Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Impacto do covid-19 sobre o territorio do río miño transfronteirizo

Analizar o impacto socioeconómico que en ambas as beiras do Río Miño están a producir a pandemia do COVID-19, as declaracións do estado de alarma en España e o estado de emerxencia en Portugal, así como o peche da fronteira

Impacto do covid-19 sobre o territorio do río miño transfronteirizo

Fecha: 05 de Mayo de 2020

Fuente: AECT Rio Minho

Os presidentes das câmaras municipais de Melgaço, Monçao, Paredes de Coura, Valença, Vila Nova de Cerveira e Caminha, pertencentes á Comunidade Intermunicipal do Alto Minho (Portugal); e os alcaldes e alcaldesas dos concellos de A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Salvaterra e As Neves, pertencentes á provincia de Pontevedra, Comunidade Autónoma de Galicia (España), reunidos onte día 28 de abril, convocados polo Agrupamento de Cooperación Territorial do Río Miño Transfronteirizo (AECT RIO MINHO), para analizar o impacto socioeconómico que en ambas as beiras do Río Miño están a producir a pandemia do COVID-19, as declaracións do estado de alarma en España e o estado de emerxencia en Portugal, así como o peche da fronteira,

MANIFESTAN QUE:

1º.- A crise provocada polo coronavirus COVID-19 desde o pasado mes de marzo, ten un considerable impacto sobre toda a sociedade. A proclamación do estado de alarma en España polo Real Decreto 463/2020 do 14 de marzo, e a proclamación do estado de emerxencia en Portugal polo Decreto do Presidente da República 14-A/2020 do 18 de marzo, afectan á cidadanía de cada beira do Río Miño transfronteirizo.
2º.- Por outra banda, a anulación temporal da supresión da fronteira, xusto cando se estaba a producir o 25 aniversario do Tratado de Schengen (26 de marzo de 2020), e a eliminación do tránsito en lugares de paso, supuxo unha limitación adicional para os e as habitantes deste territorio fronte ás da cidadanía que non vive realidades de contacto entre Estados da Unión Europea.
3º.- Nunha etapa na que se están a construír eurocidades, organismos compartidos, e sobre todo na que a vida cotiá das persoas, das familias e das empresas, se desenvolve indistintamente entre as dúas beiras do río, as limitacións poden, e de feito teñen, un impacto diferente neste territorio.
4º.- Tendo en conta que a fronteira do río Miño é a máis poboada entre España e Portugal, na que se produce a metade da mobilidade de vehículos entre ambos os Estados (o 44% dos vehículos durante o peche de fronteiras pasaron pola ponte Tui-Valença), e que está inserida no epicentro da eurorrexión Galiza-Norte de Portugal.
5º.- Tendo en conta que, desde o punto de vista sanitario, o restablecemento da fronteira non ten efectos relevantes sobre a saúde no territorio, posto que os municipios de ambos países pertencentes ao Río Miño Transfronteirizo teñen un impacto do COVID-19 máis reducido que noutros territorios próximos.
6º.- Confirmando que as comunicacións continúan sendo fluídas entre os representantes municipais de ambas as beiras do río e que o traballo municipal de integración destes anos está resultando unha garantía de resolución de circunstancias persoais, familiares e empresariais.
Queremos facer chegar ás autoridades dos Estados portugués e español as seguintes consideracións:
1º.- Consideramos necesario abrir de xeito inmediato novos pasos fronteirizos, cando menos para o tránsito das persoas traballadoras transfronteirizas, de xeito que non se penalice en tempo e diñeiro a súa mobilidade á hora de acudir ao seu posto de traballo.
2º.- Solicitamos, no caso de que se prolongue o control de fronteiras, que se valore a posibilidade de facilitar o paso de residentes entre concellos fronteirizos, nos mesmos termos de réxime xurídico e control da saúde pública que teñen no outro Estado.
3º.- Solicitamos aos Estados o restablecemento progresivo da libre circulación entre países cando rematen os estados de alarma español e portugués, condicionada ás limitacións de control da saúde pública.
4º.- Solicitamos aos estados que no proceso de desescalada haxa coordinación e equilibrio no levantamento das restricións entre ambos os países evitando partir en dous as eurocidades existentes e os territorios transfronteirizos en xeral.
5º.- Consideramos de utilidade a avaliación de danos económicos nos sectores máis afectados, tanto polos estados de alarma e emerxencia, como polo restablecemento temporal da fronteira, promovendo propostas de axuda e estudos de viabilidade, así
como a elaboración de políticas de apoio con participación dos axentes locais e dos actores socioeconómicos do territorio.
6º.- A quebra da actividade produtiva e comercializadora do sector primario, e singularmente da pesca de lamprea e da pesca marítima, deben constituír unha oportunidade para aplicar políticas de conservación e rexeneración dos recursos, que teñan efectos favorables na natureza e na xestión do recurso natural no futuro. Neste sentido, é importante pactar entre Estados unha dinámica única e coordinada, de conservación e de explotación, en termos de xustiza e de eficacia das políticas sobre o río e os recursos naturais comúns.
7º.- Solicitamos que se habiliten fondos suficientes da Unión Europea e dos Estados para paliar o dobre impacto producido pola pandemia nos territorios transfronteirizos, dado que estes supoñen o 40% do territorio da Unión e agrupan o 30% do total da súa poboación, e serán con certeza relevantes na recuperación económica pos-pandemia da Unión Europea.
8º.- O AECT Rio Minho, como axente institucional e xurídico compartido, e polo seu coñecemento sobre a realidade do terreo, é tamén o mellor instrumento para propoñer medidas conxuntas que non produzan desequilibrios entre ambas as beiras do río Miño, dado que as propostas que non sexan simétricas e coordinadas entre ambos os Estados, poden provocar problemas de aplicación práctica.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones