Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies cerrar

Máis de 100 escolares daranse cita este sábado en Tomiño no Campionato Provincial de Tenis de Mesa

Sábado, 20 de maio, no Pavillón Polideportivo de Sobrada, coa participación de máis dun centenar de xogadores.

Infominho - Máis de 100 escolares daranse cita este sábado en Tomiño no Campionato Provincial de Tenis de Mesa - INFOMIÑO - Informacion y noticias del Baixo Miño y Alrededores.

Sábado, 20 de maio, no Pavillón Polideportivo de Sobrada, coa participación de máis dun centenar de xogadores.

Concello de Tomiño

20/05/2017

Fuente: Concello de Tomiño

Na mañá do venres presentouse no Concello de Tomiño o Campionato Provincial de Tenis de Mesa, organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar), coa colaboración do Concello de Tomiño, Agrudebam e Club de Tenis de Mesa Monteferreiros, e que se celebrará o sábado, 20 de maio, no Pavillón Polideportivo de Sobrada, coa participación de máis dun centenar de xogadores.

Á presentación acudiron o coordinador Provincial de Deportes, Guillermo Reinaldo; o presidente de Agrudebam, Alfonso Lorenzo; o presidente e máis o secretario do Club de Tenis de Mesa Monteferreiros, Jacinto Fernández e Lino González, respectivamente, e por último, o concelleiro de Deportes do Concello, Ismael Troncoso.

Nas xornadas competirán 114 xogadores escolares e federados; a maioría procedentes das comarcas do Baixo Miño e Val Miñor. Acudirán participantes de varios colexios e clubs da provincia, xa que se trata dunha xornada na que se pretende promocionar este deporte, como remate ás competicións celebradas nas diferentes comarcas.

A competición, que comezará ás 9.30 horas e rematará sobre as 14.00, contará con 16 mesas regulamentarias, nas que terán lugar máis de 250 partidos, arbitrados por tres árbitros profesionais e tamén algúns xogadores. Haberá medallas de ouro, prata e bronce para os tres primeiros clasificados de cada unha das categorías: benxamín, alevín, infantil e cadete.

O concelleiro de Deportes de Tomiño reiterou o apoio do Concello ao deporte de base e asegurou que "é un privilexio para nós que se organice esta proba no noso concello, máis aínda cando se trata dun deporte non maioritario, coma este".

Pola súa banda, o coordinador provincial de Deportes, explicou que a idea é promocionar o tenis de mesa na zona, polo que se enfrontarán xogadores escolares con outros xa federados, e agradeceu a colaboración na organización do campionato.

Normativa Campionato Provincial de Tenis de Mesa 2016/2017

Lugar: Pavillón do CEIP Sobrada. Tomiño

Data: Sábado, 20 de maio de 2017

1. CATEGORÍAS:

BENXAMÍN: nados nos anos 2008-2007. ALEVÍN: nados nos anos 2006-2005. INFANTIL: nados nos anos 2004-2003. CADETE: nados nos anos 2002-2001.

2. PARTICIPANTES:

Poderán participar neste Campionato Provincial Escolar do programa XOGADE, todos os clubs, asociacións, centros de ensino e ANPAS, nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.

3. SISTEMA DE COMPETICIÓN:

O sistema de competición será individual. Nas categorías benxamín e alevín, a competición será mixta.
As categorías infantil e cadete serán masculinas e femininas. (A competición pode ser mixta si hai pouca participación en algunha destas categorías, pero a clasificación final será diferenciada).

4. REGRAS DE XOGO :

A competición será individual para todas as categorías . Disputaranse os partidos ao mellor de 3 xogos, a 11 tantos ou diferenza de 2.
Disputarase a competición en fase de grupos e eliminatorias na procura da maioría dos postos.

5. LICENZAS:

Todos os participantes deben estar correctamente mutualizados na páxina de Xogade, no deporte bádminton, correspondente ao seu clube ou colexio.
Será obrigatoria a presentación do formulario de inscrición, por parte das entidades interesadas en participar. Na relación de xogadores federados, terase en conta o Ranking Galego da FGTM, nos escolares cada colexio fará as inscricións en orde de nivel dos xogadores da súa entidade, para organizar a competición.


