
BIOGRAFÍA DE VI...
ESPECIAL - XXI ...
ESPECIAL - CONC...
ESPECIAL - A AG...inicio contacto imprimir mapa web webmail

| < mayo > | < 2012 > | ||||||||
| L | M | X | J | V | S | D | |||
| 1 Bases xerais e convocatoria pública de dúas bolsas de colaboración para a realización de tarefas de información en oficinas de turismo do concello do rosal. | 2 Con motivo de la Feria de Artesanía que se celebra estos días en Tui, las asociaciones Aceesca, Alento, Avelaiña, Cogami, San Xerome y Vontade, organizan Mercado Solidario, para propiciar y fortalecer la inclusión social de personas con discapacidad. | 3 Con motivo de la Feria de Artesanía que se celebra estos días en Tui, las asociaciones Aceesca, Alento, Avelaiña, Cogami, San Xerome y Vontade, organizan Mercado Solidario, para propiciar y fortalecer la inclusión social de personas con discapacidad. | 4 Esta mostra reúne unha ampla colección particular de sombreiros e tocados diversos así como de diversos tipos de calzado empregados polas xentes de Galicia. | 5 O 17 de Maio o Rosal celebra o día das Letras Galegas na Praza do Calvario | 6 O 17 de Maio o Rosal celebra o día das Letras Galegas na Praza do Calvario | ||||
| 7 O 17 de Maio o Rosal celebra o día das Letras Galegas na Praza do Calvario | 8 Prazo de inscripción ata o 13 de Maio ou ata agotar as prazas dispoñibles | 9 Prazo de inscripción ata o 13 de Maio ou ata agotar as prazas dispoñibles | 10 O acto vai dirixido a cidadanía en xeral e en particular aos afectados pola estafa financieira | 11 Programación da Concellería de Cultura do Concello de A Guarda para o mes de Maio de 2012 | 12 Programación da Concellería de Cultura do Concello de A Guarda para o mes de Maio de 2012 | 13 Por lo tanto el Sporting Guardés necesita, en primer lugar ganar el partido ( con la diferencia de un gol llegaría) | |||
| 14 OFERTA DE EMPLEO Convócase proceso de selección para a contratación laboral temporal de dúas prazas de Auxiliar da Policía Local do Concello de Tui. | 15 Esta exposição revive o espirito militar da Fortaleza de Valença numa casamata repleta de histórias das vivências militares | 16 Esta exposição revive o espirito militar da Fortaleza de Valença numa casamata repleta de histórias das vivências militares | 17 Na gran celebración da nosa lingua e literatura, instituída pola Real Academia Galega cada 17 de maio, e que este ano acada a súa quincuaxésima edición, a Xunta de Galicia acordou sumarse á homenaxe correspondente ao Día das Letras Galegas de 2012. | 18 Com workshop's, percursos interpretativos, tertúlias e aulas de arqueologia, nos três centros históricos. | 19 O vindeiro sabado día 19 o CLUB CICLISTA O ROSAL vai organizar o XXI TOFEO PISTA DE AS FAIAS no circuito do mesmo nome en Tabagón. | 20 Este Domingo no Campo Municipal de Oia | |||
| 21 Promovido polas concellerías de Conxunto Histórico e Parques e Xardíns | 22 Na Galería de Arte Camiñense - Praza Conselleiro Silva Torres, Caminha | 23 Na Galería de Arte Camiñense - Praza Conselleiro Silva Torres, Caminha | 24 Na Galería de Arte Camiñense - Praza Conselleiro Silva Torres, Caminha | 25 Na Galería de Arte Camiñense - Praza Conselleiro Silva Torres, Caminha | 26 A Operação Forte Valença contou com o apoio da Câmara Municipal de Valença, da Federação Portuguesa de Krav Maga e da empresa O Caleiro. | 27 Ás 18:30h da tarde no Auditorio Municipal de O Rosal | |||
| 28 Promovido polas concellerías de Conxunto Histórico e Parques e Xardíns | 29 Las acciones a desarrollar, muy novedosas y diferentes, serán en beneficio del Río Miño | 30 Las acciones a desarrollar, muy novedosas y diferentes, serán en beneficio del Río Miño | 31 Las acciones a desarrollar, muy novedosas y diferentes, serán en beneficio del Río Miño | ||||||

Fecha: 03/05/2011
Fuente: Infomiño.com
Luis Giráldez Giráldez encabeza a lista do PSdG-PSOE de O Rosal
- Nombre completo: Luis Giráldez Giráldez
- Profesión actual o última ocupación: Enxeñeiro Técnico Agrícola e Responsable Comarcal de Unións Agrarias-UPA
- Edad: 37
- Lugar de nacimiento: Oia
- Lugar de Residencia: Fornelos, O Rosal
2. ¿Quienes componen la candidatura de su partido en estas elecciones municipales?
1. Luis Giráldez Giráldez
2. Pilar Álvarez Rodríguez
3. Alicia Uris Barbosa
4. Pablo Álvarez Alonso
5. Sonia Cerqueira Vidal
6. María Dolores Otero Gómez
7. Manuel Vicente Vicente
8. Isabel Flores Costa
9. Eloy Villa Piedra
10. Concepción Alonso Rodríguez
11. Evaristo Vicente Díaz
12. Manuel Piedra Alonso
13. Milagros Amador Dacal
Suplente: David Gómez Cardoso
3. ¿En qué línea de trabajo se basa su proyecto de cara a las próximas elecciones?
O noso obxetivo é difundir a nosa labor durante os catro anos anteriores, para que os veciños vexan que estamos comprometidos con O Rosal dende sempre. Facerlle chegar o noso proxecto de futuro para o concello. Intentar que a xente colabore con nos de cara a realizar dito proxecto de futuro son os veciños quen teñen que dicir o que precisa O Rosal.
4. ¿Qué expectativas pretenden conseguir en estos comicios electorales?
Eu creo que os veciños de O Rosal son moi conscientes de que a alternancia política é moi saudable por iso pensamos que é hora dun cambio e para levalo adiante necesitamos acadar a máxima representación posible para ter así opcións de gobernar o concello de O Rosal
5. ¿Qué acciones en materia de infraestruturas marcan como prioritarias para su Concello? ¿Y para el Baixo Miño?
O falar de infraestruturas a todos se nos ven a cabeza o vial e o parque empresarial.
O vial, xa posto en marcha, instaremos para que se remate no menor tempo posible, para elo que liciten dunha vez o tramo de Tomiño que segue igual que fai dous anos non se fixo mais co que deixou feito o goberno bipartito.
O parque empresarial, a Xunta de Galicia anulouno e non nos parece razoable a desculpa que pon, "non hai demanda", entendemos que o parque ten que estar preparado para cando haxa demanda, non podemos esperar a demanda para pornos outros 12 anos con tramites burocráticos.
Pero temos moitas máis necesidades en materia de infraestruturas que nos poremos en marcha.
En primeiro lugar dotar de beiraruas e carril bici a estrada de Fornelos-A Guarda e á estrada de Tabagón-Eiras ademáis de algún que outro punto que quedou illado.
Hai que terminar o saneamento quedan zoas puntuais para conectar e que a zoa de Sanxian e Portecelo.
Levarase a cabo a creación dunha zoa de ocio en Barbuntin, con zoas para futuras instalación coma pode ser un polideportivo, un novo centro de saúde, pistas deportivas e un aparcadoiro ben acondicionado.
Para elo haberá que modificar o PXOM e habilitar zoas que agora non o están para tales usos.
6. ¿Qué políticas sociais y culturais llevarán a cabo si ganan las Elecciones Municipales de 2011?
Crearemos a concellería de muller e familia dende a que se apoiará ás mulleres emprendedoras e ós programas destinados á conciliación da vida laboral e familiar.
Apoiaremos a contración de persoas discapacitadas ou con minusvalías, así como a colaboración con coas asociacións de discapacitados e minusvalidos.
Crearemos o museo etnográfico municipal
Fomentaremos e apoiaremos as distintas entidades culturais.
Mellorase o programa de axuda a domicilio e crearase un servizo de comida a domicilio para os necesitados e marxinados
7. ¿Qué impresión tiene sobre el Concello? ¿Cómo lo definiría brevemente?
