Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies cerrar

Especial - Tomiño renova a súa identidade gráfica e estrea páxina web

A nova identidade institucional e a nova web foron presentadas este venres no Salón de Plenos do Concello de Tomiño

Infominho - Especial - Tomiño renova a súa identidade gráfica e estrea páxina web - INFOMIÑO - Informacion y noticias del Baixo Miño y Alrededores.

A nova identidade institucional e a nova web foron presentadas este venres no Salón de Plenos do Concello de Tomiño

J. Alonso/Infomiño.com

10/06/2017

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

O Concello de Tomiño vén de presentar a que será a súa nova identidade gráfica e unha páxina web totalmente renovada.

A alcaldesa, Sandra González, presentou no Salón de Plenos, o novo logo do Concello, nunha clara aposta pola renovación e a adecuación ás novas tendencias. En primeiro lugar, a rexedora referiuse ao novo logo, deseñado por Xosé Teiga, no que están representados conceptualmente os trazos máis característicos do municipio, coma por exemplo, o río Miño, as persoas, a ponte internacional e a relación con Vila Nova de Cerveira; o medio natural, a paisaxe, a economía..."Todo isto constrúe graficamente unha identidade propia e unha marca contemporánea, moderna e definida".

A nova web municipal, que integra tamén a nova imaxe, supón un cambio substancial na presencia dixital do Concello, cunha páxina atractiva, actual, limpa e sinxela para o usuario.

Entre as melloras técnicas que supón o novo portal municipal, é de salientar o feito de estar aloxada con tecnoloxía SSD de alta velocidade, o que axilizará o seu uso aínda con conexións a internet limitadas.

Ademais, optimízase a adaptación da páxina a dispositivos móbiles, tendo en conta a tendencia crecente dos usuarios a navegar con táblets e smartphones. 

www.tomino.gal

Por outra banda, o xeito de amosar e organizar os contidos cambia totalmente, mudando a unha estrutura máis sinxela e intuitiva, e polo tanto máis accesible para as veciñas e veciños.
Coa nova web o Concello reforza a súa presenza en redes sociais e multiplica as canles de comunicación cidadá, co fin de achegar cada vez máis a Administración Local á cidadanía.

Tal e como destacou a alcaldesa, a publicación da nova web non e o final dun proceso, senón o primeiro paso na mellora da presenza dixital do Concello de Tomiño nas redes sociais (Facebook, Instagram, Flickr, etc.). "Unha web que nos vindeiros meses crecerá da man da cidadanía, é dicir, que seguirá crecendo nas vindeiras semanas, e a poboación participará neste proceso, xa que se habilitará un buzón dixital de suxestións para que veciñas e veciños, fagan chegar as súas opinións, reclamacións e propostas".

A alcaldesa de Tomiño referiuse, asemade, a dous aspectos moi importantes para o goberno. A elaboración da nova web faise coincidir coa implementación da administración electrónica no Concello, que en breve, comezará a funcionar. Ademais, o novo portal incorpora un "Xestor de Incidencias", que permitirá, cando comece a funcionar, unha xestión máis eficaz e coordinada das incidencias que se produzan no municipio.

   Fotos de Jorge Alonso Daldea
 

A nova identidade institucional e a nova web foron presentadas este venres no Salón de Plenos do Concello de Tomiño