
BIOGRAFÍA DE VI...
ESPECIAL - XXI ...
ESPECIAL - CONC...
ESPECIAL - A AG...inicio contacto imprimir mapa web webmail

| < mayo > | < 2012 > | ||||||||
| L | M | X | J | V | S | D | |||
| 1 Bases xerais e convocatoria pública de dúas bolsas de colaboración para a realización de tarefas de información en oficinas de turismo do concello do rosal. | 2 Con motivo de la Feria de Artesanía que se celebra estos días en Tui, las asociaciones Aceesca, Alento, Avelaiña, Cogami, San Xerome y Vontade, organizan Mercado Solidario, para propiciar y fortalecer la inclusión social de personas con discapacidad. | 3 Con motivo de la Feria de Artesanía que se celebra estos días en Tui, las asociaciones Aceesca, Alento, Avelaiña, Cogami, San Xerome y Vontade, organizan Mercado Solidario, para propiciar y fortalecer la inclusión social de personas con discapacidad. | 4 Esta mostra reúne unha ampla colección particular de sombreiros e tocados diversos así como de diversos tipos de calzado empregados polas xentes de Galicia. | 5 O 17 de Maio o Rosal celebra o día das Letras Galegas na Praza do Calvario | 6 O 17 de Maio o Rosal celebra o día das Letras Galegas na Praza do Calvario | ||||
| 7 O 17 de Maio o Rosal celebra o día das Letras Galegas na Praza do Calvario | 8 Prazo de inscripción ata o 13 de Maio ou ata agotar as prazas dispoñibles | 9 Prazo de inscripción ata o 13 de Maio ou ata agotar as prazas dispoñibles | 10 O acto vai dirixido a cidadanía en xeral e en particular aos afectados pola estafa financieira | 11 Programación da Concellería de Cultura do Concello de A Guarda para o mes de Maio de 2012 | 12 Programación da Concellería de Cultura do Concello de A Guarda para o mes de Maio de 2012 | 13 Por lo tanto el Sporting Guardés necesita, en primer lugar ganar el partido ( con la diferencia de un gol llegaría) | |||
| 14 OFERTA DE EMPLEO Convócase proceso de selección para a contratación laboral temporal de dúas prazas de Auxiliar da Policía Local do Concello de Tui. | 15 Esta exposição revive o espirito militar da Fortaleza de Valença numa casamata repleta de histórias das vivências militares | 16 Esta exposição revive o espirito militar da Fortaleza de Valença numa casamata repleta de histórias das vivências militares | 17 Na gran celebración da nosa lingua e literatura, instituída pola Real Academia Galega cada 17 de maio, e que este ano acada a súa quincuaxésima edición, a Xunta de Galicia acordou sumarse á homenaxe correspondente ao Día das Letras Galegas de 2012. | 18 Com workshop's, percursos interpretativos, tertúlias e aulas de arqueologia, nos três centros históricos. | 19 O vindeiro sabado día 19 o CLUB CICLISTA O ROSAL vai organizar o XXI TOFEO PISTA DE AS FAIAS no circuito do mesmo nome en Tabagón. | 20 Este Domingo no Campo Municipal de Oia | |||
| 21 Promovido polas concellerías de Conxunto Histórico e Parques e Xardíns | 22 Na Galería de Arte Camiñense - Praza Conselleiro Silva Torres, Caminha | 23 Na Galería de Arte Camiñense - Praza Conselleiro Silva Torres, Caminha | 24 Na Galería de Arte Camiñense - Praza Conselleiro Silva Torres, Caminha | 25 Na Galería de Arte Camiñense - Praza Conselleiro Silva Torres, Caminha | 26 A Operação Forte Valença contou com o apoio da Câmara Municipal de Valença, da Federação Portuguesa de Krav Maga e da empresa O Caleiro. | 27 Ás 18:30h da tarde no Auditorio Municipal de O Rosal | |||
| 28 Promovido polas concellerías de Conxunto Histórico e Parques e Xardíns | 29 Las acciones a desarrollar, muy novedosas y diferentes, serán en beneficio del Río Miño | 30 Las acciones a desarrollar, muy novedosas y diferentes, serán en beneficio del Río Miño | 31 Las acciones a desarrollar, muy novedosas y diferentes, serán en beneficio del Río Miño | ||||||

Fecha: 17/02/2012
Fuente: www.xunta.es
O feito de que Galicia xa saíra da recesión en 2010, mentres que España continuaba en negativo, explican que o PIB en 2011 fose lixeiramente inferior á media
Precisamente
o feito de que Galicia xa saíra da recesión en 2010, mentres que España
continuaba en negativo, no -0,1%, explican que o PIB galego en 2011
fose lixeiramente inferior, dúas décimas, á media. Non obstante, o IGE
prevé que a Comunidade galega recuperará este ano a converxencia e terá
un mellor comportamento que España en 2012.
No cuarto trimestre do pasado exercicio o PIB galego e o español evolucionaron de xeito paralelo e caeron un 0,3% en relación ao trimestre anterior.
Demanda
No
cuarto trimestre de 2011, a achega da demanda en termos nacionais ao
crecemento do PIB foi de -1,9 puntos porcentuais, sete décimas superior á
contribución do trimestre anterior. O gasto en consumo final presenta
un descenso do 1,8%, dúas décimas inferior ao rexistrado no trimestre
precedente, o apartado da formación bruta de capital rexistra tamén un
descenso do 1,8%, inferior en 1,8 puntos ao retroceso observado no
terceiro trimestre. A contribución do sector exterior é de 2,2 puntos
porcentuais.
O gasto en consumo final dos fogares e institucións sen fins de lucro ao servizo dos fogares decrece un 1,4% no cuarto trimestre de 2011, cinco décimas inferior ao descenso que experimentou no trimestre anterior. No mesmo período, o gasto en consumo final das administracións públicas descende tres décimas menos que a taxa observada no trimestre anterior quedando no -3,5%.
A formación bruta de capital mostra un ritmo de caída inferior ao do trimestre anterior, descendeu un 1,8% neste trimestre. Os indicadores que rexistran menores descensos que no trimestre anterior son a inversión en construción residencial e a produción industrial de bens de equipo, que reduce seis décimas o seu descenso.
No cuarto trimestre de 2011 a achega da demanda externa neta foi de 2,2 puntos. As exportacións presentan un crecemento do 4,1%, 4,4 puntos porcentuais máis que no trimestre precedente; as destinadas a outros países, que en setembro rexistraran un descenso do 12,9%, volveron a retomar os fortes crecementos de principios de ano en outubro e novembro; este crecemento compensa a atonía da demanda do resto de España e a caída do gasto dos non residentes. Pola súa parte, as importacións caeron un 0,2%, o que supón un aumento de 5,3 puntos sobre o descenso do trimestre anterior.
En
termos anuais, a demanda en termos nacionais achegou 2,1% puntos
negativos en 2011. As exportacións creceron un 4,4% e as importacións
caeron un 0,7%.
Oferta
Dende a
perspectiva da oferta, no cuarto trimestre de 2011 os crecementos
interanuais son positivos no sector primario e nos servizos; mentres que
as enerxéticas e industriais diminúen o seu ritmo de descenso e a
construción eleva levemente a taxa negativa do trimestre anterior.
As ramas agraria, gandeira e pesqueira presentan un crecemento do 3,3%, superior en 1,7 puntos ao do terceiro trimestre. As enerxéticas rexistran un decrecemento do 0,9%. No caso das ramas industriais obtense unha taxa de variación interanual superior en 3,4 puntos á taxa do trimestre anterior.
A taxa de crecemento do sector da construción foi do -2,2%, dúas décimas inferior ao rexistro no trimestre anterior. Por último, neste trimestre o sector dos servizos presenta un crecemento interanual do 0,5%. Os servizos de mercado acadan un crecemento do 0,6% e os servizos non de mercado creceron un 0,5%.
No conxunto do ano 2011, presentan crecementos positivos as ramas agraria e pesqueira e as de servizos. Comparando co ano anterior melloran as ramas de servizos e a construción. Os servizos non de mercado creceron un 1,3% en 2011, cinco décimas por enriba do crecemento do ano anterior, os servizos de mercado melloran sete décimas con respecto ao crecemento do ano 2010 ao rexistrar un crecemento do 1,4%.
Emprego
O
emprego, medido en termos de postos de traballo equivalentes a tempo
completo, decreceu no cuarto trimestre deste ano un 2,1%, tres décimas
menos que no trimestre anterior.
No ano 2011 o número medio de postos de traballo equivalentes a tempo completo foi de 1.077.154. Os servizos non de mercado presentan taxas positivas. A variación con respecto ao ano 2010 da produtividade aparente do factor traballo sitúase no 2,6%, en 2010 a produtividade crecera un 2,3%.
Fotos: Ana Varela
Danos tu opinión
¿Cómo conociste Infomiño.com?
© www.infomiño.comC/Vicente Sobrino nº24 1º - 36780 A Guarda - Pontevedra Teléfono: 617 583 508 Fax: 986 62 63 79 [ LOPD ]