DE ANIMAIS ALOIA DE TUI
6. ASPAP (ASOCIACIÓN PROTECTORA DE ANIMAIS PORRIÑO)
7. ASOCIACIÓN GATIÑOS DA RÚA
8. ASOCIACIÓN PROTECTORA DE ANIMAIS DO MORRAZO
9. ASOCIACIÓN HUELLAS FELINAS
10. ASOCIACIÓN AMIGOS DE LOS ANIMALES
11. PROXECTO AAN
12. PLATAFORMA DERECHOS SOCIALES Y RENTA BÁSICA
13. ASOCIACIÓN MICOS DO BARRIO
14. ASOCIACIÓN PARA PROTECCIÓN ANIMAL ARGO
15. PPP EN ADOPCIÓN, 3pa
16. VACALOURA SANTUARIO ANIMAL
17. ADOCAN, ASOCIACIÓN GALEGA DE AMIGOS DOS CANS
18. ASOCIACIÓN ANIMALISTA ANAJATA
19. ASOCIACIÓN POLA PROTECCIÓN ANIMAL ABEIRO
20. ASOCIACIÓN MIS AMIGAS LAS PALOMAS
21.SOS ANIMALIA
22.ASOCIACIÓN ARCA DE NOIA
23.BULL TERRIER ADOPTA ESPAÑA
24.ASOCIACIÓN DE ANIMAIS PATRULLA CALLEJERA
25.ASOCIACIÓN PROANIMALES CARBALLINO
26.ASOCIACIÓN PRO ANIMALES VERÍN
27.ALMA, ASOCIACIÓN LADRIDOS Y MAULLIDOS ADOPTABLES
28.ASOCIACIÓN DE RESCATE ANIMAL CADELIÑOS
29.ASOCIACIÓN POLA DEFENSA ECOLÓXICA DE GALIZA, ADEGA
30. PEGADAS, ASOCIACIÓN PROTECTORA DE ANIMAIS
31.ASOCIACIÓN ASISTENCIAL DE PROTECCIÓN DE ANIMALES DE FOZ
32.ASOCIACIÓN PROTECTORA ANIMAIS DO CAMIÑO
33. PROXECTO CELTACANS E DEMÁIS