Creo que O Rosal e un pobo moi participativo a nivel persoal, a xente está implicada en moitas cousas e actividades, só temos que ver a cantidade de asociacións e clubs que temos en comparación con outros concellos con maiores posibilidades ca nos.
Deportivamente temos representación en tódolos ámbitos.
Culturalmente tamén.
En Historia e costumes vimos pelexando para que non se perdan as tradicións, aínda que estes últimos anos estase a perder terreo fronte a outros concello en celebracións puntuais coma poden ser o Desfile de Entroido e as Festas do Pilar.
Temos unhas festas gastronómica típicas as que temos que potenciar, a da Solla e a do Viño, teríamos que ver que pasa coa lamprea, co meixón, co percebe, co mirabel e ca horta de O Rosal, temos moitas posibilidades para potenciar estes produtos típicos do noso pobo.
E por último gustaríame resaltar unha das principais cualidades deste concello coma é o clima, por elo este é un val no que a agricultura ten certas ventaxas con outras comarcas, e nela debemos de facer un dos puntos fortes do concello, temos que buscar a maneira de que os veciños poidan vivir dignamente dunha produción agrícola moi diferenciada da de outras zoas de Galicia.
8. A nivel local, ¿Qué tipo de medidas se pueden llevar a cabo desde la corporación municipal de cara a afrontar la actual crisis económica?
Xa o veño contestando durante esta entrevista.
A creación dun parque empresarial xa, non deixemos marchar as poucas empresas que temos para fora.
Apremiar as obras do vial para estar ben comunicados, isto é clave para a nosa saúde laboral e empresarial. E tamén para a nosa saúde propiamente dita.
E temos potenciar a agricultura local, a flor, a horta e o viño principalmente pero tamén a planta ornamental, e os mirabeis. Estase perdendo moita produción local en detrimento dunha produción de fora, hai que axudar os produtores pero tamén crear condicións ventaxosas para a industria e a distribución dos nosos produtos. Como podería ser a creación dun mercado local.
9. A nivel personal, ¿Se siente preparado para encabezar el grupo de gobierno municipal si su partido gana las elecciones municipales 2011? ¿Qué motivos o aspiraciones le influyen para presentarse como candidato/a? ¿Qué político o persona importante de la historia admira o le inspira?
Obvimente síntome capacitado senón non o faría.
Os motivos son variados, en primeiro lugar é unha vocación de facer polo pobo, de axudar a xente, de facer para que as cousas funcionen aínda que isto leve consigo un sacrificio persoal.
En segundo lugar e que vemos que as cousas non se fan ben, non se está axudando os xovenes en materia de emprego, nin vivenda. Non se está favorecendo o comercio local, nin as empresas locais. Estase favorecendo a xente afín o Partido Popular, en temas de contratación de persoal, de compra de produtos, contratacións de servizos, etc.. temos que corrixir isto e ser o máis neutrais posible.
Unha persoa a que admiro e que creo que foi quen puxo en marcha a unha sociedade moderna coma somos hoxe en día é a Felipe González. Con el, cos seus acertos e os seus error, a sociedade española hoxe en día púxose o nivel dos nosos veciños europeos, creou as bases dunha sociedade do ben estar, sanidade, educación e pensións. Segue sendo un referente a nivel mundial e a historia lle está dando a razón, foi uns dos mellores lideres o servizo dos españois.
10. ¿Qué le diría a sus posibles votantes o simpatizantes?
Eu lle pediría que confíen no grupo municipal socialista de O Rosal, que somos a alternativa de goberno, que a alternancia política é o mais saudable nunha democracia, que nos deixen por en marcha as nosas ideas.
O Rosal leva demasiados anos nas mans dun grupo de xente que mira polo seu, que confunde favores con obrigacións. Isto temos que cambialo entre todos, non podemos quedar na casa a esperar a ver que pasa temos que saír e participar na vida do concello, elixir os nosos representantes, darlles confianza e algo de tempo e O Rosal será moito mellor para todos.
Danos tu opinión
¿Cómo conociste Infomiño.com?
© www.infomiño.comC/Vicente Sobrino nº24 1º - 36780 A Guarda - Pontevedra Teléfono: 617 583 508 Fax: 986 62 63 79 [ LOPD ]