Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies cerrar

Especial - O Rosal inaugurou a nova Área de recepción de visitantes para o Complexo Etnográfico dos Muíños do Folón e do Picón

As actuacións realizadas neste espazo foron inauguradas o pasado sábado, contando coa presenza da Directora Xeral de Turismo da Xunta de Galicia

Infominho - Especial - O Rosal inaugurou a nova Área de recepción de visitantes para o Complexo Etnográfico dos Muíños do Folón e do Picón - INFOMIÑO - Informacion y noticias del Baixo Miño y Alrededores.

As actuacións realizadas neste espazo foron inauguradas o pasado sábado, contando coa presenza da Directora Xeral de Turismo da Xunta de Galicia

Infomiño.com

10/04/2017

Fuente: Infomiño.com

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto co o alcalde de O Rosal, Jesús María Fernández Portela, membros da corporación municipal e demáis convidados, participaron na xornada do sábado día 8 de abril de 2017na inauguración dos traballos de acondicionamento da área de recepción de visitantes dos Muíños de Folón e do Picón para os que a Xunta de Galicia destinou un total de 250.000 euros.
 

Habilitouse unha área de chegada, un aparcadoiro para turismos e autobuses, un punto limpo, aseos e unha zona de descanso

Os traballos realizados dotaron aos Muíños de Folón e do Picón dunha área de recepción de visitantes, da que ate o de agora carecía. A intervención incluíu a creación dunha área de chegada, dunha zona de aparcadoiro para turismos e autobuses e dun punto limpo para que os visitantes deixen recollidos os residuos que xeren durante a súa visita.

Así mesmo, realizouse un pequeno volume que acolle os aseos para uso dos visitantes e tamén se acondicionou unha zona para charlas ao aire libre e descanso. Desta maneira, ademais de visitar o conxunto mediante unha ruta circular, pódense realizar actividades complementarias e relacionadas co ocio e co turismo neste espazo natural.

A directora de Turismo de Galicia asegurou que esta mellora permite poñer en valor este conxunto patrimonial, declarado Ben de Interese Cultural, que constitúe un complexo histórico, etnográfico e industrial único en Europa

   Fotos de Jorge Alonso Daldea
 

As actuacións realizadas neste espazo foron inauguradas o pasado sábado, contando coa presenza da Directora Xeral de Turismo da Xunta de Galicia