Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies cerrar

Especial - Feira de San Gregorio 2017 en Pías - O Rosal

Centos de persoas visitaron esta feira durante a xornada do Sábado 11 e Domingo 12 de Marzo de 2017

Infominho - Especial - Feira de San Gregorio 2017 en Pías - O Rosal - INFOMIÑO - Informacion y noticias del Baixo Miño y Alrededores.

Centos de persoas visitaron esta feira durante a xornada do Sábado 11 e Domingo 12 de Marzo de 2017

Infomiño.com

13/03/2017

Fuente: Infomiño.com

A Feira de San Gregorio, volveu encher a esplanada da Estrada, no barrio de Pías, en O Rosal. Centos de persoas visitaron esta feira durante a xornada do Sábado 11 e Domingo 12 de Marzo de 2017, para desfrutar dunha ampla programación de actividades.






Ás 17:00h da tarde do sábado día 12 comezaban as actividades programadas coa visita das autoridades ás diferentes exposicións e espazos da feira.


Unha das primeiras actividades foi o III Concurso veciñal da tortilla de pataca, que contou nesta edición cun total de 25 participantes nas categorías de clásicas e de innovación.


A apertura da cantina con degustacións de Rosca de Roxóns e tapas e viños a prezos populares, coa actividades para os máis cativos, seguido da actuación estelar das Cantareiras de Ardebullo, que contou cunha ampla acollida por parte dos asistentes, que encheron o recinto de festexos. O grupo de amigos "Os da orde" amenizou a velada.

 


Ás 12 do mediodía do Domingo daba comezo a misa solemne con Sermón e Procesión amenizada polo grupo de Gaitas A Boalleira de A Guarda. A xente acomodouse unha vez máis na cantina que tivo traballo arreo para servires a tódolos visitantes que por alí pasaron dende a mañá ata a noite, con tapas de croquetas, empanada, queixo e mesmo lamprea, acompañados sempre dos mellores "caldos da terra".


Nesta xornada de domingo, ás 17:00h os máis pequenos tiveron una citaco Mago Xacobe e Pedro Bugarín, que ofreceron un espectáculo máxico.


Máis tarde, sobre as 19:00h o Grupo de Folk Tanto nos Ten, pechaban coa súa actuación esta edición 2017 da Feira de San Gregorio en Pías,O Rosal.

 

 


Durante os dous días de celebración, os visitantes puideron ver e mercar na multitude de postos de artesanía diferentes obxetos (dende bisutería ata artigos de labranza), así como visitar as exposicións organizadas pola Comisión, que este ano contou cunha exposición de pinturas de Delia R. Vilavedra e de Esculturas de Félix Gómez Fidalgo. E como ven sendo tradición a XII edición da Exposición de Encaixe de Palillos e palillada.

www.infomiño.com

Fotógrafo:

Jorge Alonso Daldea

Sara Carrera Coímbra

 
  Fecha: 12-13 Marzo 2017

 

 
www.infomiño.com © 2017. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon Eos 350D, Canon IXUS 180 y Xiaomi Yi

 

Haz clic en la imagen para ver la galería de fotos

  Centos de persoas visitaron esta feira durante a xornada do Sábado 11 e Domingo 12 de Marzo de 2017