Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

COLEF Galicia pide máis información sobre as medidas de prevención na práctica de educación física, actividade física e deporte

Solicitan que no futuro se consulte a opinión dos colectivos representativos do deporte (profesionais, empresas e entidades) antes de tomar medidas que afecten tan directamente a súa actividade.

Solicitan que no futuro se consulte a opinión dos colectivos representativos do deporte (profesionais, empresas e entidades) antes de tomar medidas que afecten tan directamente a súa actividade.

Fecha: 16 de Septiembre de 2020

Fuente: COLEF Galicia

En relación á ORDE do 9 de setembro de 2020 sobre modificación de determinadas medidas
previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas
de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha
vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade; na que se
recollen, varias medidas vencelladas á práctica de actividade física e deportiva como, por
exemplo, o uso obrigatorio da máscara en instalacións cubertas:
? No caso de actividade física e deportiva en instalacións cubertas, o uso da máscara só
quedará exceptuado para a realización de deportes que requiran a utilización de pistas
específicas, tales como tenis, pádel, squash ou pistas polideportivas, exclusivamente
durante a realización das ditas actividades específicas e sempre que a ocupación máxima
da pista se axuste ás regras do xogo ou actividade deportiva e tendo en conta os
protocolos aprobados para a dita instalación.
O COLEF Galicia desexa lembrar as seguintes cuestións de importancia:
1. A práctica de educación física, actividade física e deporte xoga un papel fundamental
no mantemento dun sistema inmune eficiente na actual situación sanitaria, así como
na redución de factores de risco da COVID-19 como a obesidade, doenzas cardíacas,
enfermidades pulmonares ou diabetes. Una boa condición física ten, ademais, beneficios
para a saúde mental, incluíndo a redución do risco de padecer estrés ou depresión. Polo
tanto, as medidas que restrinxan a súa práctica deben estar proporcionalmente
xustificadas tal e como ditou o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña, ao deixar sen
efecto o peche de centros deportivos acordado pola Generalitat de Cataluña o pasado
mes de xullo.
2. A maior garantía para a cidadanía dunha práctica de educación física, actividade física
e un deporte (Carta Internacional UNESCO, 2015) de calidade seguro e saudable é que
tanto a dirección e a intervención da mesma sexan realizadas por Educadores/as Físico

Deportivos/as, é dicir, persoas colexiadas e tituladas universitarias en ciencias da
actividade física e do deporte.
3. Os centros deportivos son unha contorna segura fronte á COVID-19 e non existe unha
maior ameaza de propagación neste tipo de instalacións; tendo en conta as medidas
adoptadas de xeito xeneralizado en relación á hixiene e a distancia social, as conclusións
de estudos internacionais como o da IHRSA (International Health, Racquet & Sportsclub
Association) ou a Universidade de Oslo, así como a evidencia dos datos públicos cos que
contamos (só dous gromos relacionados con instalacións deportivas galegas).
4. A práctica de actividade física e deporte con máscara é nestes momentos unha
cuestión na que converxen diversidade de casuísticas e criterios tanto técnicos como
científicos, diverxendo en función de variables como o estado físico da persoa, a
actividade a realizar e a súa intensidade, ou o espazo de práctica. Hai que lembrar que a
OMS afirma que non é conveniente levar máscara para facer exercicio físico e o
Ministerio de Sanidade establece que aquelas persoas con dificultade respiratoria
deberían evitar o seu uso, tamén na práctica deportiva.
Asemade, solicitamos da Xunta de Galicia, na situación actual e en base ao exposto
anteriormente:
? Un plan especial de promoción da educación física, da actividade física e do deporte en
toda a poboación galega, que conte cos educadores/as físico deportivos/as para a súa
dirección e intervención como garantía de calidade e seguridade.
? Que se informe pública e detalladamente de cales son os coñecementos das potenciais
vías de transmisión da enfermidade en centros deportivos que fundamentan as
modificacións realizadas, tal e como se expón na Orde de 9 de setembro.
? Unha revisión periódica da normativa vixente sobre a práctica deportiva, adaptándoa
no posible aos diferentes servizos, tipoloxías de instalacións, e á evidencia científica que
se vaia xerando nos próximos meses.
? Que no futuro se consulte a opinión dos colectivos representativos do deporte
(profesionais, empresas e entidades) antes de tomar medidas que afecten tan
directamente a súa actividade.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí