Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies cerrar

Especial - A Feira do Viño do Rosal cumpre 25 anos

A programación de actividades foi presentada á prensa este venres

Infominho - Especial - A Feira do Viño do Rosal cumpre 25 anos - INFOMIÑO - Informacion y noticias del Baixo Miño y Alrededores.

A programación de actividades foi presentada á prensa este venres

J. Alonso/Infomiño.com

30/06/2017

• 17:30

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

Este ano celébrase a XXV Feira do Viño do Rosal, que unha vez máis reúne na Praza do Calvario a numerosas empresas vitícolas xa consolidadas e outras máis novas en período de crecemento. Esta feira ten un dobre obxectivo de promoción empresarial, por un lado, e de promoción turística, por outro.

A  XXV Feira do Viño do Rosal, celebrarase os días 14, 15 e 16 de xullo na Praza do Calvario, reunindo á maioría das adegas pertencentes a subzona do Rosal.

A feira que está consolidada recibe anualmente, segundo os datos dos últimos anos, unha media de 30.000 visitas que degustan os viños que se producen nesta comarca, amparados na denominación de orixe Rías Baixas, pero tamén desfrutan dunha gran variedade de produtos típicos da zona e actividades paralelas que completan a oferta lúdica neses días centrais do mes de xullo.

A Inauguración levarase a cabo o venres 14, ás 20:00 horas, na Praza do Calvario, onde a persoa encargada de inaugurar a Feira será o Presidente do Consello Superior de Deportes, D. Jose Ramón Lete Lasa e a encargada de facer o pregón este ano será a bodegueira Rosa Ruíz Puga, das Adegas Santiago Ruíz.

Este ano con motivo da XXV edición dende a organización quixemos darlle un novo impulso a feira invertindo, un pouco máis se cabe, en diferentes aspectos da feira como a realización de programas de man, ampliación da publicidade con colocación de varias vallas publicitarias, banderolas, lonas, carteis por todo o baixo miño e valmiñor, importante inversión na ambientación musical e iluminación da feira, renovación do eido musical. (Música tradicional galega a mediodía e música dos 80's e 90's pola tarde-noite), introducción de novas actividades como o monólogo do sábado pola tarde, mención especial a exposición de carteis das XXV edicións da feira do viño do Rosal e os 1.500 cataviños serigrafiados exclusivamente para a ocasión, ampliación do servizo de bus á feira dente Baiona e Tui sumándo se o xa existente da Guarda e novas incorporacións (stand de Cazapitas).

O cartel da XXV Feira do Viño é obra de Ana Cividanes.

Stands: 10 adegas, 1 de produtos vexetais, 1 de froitos do Rosal concretamente do Mirabel produto único na nosa zona, 1 obrador, 1 destilería e Consello Regulador da D.O. Rías Baixas.

  1. Pedregales
  2. Gaudila
  3. Altos de Torona
  4. Gran Novás
  5. Quinta Couselo
  6. Santiago Ruiz
  7. Lagar de Cervera
  8. Valmiñor
  9. Terras Gauda
  10. A Rosaleira; productos vexetais envasados.
  11. Ginabelle
  12. Pazo Valdomiño
  13. Cazapitas
  14. Rosabeles
  15. Mirabel do Rosal - Cervexa Mirabel Alén do Val
  16. Consello Regulador e Ruta do Viño Rias Baixas

Este ano seguiremos contando con restauradores da zona cunha carpa de 10 x 15 metros cunha capacidade de ata 260 persoas onde poder degustar os productos típicos da nosa contorna a cargo de: Restaurante Xantar, Restaurante As Brasas, Restaurante Xeito, Mª Dolores Álvarez González, Pastelería Montserrat e Pulpería Tere.

Ademáis da xa habitual distribución de mesas altas (barriles) e mesas e sillas, tratando de encher toda a praza con 100 mesas altas e 100 mesas baixas, mellorando o servizo e comodidade dos asistentes.

Contaremos cun stand de información na praza do Calvario, na que un grupo de persoas voluntarias ofrecerán información sobre á feira, o seu horario, o servizo de autobús, e os lugares de interés do Rosal e arredores.

Actuacións musicais:

  • Venres, a partir das 23:00: Grupo Terapia de Grupo
  • Sábado a partir das13:30 Grupo de música tradicional galega "Grupo de Gaitas Airiños do Folón"
  • Sábado, a partir das 23.00 Grupo  San Rockers
  • Domingo, a partir das 13:30 Grupo de música tradicional galega "O Trebón dos Xidos"
  • Domingo, a partir das 20:30 horas: Grupo La Patrulla
Outras actividades:

Este ano repetiremos como nas pasadas edicións e despois da demanda xurdida ó longos destes anos de inchables e de obradoiros de maquillaxe para nenos e outras actividades paralelas para entreter ós máis pequenos.

Ademais contaremos cunha nova edición da 10K,  andaina e carreira de nenos.

O monólogo a cargo do cómico galego Pepo Suevos o sábado pola tarde no auditorio.

E como non, as exposicións culturais e filatélica que se organizan de xeito exitoso durante a celebración da feira do viño.

Transporte ampliado a Tui e Baiona

Unha das novidades desta XXV edición é a ampliación do servizo de transporte entre O Rosal, Baiona e Tui, ademais do da Guarda que xa se viña realizando dende hai anos. O prezo oscilará entre 1€ e 2€ dependendo do trayecto.

PROGRAMA DA FEIRA 2017

Venres, 14 de xullo de 2017

20.00 Inauguración a cargo do Presidente del Consejo Superior de Deportes, D. José Ramón Lete Lasa.

20.10 Pregón a cargo da bodegueira Rosa Ruíz Puga

20.30 Visita ós expositores e degustación de viños do Rosal

23.00 Actuación musical a cargo de "Terapia de Grupo" (ver anexo)

02:00 Peche da Feira

Sábado, 15 de xullo de 2017

11:00 Carreira de nenos

13:30 Grupo de música tradicional galega "Grupo de Gaitas Airiños do Folón"

20:00 Monólogo no auditorio a cargo dun dos cómicos máis coñecidos do panorama galego, de Pepo Suevos, monólogo onde relacionará o deporte co viño do Rosal. 

Venta anticipada en diferentes puntos de venta.

23.00 Actuación musical a cargo do grupo "San Rockers" (ver anexo)

02:00 Peche da Feira

Domingo, 16 de xullo de 2017

10:00 Andaina 10k

11:00 Carreira 10K

13:30 Grupo de tradicional galega "O Trebón dos Xidos"

18:30 Actuación musical a cargo do grupo "La Patrulla" (ver anexo)

24:00 Clausura da Feira

EXPOSICIÓNS do 14 ao 25 de xullo na Sala de Exposicións do Concello e local anexo. En horario de luns a venres: de 11:00 a 13:00 horas e os Sábados, domingos e festivos: de 11 a 13:00 e de 20 a 22 horas.                                                                                                                                   

Mostras de Escultura, Pintura, Fotografía e Carteis anunciadores destes XXV anos de Feira.

XIV Mostra Numismática e Filatélica do Grupo "Val do Rosal" que este ano en conmemoración da XXV edición da feira do viño editaron un matasellos e sello para a ocasión.

   Fotos de Jorge Alonso Daldea
 

A programación de actividades foi presentada á prensa este venres