6. INSCRICIÓNS:

Para o Campionato Provincial a inscrición será libre, e a competición será dirixida por un Xuíz Árbitro designado pola FGTM, adaptará a mesma ás inscricións recibidas.
O prazo de inscrición rematará o lúns, 15 de maio de 2017.

Remitirase a folla de inscrición, que figura no adxunto, antes das 16h do luns 15 de maio de 2017, ao correo, vinciostm@gmail.com con copia a coordinadordeporescolar.po@gmail.com

 

* No caso de precisar transporte, solicitalo en: transporte-xogade.pontevedra@xunta.gal

 

AgendaÚltima hora
    julio 2017    
    lunmarmiéjueviesabdom
         1
    A atención será de mañá e tarde para que a veciñanza poida escoller a hora máis convinte
    2
    A atención será de mañá e tarde para que a veciñanza poida escoller a hora máis convinte
    3
    A atención será de mañá e tarde para que a veciñanza poida escoller a hora máis convinte
    4
    A atención será de mañá e tarde para que a veciñanza poida escoller a hora máis convinte
    5
    A atención será de mañá e tarde para que a veciñanza poida escoller a hora máis convinte
    6
    A atención será de mañá e tarde para que a veciñanza poida escoller a hora máis convinte
    7
    Fins de semana e festivos dende o Museo Arqueolóxico saídas ás 12:30 e 17:00 horas
    8
    Fins de semana e festivos dende o Museo Arqueolóxico saídas ás 12:30 e 17:00 horas
    9
    Fins de semana e festivos dende o Museo Arqueolóxico saídas ás 12:30 e 17:00 horas
    10
    Fins de semana e festivos dende o Museo Arqueolóxico saídas ás 12:30 e 17:00 horas
    11
    A primeira das saídas será o mércores 12 de xullo, cunha visita nocturna aos petróglifos do Monte Tetón
    12
    Participará en concurso único, mocidade de entre 12 e 35 anos.O prazo rematará o 22 de setembro do 2017 .
    13
    Participará en concurso único, mocidade de entre 12 e 35 anos.O prazo rematará o 22 de setembro do 2017 .
    14
    Participará en concurso único, mocidade de entre 12 e 35 anos.O prazo rematará o 22 de setembro do 2017 .
    15
    Participará en concurso único, mocidade de entre 12 e 35 anos.O prazo rematará o 22 de setembro do 2017 .
    16
    Salida a las 9:00h desde la Alameda de A Guarda
    17
    ¡Comparte salud, dona sangre! Son muchos los motivos para donar, no los olvides.
    18
    Para máis información, recomendase chamar ao despacho de billetes 986 61 15 26 no horario de atención de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00.
    19
    Para máis información, recomendase chamar ao despacho de billetes 986 61 15 26 no horario de atención de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00.
    20
    Os asistentes convértense en protagonistas do filme, no que se recollen os diferentes monumentos e lugares emblemáticos do centro da vila.
    21
    Prazo ata o luns 24 de xullo, ás 14.00 horas.
    22
    O centro da fortaleza guardesa abrirá novamente as portas o domingo, no seu horario habitual.
    23
    Prazo ata o luns 24 de xullo, ás 14.00 horas.
    24
    As persoas que desexen apuntarse ao programa, teñen que darse de alta na OMIX
    25
    Haberá 45 postos de anticuarios de Galicia, Portugal, Asturias e Francia
    26
    O Presidente da FBAC, Fernando Nogueira, agradeceu ao Governo por ter trazido para Vila Nova de Cerveira a VIII Bienal dos Jovens Artista da CPLP.
    27
    A mostra permanecerá aberta ó público ata o 27 de agosto
    28
    A mostra permanecerá aberta ó público ata o 27 de agosto
    29
    A mostra permanecerá aberta ó público ata o 27 de agosto
    30
    A mostra permanecerá aberta ó público ata o 27 de agosto
    31
    A mostra permanecerá aberta ó público ata o 27 de agosto