Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - II XORNADAS CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA

Tiñan lugar o paado Sábado día 4 de Febreiro de 2012

Fecha: 06 de Febrero de 2012

Fuente: Infomiño.com

Texto: Belén Domínguez Carrera
Fotos: Belén Domínguez Carrera y Jorge Alonso
Video: Jorge Alonso
 
O sábado 4 de Febreiro celebrábase no Centro Cultural de A Guarda as 2ª Xornadas do Camiño Portugés da Costa.
 

Aperturando as xornadas, o Alcalde do Concello de A Guarda, D. José Manuel Domínguez Freitas, da pé á primeira intervención do Vicepresidente da Asociación Amigos dos Pazos, D. Grato E. Amor Moreno, quen ofreceu un resumo de cómo dende o ano 1982, ca visita do Papa Juan Pablo II a Santiago de Compostela situando a esta cidade como centro das peregrinacións de toda Europa, comezaba unha loita constante do recoñecemento do camiño portugués, xa que no ano 1984 dáse a coñecer a "Recomendación 987"; un informe de peregrinación que alude ó "ben común cultural europeo" pero que se esquece de Portugal, polo que é a partir dese ano cando comezan a organizar encontros en diversas vilas, tanto galegas como portuguesas (O Porto, Vigo, Valença, Oia) tocadas por este Camiño, e así mesmo comezan a facerse actividades e a darse os primeiros pasos dende a administración pública para darlle recoñecemento e divulgación ó Camiño Portugués da Costa, incluíndoa por primeira vez nas actividades do Xacobeo 2010. Remata a sua intervención cun consello: que de aquí ó seguinte Xacobeo que celebraráse no 2021, promociónese e reivindíquese o Camiño da Costa con todo tipo de actividades.

A segunda intervención a ofrece o Arqueólogo e Técnico Superior en Viana de Castelo, D. Miguel Costa, quen ofreceu unha amenizada charla sobre peregrinos e viaxeiros do Camiño da Costa. Ofrecendo nomes de ilustres camiñantes dos que hai constancia do seu paso por vilas deste percorrido gracias a documentos históricos, memorias dos viaxes, documentos gráficos ou incluso á toponimia de certos lugares. Unha desas historias de camiñantes ilustres foi a do nobre italiano Cosme de Medicis (no ano 1669), quen acompañado do debuxante Pier Maria Baldi déixanos testimonio gráfico da sua pasada por vilas que transcurren o Camiño Portugués.

Caminha (1669)


 Tui (1669)



Así mesmo, outro dos ilustres visitantes destas terras foi Nicola Albani (no ano 1743), outro nobre italiano que tamén deixou testimonio gráfico do seu paso polo Camiño pola costa, pero esta vez na sua volta de Santiago de Compostela e cun tinte mais amargo, pois o seu propio séquito asaltoulle cando estaba en A Guarda, polo que tivo que defenderse deixando a un dos seus asaltantes moribundos e quedando sen moitas das suas pertenzas. Deste feito pon denuncia á sua chegada a Caminha, e deixa proba do proverbio "meglio solo che mal'accompagnato" (mellor so que mal acompañado)

 

 

 

Outros documentos que tamén deixan constancia do Camiño Portugués pola Costa son escritos notariais, como o redactado no Concello de A Guarda tralo ataque a tres peregrinos, D. Francisco Padilha, D. Francisco de Conçeiçao e D. Francisco Lopes Padilha, ou a asistencia ós camiñantes realizada pola "Acçao da Misericordia de Viana", ou polas listas de peregrinos portugueses albergados no Hospital Espíritu Santo e a Magdalena de Vigo entre os anos 1724 - 1737.

Xa na terceira intervención da mañá, o guardés e Catedrático de Historia Medieval na USC, D. Ermelindo Portela Silva, ofrecía unha interesante charla sobre "O esplendor da peregrinación a Santiago e o Camiño da Costa". Comezou a sua intervención cunha frase tan coñecida coma importante para a peregrinación a Santiago "tódolos camiños levan a Roma", xa que no momento en que Santiago convértese nun centro de poder, é cando esas calzadas que levan a Roma tamén comezan a usarse para ir en peregrinación ata Santiago, habendo entre elas unha existente na costa galega. Foi aproximadamente no ano 830 cando o Obispo Teodomiro identificou a tumba de Santiago Apóstol e a dos seus discípulos, dando comezo ó desenrolo do culto entorno ó seu xacemento. Márcase "Galaecia" coma un dos lugares de peregrinación, aparecendo no mapamundi do Códice da Catedral de Osma unha representación do Faro de Finisterre, da Catedral de Compostela con Santiago Apóstol dentro, así como do Río Miño e a sua desembocadura cunha posible relación entre ambos.


