Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Acto da inauguración do monumento na honra dos 85 anos da morte de Cleominio Muñiz Lorenzo e outros seis republicanos soterrados no cemiterio de Camposancos

Celebrado este venres 18 de novembro de 2022

Celebrado este venres 18 de novembro de 2022

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Noviembre de 2022

Fuente: Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica do campo de Concentración de Camposancos e Fosa

Organizado pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica do campo de Concentración de Camposancos e Fosa Común de Sestas, e presentado por Bárbara, Domínguez González. Ó seu carón, na fotografía, sitúase o violinista Leo Blanco Novoa, titulado superior en violín e música de cámara polo Conservatorio Superior  de Oviedo, na actualidade profesor no Conservatorio de Vigo o que  interpretou en primeiro lugar o Himno de Riego.

Seguidamente tomou a palabra José A. Uris Guisantes que fixo unha breve semblanza dos sete  primeiros republicanos falecidos no Campo de Concentración. Cleominio Muñiz Lorenzo de Avilés; Anastasio Hernández Martín de Salamanca, veciño de Matico (Bilbao); Maximino Díez Llorente de Don Juan (León), veciño de Xixón; Isidoro Prieto Polo de Mieres (Asturias); Ramón Llerandi Vallejo de Villamayor – Piloña (Oviedo); Camilo Álvarez Hernández  de San Martín de Iruña (Oviedo) e Camilo Arango García de Los Cabos (Oviedo).

Bárbara presenta  e agradece en nome da Asociación o infinito recoñecemento   ao autor do monumento, Daniel Pazó Piedra de Nigrán que explicou o porqué se interesou pola historia do rapaz estudante de 18 anos Cleominio Muñíz Lorenzo morto por disparos dun sentinela, o 18 de novembro de 1937

De seguido,  Leo Blanco interpretou ao violín “Siciliana” de María Theresa Von Paradís, dando a palabra ao presidente da asociación, José Manuel Domínguez Freitas, “A nosa Asociación leva algo maos de dous anos de andadura nos que, por fortuna, sacamos adiante uns cantos proxectos que nos fan estar ben satisfeitos.

A Unidade Didáctica que levamos ós Centros de Ensino, o libro “A  Porta do Inferno”, a reposición das lápidas da Fosa Común de Sestas, son algunhas das maos destacadas. Para estas e outras cousas que virán no futuro, temos contado con inestimables axudas: da Fundación 10 de Marzo de CC.OO, da Fundación Muñiz Zapico de Asturias, da Asociación de Memoria MIlitar Democrática, da Federación de Pensionistas de CC.OO. de Vigo, do Concello da Guarda, dos Herdeiros de Juan Noya Gil e de Manuel Domínguez Pacheco “Taxota” e tantas outras persoas,

Pero no acto de hoxe quixera destacar dous principais agradecementos. En primeiro lugar ás persoas que fixeron posible o monumento que imos inaugurar. Daniel Pazó, canteiro, escultor afeccionado que tivo a idea e lle deu forma de maneira desinteresada. A José Manuel Rodríguez Crespo que sempre estivo na loxística. Moitas grazas aos dous.

En segundo lugar, a esas persoas que fixeron posible que dende 1937, nunca faltaran flores na tumba,. Esas persoas mantiveron durante 85 anos a memoria de Cleominio, sen elas, este acto, este recoñecemento público non sería posible. Inmensa gratitude a todas elas.

Hai unhas poucas semanas apróbase a no va Lei de Memoria Democrática que xa tivo unha primeira consecuencia. Queipo de Llano, culpable da morte de 45.000 persoas, saía, con nocturnidade da Macarena. Os seus familiares tiveron que facelo a escuras, esquivando ós medios de comunicación.

Pola contra, nós, aquí, a plena luz do día e con satisfacción, lembramos a Cleominio e seis compañeiros máis que deron a súa vida por ser fieis ós ideais da República.

Os partidos políticos de dereitas e algunha parte da cidadanía deste país vennos acusando ós que loitamos pola verdade, pola xustiza, e pola reparación de que rompemos o espírito da Transición. É pregunto, preguntamos é que o espírito da Transición amparou ós xenocidas? É que hai que esquecer o que fixo Queipo e tantos outros? É que non se pode revisar o que pasou en miles de Consellos de Guerra que condenaron a morte a miles de persoas ? É que os familiares dos que aínda están en cunetas e fosas, non teñen dereito a darlles sepultura digna ós seus? É isto é revolver o pasado como argumentan algúns ?. Non será mais ben, que lles interesa tapar o que aconteceu naqueles anos ?

Agora é máis fácil a loita porque hai leis que nos amparan. Durante moitos anos escuros e duros, a loita tivo que facerse dende o anonimato e con tódalas cautelas.Pero algúns e algunhas tiveron coraxe para facelo, para manter viva a memoria. Grazas por ese corazón tan grande. Sinto hoxe unha satisfacción especial que entre nós están familiares (Fefa, Cecilia e José Benito) do albanel camposino, Cándido Martínez Martinelli e de Josefa Vicente Martínez.

Cándido foi artífice de preparar a tumba de Cleominio e colocar unha cruz abandonada, súa esposa de poñer flores ao igual que fixeron as camposinas, Eladia Loureiro Vega, Avelina Vázquez do Barrio do Palomar (casada anos mais tarde con un prisioneiro), Blanca Carrero Veiga (esposa de Agustín Moeira Portela)  Todas elas, ata hoxe sen saír a luz pública foron (entre outras mais de Salcidos e A Guarda) as que axudaron a ducias de prisioneiros.

De seguido tomou a palabra Marcos Santos Soto da Asociación da Memoria Militar Democrática. Para rematar os familiares de Cándido e Josefa levantaran as bandeiras republicanas do monumento, quedando inaugurado baixo o son do violín de Leo Blanco Novoa que interpretou a Internacional acompañada das voces dos presentes.

Resume feito por José A. Uris Guisantes

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí