Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies cerrar

O Concello convoca, co apoio do Obradoiro de Emprego, o I Concurso de Fotografía -Tomiño nun click-

A concellería de Turismo e Mocidade convoca este concurso, cuxo prazo de recepción de traballos, será do 1 ao 28 de abril

Infominho - O Concello convoca, co apoio do Obradoiro de Emprego, o I Concurso de Fotografía -Tomiño nun click- - INFOMIÑO - Informacion y noticias del Baixo Miño y Alrededores.

A concellería de Turismo e Mocidade convoca este concurso, cuxo prazo de recepción de traballos, será do 1 ao 28 de abril

Concello de Tomiño

24/04/2017

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello convoca, co apoio do Obradoiro de Emprego, o I Concurso de Fotografía "Tomiño nun click".

Co obxectivo de reflectir os principais valores e recursos naturais de Tomiño, o seu patrimonio cultural e ofrecer novas olladas sobre os recunchos con encanto, nace o concurso de fotografía "Tomiño nun click".

O certame premiará as mellores imaxes que amosen a riqueza natural e cultural do municipio, e os traballos presentados poderán chegar a formar parte dunha exposición fotográfica.

A Concellalía de Turismo e Mocidade, que dirixe Fátima Rodríguez, convoca este concurso, cuxo prazo de recepción de traballos, será do 1 ao 28 de abril.

No marco do proxecto do Obradoiro de Emprego "Dinamización Turística do Concello de Tomiño", programouse o deseño e desenvolvemento deste primeiro concurso de fotografía turística.

O alumnado do obradoiro, das dúas especialidades que se imparten (Turismo e Deseño páxinas web), elaborou as bases, cartaces, páxina web e demais elementos gráficos do concurso, e seguirá a traballar nas actividades e difusión do evento ata a súa resolución.
Dada a importancia que a internet e as redes sociais teñen na actualidade, o concurso "Tomiño nun Click" terá tamén reflexo en Facebook e Instagram.

As bases do concurso poden consultarse na web www.tomino.gal/obradoiro/fotografia .

  • Rellene todos los campos del siguiente formulario y escriba en el cuadro habilitado las letras y/o números que salen en la imagen para contactar de manera más rápida y segura, y así poder resolver sus cuestiones.

    Gracias por su confianza en Infominho
  • captcha Recargar captcha CONDICIONES: El usuario acepta que los datos enviados mediante este formulario serán gestionados únicamente por Infomiño Noticias Baixo Miño que no compartirá dicha información salvo consulta previa al usuario. En cualquier momento el usuario puede solicitar la baja de sus datos en nuestra base de datos.