Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies cerrar

Botan a andar as Deporte Escolas 2017-2018 da Deputación de Pontevedra

O programa da institución provincial oferta actividades totalmente gratuítas en nove modalidades deportivas para máis de 10.000 nenos e nenas de entre 5 e 15 anos

Infominho - Botan a andar as Deporte Escolas 2017-2018 da Deputación de Pontevedra - INFOMIÑO - Informacion y noticias del Baixo Miño y Alrededores.

O programa da institución provincial oferta actividades totalmente gratuítas en nove modalidades deportivas para máis de 10.000 nenos e nenas de entre 5 e 15 anos

Deputación de Pontevedra

08/09/2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

Xa está aberto o prazo de inscrición para "DEPOrte Escolas", coas que a Deputación de Pontevedra pretende iniciar no deporte aos nenos e nenas de entre cinco a quince anos de toda a provincia. Para este curso 2017-2018 as modalidades que ofertará de maneira totalmente gratuíta o programa da institución provincial son balonmán, fútbol, taekwondo, patinaxe, judo, rugby, marcha, piragüismo e baloncesto.

No pasado curso, as "DEPOrte Escolas" sufriron un cambio moi importante, converténdose en máis participativas, transparentes e respectando máis a autonomía dos concellos e non competindo coas escolas municipais. O resultado foi moi satisfactorio para a Deputación de Pontevedra, xa que puideron beneficiarse deste programa máis de 10.000 nenos e nenas da provincia, o que supuxo un incremento de preto de 500 prazas respecto ao curso 2015/2016. Concretamente, os deportes máis practicados nas "DEPOrte Escolas" durante o pasado curso foron o balonmán, con 2.700 nenos e nenas, e o piragüismo, con 2.000 participantes.

Para este curso 2017/2018 haberá actividades en 50 concellos da provincia. Máis polo miúdo, os concellos que durante esta temporada terán actividades das "DEPOrte Escolas" serán A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño, Tui, Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Valga, As Neves, Mondariz, Ponteareas, Agolada, Lalín, Rodeiro, Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Arbo, Crecente, A Cañiza, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Vilaboa, Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Forcarei, Baiona, Fornelo de Montes, Godomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior e Vigo.

O formulario de inscrición pódese descargar na páxina web da Deputación de Pontevedra e deberase entregar en calquera dos rexistros da Deputación, nas oficinas do ORAL ou a través de deportes@depo.es.

AgendaÚltima hora
    septiembre 2017    
    lunmarmiéjueviesabdom
        1
    Permanecerá na Praza do Reló do 1 ao 10 de setembro para dar a coñecer a entidade, da que o Concello guardés é socio
    2
    Permanecerá na Praza do Reló do 1 ao 10 de setembro para dar a coñecer a entidade, da que o Concello guardés é socio
    3
    Permanecerá na Praza do Reló do 1 ao 10 de setembro para dar a coñecer a entidade, da que o Concello guardés é socio
    4
    40 colecciones se pueden observar hasta el 10 de septiembre en la Casa de los Alonso de A Guarda
    5
    40 colecciones se pueden observar hasta el 10 de septiembre en la Casa de los Alonso de A Guarda
    6
    Do 6 ó 8 de setembro de 2017 en Sta. María de Tebra (Tomiño)
    7
    Do 6 ó 8 de setembro de 2017 en Sta. María de Tebra (Tomiño)
    8
    Con el inicio de liga a la vuelta de la esquina, los equipos senior del Acanor Atlético Novás ultiman su preparación.
    9
    Con el inicio de liga a la vuelta de la esquina, los equipos senior del Acanor Atlético Novás ultiman su preparación.
    10
    Salida a las 9:00h desde la Alameda de A Guarda
    11
    El uso del cinturón de seguridad reduce a la mitad el riesgo de muerte en caso de accidente
    12
    El uso del cinturón de seguridad reduce a la mitad el riesgo de muerte en caso de accidente
    13
    Máis información na Omix de Tomiño
    14
    A Asociación Érguete Baixo Miño convoca un curso para Emprender a través das Novas Tecnoloxías
    15
    Venres 15 de setembro ás 20:30h na Casa Cultural de Pedornes (Oia)
    16
    Sábado 16 de setembro ás 20:30h no Auditorio Municipal de Goián
    17
    É já este domingo, 17 de setembro, que a Vila das Artes recebe o XII Festival de Bandas de Música, com um rico programa de intercâmbio cultural através da música.
    18
    O VIII Serán terá lugar o sábado 16 de setembro a partires das 21:00h
    19
    Para máis información, recomendase chamar ao despacho de billetes (986 61 15 26) no horario de atención ao público de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.
    20
    Mércores 20 de setembro ás 21:00h no Pavillón Municipal da Sangriña de A Guarda
    21
    O venres pasará por Tui a iniciativa Reta3 Muévete por el Alzheimer
    22
    O Sporting CP, o Club Liceo, o AD Valongo, e Valença H.C participarán nesta competición no pavillón de Valença
    23
    Prades, Carrera y Gutiérrez se concentran el domingo con la Selección Española en Madrid
    24
    O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de outubro. Hai unha categoría para maiores de idade e outra para menores de 18 anos
    25
    O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de outubro. Hai unha categoría para maiores de idade e outra para menores de 18 anos
    26
    O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de outubro. Hai unha categoría para maiores de idade e outra para menores de 18 anos
    27
    O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de outubro. Hai unha categoría para maiores de idade e outra para menores de 18 anos
    28
    O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de outubro. Hai unha categoría para maiores de idade e outra para menores de 18 anos
    29
    O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de outubro. Hai unha categoría para maiores de idade e outra para menores de 18 anos
    30
    O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de outubro. Hai unha categoría para maiores de idade e outra para menores de 18 anos