Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Gonzalo Caballero, cabeza de lista na candidatura socialista da provincia de Pontevedra para saír a gañar o 5-A

O Comité Executivo Provincial elabora, por unanimidade, a súa proposta despois de analizar polo miúdo a representación social e territorial e con total respecto á vontade expresada pola militancia

O Comité Executivo Provincial elabora, por unanimidade, a súa proposta despois de analizar polo miúdo a representación social e territorial e con total respecto á vontade expresada pola militancia

Fecha: 27 de Febrero de 2020

Fuente: PSOE Pontevedra

O candidato á Presidencia da Xunta de Galicia, Gonzalo Caballero, encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE pola provincia de Pontevedra para as próximas Eleccións Autonómicas. Así figura na proposta que o Comité Executivo Provincial acordou hoxe comunicar á Comisión Nacional de Listas para o seu ditame antes de ser aprobada mañá, xoves, polo Comité Nacional. As listas finais das catro provincias galegas terán o referendo final polo Comité Federal do próximo venres.

O secretario xeral provincial, David Regades Fernández, subliñou que a proposta da Executiva Provincial elaborouse, por unanimidade, despois dunha análise polo miúdo das votacións realizadas estes días nas agrupacións locais á que se engadiron criterios de representación social e territorial. "O resultado é unha proposta que, partindo do respecto á vontade expresada pola militancia, está tamén ben pegada ao territorio e á sociedade que queremos representar no Parlamento galego". Criterios que se complementaron coa valoración dos resultados electorais do Partido Socialista nos distintos municipios e comarcas da provincia nos últimos procesos electorais e sempre de acordo co Regulamento Federal de Desenvolvemento dos Estatutos.

Despois de Gonzalo Caballero integran os 10 primeiros postos as seguintes persoas: 2, María Isaura Abelairas Rodríguez (Vigo); 3, Julio Torrado Quintela (Vilagarcía); 4, María Luisa Pierres López (Pontevedra); 5, Leticia Gallego Sanromán (Vigo); 6, Daniel Chenlo Padín (Pontecesures); 7, Olga Rodríguez Puga (Redondela); 8, Paula Fernández Pena (Silleda); 9, José Antonio Dono López (A Estrada) e 10, Francisco de Asís Candeira Mosquera (Ponteareas).

David Regades remarcou, durante a súa intervención diante da Executiva, que a provincia de Pontevedra "é o músculo electoral do PSdeG-PSOE, polo que hai que esforzarse ao máximo durante a campaña electoral para levar a Gonzalo Caballero ata a Presidencia da Xunta de Galicia". O secretario xeral anunciou que será unha campaña moi propositiva, na que os socialistas pontevedreses esforzaranse por trasladar á sociedade que Galicia merécese outro xeito de gobernar, en sintonía cos problemas reais da xente e os retos pendentes para impulsar o desenvolvemento socioeconómico da nosa terra.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí