Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies cerrar

Especial - Visita guiada ao Monte Tetón de Tomiño

A primeira saída tivo lugar este mércores día 12 de xullo

Infominho - Especial - Visita guiada ao Monte Tetón de Tomiño - INFOMIÑO - Informacion y noticias del Baixo Miño y Alrededores.

A primeira saída tivo lugar este mércores día 12 de xullo

J. Alonso/Infomiño.com

14/07/2017

• 00:37

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

A nova edición do ciclo "Tomiño Único", organizado pola Concellalía de Turismo do Concello de Tomiño, que dirixe Fátima Rodríguez, propón para este verán tres rutas diferentes para coñecer o patrimonio natural, etnográfico e histórico do municipio, da man de expertos guías que acompañarán ás persoas apuntadas.

A primeira saída tivo lugar este mércores día 12 de xullo coa "Arte rupestre, visita nocturna aos petróglifos do Monte Tetón". Os asistentes reuníronse no Alto do Padrón (extrema entre Tomiño e Gondomar).

Fátima Rodríguez indica que estas rutas teñen coma finalidade dar a coñecer e por en valor o patrimonio natural, paisaxístico, artístico e etnográfico de Tomiño, a través de percorridos de dificultade media e duración aproximada de 3 horas, destinados a público familiar.

   Fotos de Sara Carrera Coímbra
 

  A primeira saída tivo lugar este mércores día 12 de xullo