D. Ermelindo conta ós asistentes a curiosa historia do Mosteiro de Oia, e de como o Obispo de Tui no ano 1.145 exime ós monxes de San Mamed de Loureza ós impostos eclesiásticos excepto do voto a Santiago, ofrecendo así unha proba mais da existenza deste Camiño Portugués pola Costa. Ademáis, foron estes mesmos monxes os que se instalaban ese mesmo ano no Mosteiro de Oia, que foi sen dúbida un revulsivo na fase de auxe do Camiño de Santiago e tamén do Camiño da Costa, que non foi só usado por peregrinos, senon que ten tamén un uso económico; o propio Mosteiro de Oia ten explotacións satélite, entre elas unha finca en Camposancos que a día de oxe a toponimia nos axuda a entender a importancia desta vía de comunicación: "Granxa Nova". De todos modos non é ata o século XIII co nacemento das vilas de A Guarda e Caminha (no S.XI e XII existen como núcleos urbanos) e os seus consecuentes vínculos cando comeza realmente o aumentos das peregrinacións.

A cuarta e última intervención no Centro Cultural foi ofrecida polo Historiador e socio da Academia Portuguesa de Historia, D. Alberto Antunes Abreu, quen explica a importancia do Camiño portugués da Costa a partires da chegada da estabilidade ás poboacións localizadas en lugares fácilmente atacados (por exemplo polos viquingos) e o auxe económico de ditas poboacións. Ofrece unha serie de documentos gráficos de pontes romanas ou incluso barcas de transporte de persoas e mercadorías sitas nos ríos que transcorren esta alternativa ó Camiño Portugués Central e que axudan a que os peregrinos da época opten por esta opción.

 


 

A mañá do sábado remataba ca visita ó Monte Trega, guiada por D. Antón Ferreira Lorenzo, quen explicou ós asistentes ó poboado castrexo a composición do mesmo, algúns dos erros na reconstrucción así como o seu funcionamento dentro dos castros e fora deles; rematando a visita cós petroglifos, que aínda que non era a mellor hora para vélos debido ó sol alto, sempre é un pracer atender ás explicacións sobre algo tan cercano e ás veces tan distante debido ó descoñecemento.

 

 

A tarde destas 2ª Xornadas do Camiño Portugés da Costa levaba ós inscritos en autocar ata o Mosteiro de Oia, onde a Asociación ACAMO , da man de J. Costas Goberna e Xabier Garrido, ofreceron unha visita guiada emprazando ós asistentes a un tempo anterior e deixando voar a imaxinación de como os monxes ofrecían a sua vida a Deus nun lugar privilexiado.

 

 

Xa as 19h daba comezo a mesa redonda moderada polo Xefe de Departamento de Portugués no IES A Sangriña D. Alberto Viso Outeiriño e que estaba composta por Dña. Mª Camino Triguero Salas (actual Xerente da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo), D. Manuel Alonso Matías (Representante da Asociación de Amigos dos Pazos), Profesor Doutor Carlos Alberto Brochado de Almeida (Facultade de Letras da Universidade do Porto), D. Manuel Miranda (Presidente da Associaçao Via Veteris), e D. Marco Sousa (Delegado do Turismo Relixioso da Entidade de Turismo Porto - Norte Portugal)

Trala intervención de tódolos compoñentes da mesa e incluso da intervención dalgúns asistintes como público, chégase a conclusión da importancia que ten a colaboración entre as distintas institucións (Concellos, Xunta, Cámaras, Asociacións, Freguesías ou o propio Xacobeo) de cara a ofrecer a este Camiño Portugués pola Costa a riqueza necesaria para que os peregrinos opten por esta alternativa, xa que non sirve có "boca a boca" dos propios camiñantes; facendo uso da tan coñecida frase de Antonio Machado "o camiño faise ó andar", precísase a intervención de tódolos entes (tanto públicos como privados) para a consecución dun camiño preparado para os peregrinos, cunha sinalización óptima, a execución de albergues para a sua travesía e incluso guías que axuden ós peregrinos. A pesares de que o Camiño Portugués é o segundo en número de camiñantes e ten un importante crecemento, todavía falta moito traballo por facer de cara a que esta alternativa pola costa consiga o auxe que moitos buscan ca sua adicacion a un ben cultural e histórico que merece ser coidado.

Remataban estas xornadas ca entrega de premios ós gañadores do "I Concurso Internacional de Fotografía Camiño Portugués da Costa", a entrega dos diplomas ós asistentes inscritos así como unha pequena intervención do Alcalde do Concello de A Guarda, D. José Manuel Domínguez Freitas, quen emprazaba ó público a posiblidade de facer as próximas Xornadas do Camiño Portugés da Costa no 2014, dándolle un carácter bianual a este evento.

FOTOGRAFÍAS

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones