Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies cerrar

O Concello de Tomiño organiza unha decena de actividades de ocio e deporte de verán

Ao Campus de Fútbol súmanse os de tenis e pádel; cursos de pilates en familia, piragüismo, e campamentos urbano e musical.

Infominho - O Concello de Tomiño organiza unha decena de actividades de ocio e deporte de verán - INFOMIÑO - Informacion y noticias del Baixo Miño y Alrededores.

Ao Campus de Fútbol súmanse os de tenis e pádel; cursos de pilates en familia, piragüismo, e campamentos urbano e musical.

Concello de Tomiño

26/06/2017

Fuente: Concello de Tomiño

Arredor de 700 prazas oferta este verán o Concello de Tomiño dentro da súa programación deportiva e de ocio.

A oferta inclúe unha decena de actividades, coma o xa tradicional Campus de Fútbol, ao que se suman os de tenis e pádel; cursos de pilates en familia, piragüismo, e dous campamentos: urbano e musical.

Este mediodía foi presentado en rolda de prensa o programa de actividades na Casa do Concello de Tomiño, coa presenza da alcaldesa, Sandra González, e os concelleiros de Deportes (Ismael Troncoso), Cultura (Cristina Martínez) e Mocidade (Fátima Rodríguez).

Na oportunidade, a alcaldesa salientou o número de prazas dispoñibles e a variedade das actividades, especialmente pensadas para a poboación infantil e as familias, co obxectivo de axudar a conciliar a vida laboral e familiar, ademais de ofrecer alternativas de ocio e deporte durante o receso escolar.

A concelleira de Cultura e Servizos Sociais, pola súa banda, salientou o esforzo organizativo e económico do Concello, aclarando que aínda que a maioría das actividades son de pago, "os prezos son moi axustados e nos casos de familias que non poidan abonar o custe das actividades, o propio Concello farase cargo do importe, previo informe dos Servizos Sociais".

A maioría das actividades comezan no mes de xullo, estendéndose algunhas tamén ao de agosto, coma ocorre cos campus de tenis e pádel e as actividades creativas (de balde) da Aula-Museo Antonio Fernández, sita en Goián.

Entre as actividades deportivas, a primeira en comezar é o Curso de Promoción do Piragüismo, que se desenvolverá en Goián coa colaboración do Club Deportivo Miño, entre o 27 de xuño e o 28 de xullo, con dous grupos de nenos e nenas de entre 8 e 14 anos, que saiban nadar.

Durante o mes de xullo haberá ademais un Campamento Urbano (do 3 ao 28) nas instalación do colexio Pedro Caselles, para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, con horario de luns a venres de 9 a 14 horas.

Tamén o Campus de Fútbol será, como vén sendo habitual, no mes de xullo (do 17 ao 28), de luns a venres, entre as 10 e as 13.30 horas. Para poder asistir a este campus, que se desenvolverá simultaneamente nos campos de fútbol da Carballa (Tomiño) e Regatiño (Goián), deberá terse entre 5 e 16 anos. Esta é a actividade máis multitudinaria, cunhas 140 prazas dispoñibles a un custe de 55 euros, que inclúen dúas equipaxes, merenda diaria e actividades complementarias, charlas de nutrición, arbitraxe, etc. durante dúas semanas.

Todos os sábados de xullo, de 10.30 a 11.30, impartira no Espazo Fortaleza de Goián un Curso de Pilates en Familia, unha das novidades desta edición. A partir dos 3 anos en adiante poderán participar e será de balde para os menores de 16.

Durante os meses de xullo e agosto impartiranse nas pistas do Mosteiro os xa tradicionais campus de tenis e pádel, luns, mércores e venres en tres quendas, e martes e xoves de 10.30 a 11.30, respectivamente. Dirixidos a nenos e nenas de entre 6 e 17 anos.

Xa no mes de agosto, entre o 14 e o 25, celebrarase na Escola de Música e Auditorio de Goián o Campamento Musical para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Colabora a Agrupación Musical de Goián.

Xa por último, a Aula-Museo Antonio Fernández (Goián) impartirá, por primeira vez, actividades creativas para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. Os obradoiros, impartidos por Sara Quintana todos os venres de xullo e agosto, serán entre as 12 e as 13.15 horas, e terán relación cos artistas de Tomiño e Galicia.

O prazo de inscrición ábrese o día 15 de xuño para todas as actividades. Poderase realizar online, a través da páxina web do Concello (www.tomino.gal), ou ben, de forma presencial, no edificio de Servizos Sociais, Deporte e Cultura, sito no barrio da Rocha.

Aclaración: na actividade de Pilates en Familia poden anotarse nenos e nenas a partir dos 3 anos (aínda que nos cartaces poña a partir dos 5 anos). Ademais, os nenos  nenas de 5 anos, que cumplan seis durante este ano, poden inscribirse nas actividades que poñen "a partir de seis anos".

Asemade, os/as que cumplan cinco durante este ano, poden inscribirse nas actividades que poñen "a partir de cinco anos".

AgendaÚltima hora
    junio 2017    
    lunmarmiéjueviesabdom
       1
    O vindeiro día 7 de xuño de 2.017 finaliza ó período voluntario de pagamento dos recibos correspondentes ó IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA exercicio 2.017.
    2
    Actividades programadas para a primeira fin de semana de xuño na Guarda
    3
    Sábado 3 de xuño á unha do mediodía (13.00 horas), no andar superior do mercado.
    4
    No contexto da celebración do día da familia marista dos colexios de Tui e Vigo
    5
    El alcohol es un factor concurrente o desencadenante en un tercio de los accidentes mortales y su presencia en la conducción multiplica entre 2 y 15 el riesgo de sufrir un accidente
    6
    Para máis información, recomendase chamar ao despacho de billetes 986 61 15 26 no horario de atención de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00.
    7
    A saída será este domingo ás 11h dende a vella ponte internacional
    8
    Siendo voluntario de IKFEM podrás asistir a más de 15 conciertos y masterclasses, conocer a artistas y estudiantes de música de España, Portugal y otros países.
    9
    Se puede visitar todos los días en horario de 17:00h de la tarde hasta las 21:00h.
    10
    Se puede visitar todos los días en horario de 17:00h de la tarde hasta las 21:00h.
    11
    Se puede visitar todos los días en horario de 17:00h de la tarde hasta las 21:00h.
    12
    Esta semana as saídas do ferry veranse afectadas pola marea baixa durante as mañás e implicará que algunha saída non se poda confirmar ata o mesmo día.
    13
    Las actividades están dirigidas a mayores de 65 años y se realizarán en la Entidad local menor de Camposancos
    14
    El Aula UNED de Tui acogerá del 28 al 30 de junio el curso Dejar de fabricar miedos impartido por Manuel Conde y que se desarrollará presencialmente en las instalaciones del Aula Universitaria de 17 a 20 h.
    15
    Realizarán distintas actividades no Parque Natural do Monte Aloia e no río Miño
    16
    Crianças e jovens voltam a ter a oportunidade de passar quatro dias preenchidos de atividades e animação no Aquamuseu do rio Minho.
    17
    O seu horario será de 13 a 20h de luns a venres e de 12 a 20h os sábados, domingos e festivos
    18
    Domingo 18 de xuño ás 20:30h na Casa da Cultura deTomiño
    19
    Para máis información, recomendase chamar ao despacho de billetes 986 61 15 26 no horario de atención de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00.
    20
    Para máis información, recomendase chamar ao despacho de billetes 986 61 15 26 no horario de atención de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00.
    21
    O prazo de admisión dos traballos pecharase o día 15 de xullo de 2017
    22
    Os interesados poden achegarse ata os Servizos Sociais Comunitarios de Tui para cubrir a solicitude
    23
    Precios especiales para estudiantes, infórmate en el 986 61 1604
    24
    Precios especiales para estudiantes, infórmate en el 986 61 1604
    25
    Precios especiales para estudiantes, infórmate en el 986 61 1604
    26
    Precios especiales para estudiantes, infórmate en el 986 61 1604
    27
    Precios especiales para estudiantes, infórmate en el 986 61 1604
    28
    Precios especiales para estudiantes, infórmate en el 986 61 1604
    29
    Tendrá lugarel próximo 29 de Junio, a las 20.30, en el Centro cultural de A Guarda
    30
    Precios especiales para estudiantes, infórmate en el 986 61 1604