Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies cerrar

Especial - A Guarda amosa a súa historia mediante visitas teatralizadas

As visitas teatralizadas repetiránse semanalmente durante todo o verán ata o vindeiro 7 de setembro.

Infominho - Especial - A Guarda amosa a súa historia mediante visitas teatralizadas - INFOMIÑO - Informacion y noticias del Baixo Miño y Alrededores.

Os actores protagonistas, Lucho Penabade e Tero Rodríguez, deron vida a dous personaxes influentes da Guarda de 1930

J. Alonso/Infomiño.com

14/07/2017

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

 

O xoves 13 de xullo, comezou na vila da Guarda a programación de visitas teatralizadas que se repetirá semanalmente durante todo o verán ata o vindeiro 7 de setembro.

Esta actividade pretende amosar a nosa historia e patrimonio dun xeito ameno e diferente, conxugando a técnica teatral coa divulgación do noso pasado. As visitas realizadas pola compañía Os Quinquilláns, percorreron o centro histórico, comezando ás 21.30h. na Praza da Igrexa, para continuar o itinerario pola Praza do Reló, rúa Colón, rúa Baixo Muro, rúa José María Lomba Peña, rúa Malteses, para chegar ó Porto da Guarda.

Os actores protagonistas, Lucho Penabade e Tero Rodríguez, deron vida a dous personaxes influentes da Guarda de 1930. Neste momento, coincidindo coa celebración da chegada do primeiro guardés a Porto Rico, deciden congregar á poboación no centro da vila para gravar unha película que remitirán á sociedade guardesa en América. A través deste fío condutor a compañía fai unha intensa labor de amosar os diferentes monumentos e lugares emblemáticos do centro da Guarda. Pero por se isto fora pouco, o espectáculo agocha sorpresas musicais coa intervención de músicos destacados como Paco Nogueiras ou o dúo Barahunda. Todos estes ingredientes fan desta actividade unha proposta diferente, divertida e como xa se demostrou nesta primeira cita, moi participativa. 

   Fotos de Sara Carrera Coímbra
 

  As visitas teatralizadas repetiránse semanalmente durante todo o verán ata o vindeiro 7 de setembro.