Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

LECCIÓNS DO BALONMÁN

O Atl. Guardés ven de proclamarse brillantemente campión da Copa Federación a pasada fin de semana

O Atl. Guardés ven de proclamarse brillantemente campión da Copa Federación a pasada fin de semana

Fecha: 12 de Junio de 2015

Fuente: Manuel A. Pombal

Leccións do BALONMÁN

En despachos, seguramente climatizados, apertadas mentes de altas, pero cortas, miras cocen o día a día de "sumisos e sumisas" (unha máis das 50 Sombras da nosa Federación). Por se fora pouco celebrar semifinais e finais de copa un mes despois, si un mes despois, da fase de grupos, en plena época de exames finais (en XOGO está o resultado de todo un curso académico, XOGO no que a Federación non é experta e polo que semella non amosar maior interese -simplemente non vai con ela-), o cal significa que non hai tempo nin para adestramentos, eses "privilexiados" do noso benquerido balonmán dispón ao seu albor que se deben xogar as semifinais un sábado pola tarde e a final máis o partido polo terceiro e cuarto posto apenas unhas cantas horas máis tarde, o domingo pola mañá. Incrible!! Que custaría xogar o sábado pola mañá? Ninguén o entende, pero todo mundo achanta. Achantamos. Descoñezo esas poderosas razóns. Non son o único. Non sei se non queda outro remedio ou quizais temos o que merecemos. Os pais non o entendemos e, por suposto, tampouco o queremos..., as directivas dos clubs non se pronuncian (algúns incluso o apoian), e así nos vai.... Pobres rapazas que fan calquera cousa con tal de xogar e poder gozar do seu amado deporte. Elas que son as verdadeiras protagonistas, pasan a ser monicreques pendurados de gordos fíos que outros manexan ao seu antollo.

Para completar a cuadratura do círculo, as elevadas temperaturas da pasada fin de semana (6 e 7 de xuño) fixeron que a simple presenza na bancada do pavillón elixido para desenvolver o drama fose apta tan só para valentes. Nin imaxinar quero o que puido significar XOGAR dous partidos en pouco máis de 12 horas nesas condicións. Verdadeiras heroínas son todas as rapazas xuvenís e cadetes que o sufriron, cando debería ser unha festa de fin de tempada. Unha mágoa, unha verdadeira mágoa.

Síntoo polas lesionadas, especialmente pola peor parada, a xogadora que tivo que marchar en ambulancia despois de desencaixar o ombreiro nunha mala caída. Aínda así, houbo certa sorte, xa que o "caldo de cultivo" preparado presumía un final máis incerto no aspecto non deportivo.

No medio deste tolo e candente magma había un EQUIPO que, ao meu entender (e coido que tamén da maioría, senón da totalidade dos afeccionados!), partía en clara desvantaxe. Un EQUIPO que, xa de inicio, non podía presentar máis de 8 xogadoras (entre lesións e normativas impostas que non permiten outra saída -entre todos remataremos co pastel en pouco tempo-), 3 delas xuvenís e 5 cadetes. Por se fose pouco, tivo que xogar unha prórroga nas semifinais baixo un verdadeiro sol de xustiza (o de don Camilo quédase ben curto!) para poder acceder á gran final. Con tan só un cambio para apenas poder recuperar folgos foron quen de aguantar de todo e gañar os dous tempos da prórroga, despois de perder os 5 goles de vantaxe que tiñan a outros tantos minutos do final do tempo regulamentado. A pesar das circunstancias, coido que foi un merecido premio pola súa valente posta en escena. Recoñezo que non deixan de sorprenderme e agardo que siga sendo así por moitos anos, se é posible. Perdoade por pensar que o final ía ser outro... Definitivamente quédome coa abraiante realidade.

Os compromisos do sábado non deixaron tempo para o descanso. Seino. Porén, non había moito de onde "tirar" e pouco se podía dicir para presentarse con algunha garantía na finalísima. Enfronte unha escuadra con 16 boas xogadoras, a maioría delas xuvenís, que merecidamente gañaron o campionato de liga e brillantemente obtiveron a terceira praza (medalla de bronce) no campionato de España da categoría. Todo un reto. A mensaxe era clara: mantela compostura no terreo de xogo e aguantar ata o pitido final do partido tentando perder polo menos posible. Elas xa cumpriran con creces o agardado por nós, os incondicionais. E chegou o domingo pola mañá. O sol xa andaba alto, pero non eran as temperaturas da tarde anterior. Nembargante, o ambiente caldeouse bastante conforme se desenvolvía o xogo, volvéndose case asfixiante de novo. A sola imaxe de desigualdade que emanaba dos banquillos era desoladora para as nosas esperanzas. Para máis INRI, mediada a primeira parte, unha das nosas 8 xogadoras sufriu un "golpe de calor" con base no cansazo acumulado e nas altas temperaturas. Todo un mundo por xogar e sen cambios posibles. Que máis podía acontecer?

O partido tivo moita, pero moita historia. Foi un partido no que todos aprendemos. Unha boa lección, diría eu (polo menos para min, un afeccionado que ven de chegar a este mundo marabilloso que forma a familia do balonmán feminino galego). Remata a primeira parte dous goles abaixo. Que éxito! Como puido acontecer?, pois acontecer aconteceu. Os primeiros 15 minutos da segunda parte aguantaron bastante ben ao rival, todo hai que dicilo, pero a fatiga era cada vez maior e non había tempo para a recuperar o alento. Cando restaban 5 minutos con 3 goles abaixo, calquera houbese baixado os brazos deixando que o tempo correra para rematar con semellante calvario. Calquera agás as 7 (+ 1) "aloitadoras" que case como pantasmas pretendían culminar a súa obra, maxistralmente dirixidas pola súa adestradora. A bancada, despois de decatarse que aquelas sufridas rapazas o merecían (non era para menos), comezou a animalas case en bloque. Era algo máis que animar a un equipo concreto, era aplaudir á esperanza (esa que nunca se debe perder), era, en definitiva, elevar o esforzo dunhas rapazas á súa máxima categoría para beneficio do noso BALONMÁN. BALONMÁN en estilo puro. BALONMÁN con maiúsculas.

Faltando menos dun minuto para a baixada do "telón" empataron un partido que estaba perdido, e ben perdido, antes de comezar. Aínda que baixar a defender era un traballo de titáns, había que facelo. Non había nada feito. Todo o traballo desenvolvido podería seguir o dito aquel de "tanto remar para morir en la orilla". Despois de recuperar a bola en defensa comeza o ataque, o que podería ser o derradeiro ataque. Os segundos duraban minutos, ás veces case horas. Golpe franco e tempo morto solicitado pola adestradora cando apenas quedaban unha ducia de segundos. A prórroga parecía inevitable. Imposible: non había folgos suficientes par aguantar 10 minutos máis en tales condicións.

A xogada deseñada sae case perfecta e a bola cólase orgullosa na portería. A bancada treme de verdade diante de tanta algarabía. Non pode ser! Será verdade? Aínda quedan 3 segundos, xa que o adestrador do equipo contrario solicitou tempo morto. Era, pois, preciso tranquilizarse, recoller folgos e analizar a defensa. Semella que, despois de todo o acontecido, non sería de todo xusto que o resultado cambiara, pero......, nunca se sabe. Afortunadamente (ou non), o lanzamento de longa distancia (non había tempo para máis) é detido pola porteira con certo suspense. Agora si, a pesares de todo o sufrimento e a falta de forzas, as xogadoras lanzan un merecido berro de ledicia. Un imposible feito realidade. Para min, toda unha lección. Para os demais, que cada quen saque as súas conclusións. TODOS podemos, se queremos, sacar conclusións positivas. Iso é o bo.

O BALONMÁN é grande. Non deixemos que nos "ninguneen". Foi o último fin de semana de competición, no que os 4 equipos implicados o deron todo nunhas condicións moi adversas. Felicidades a todas, de verdade, xa que sodes as verdadeiras protagonistas (a pesares de que ás veces semella que non se vos ten en conta). Agora toca un merecido descanso e recuperarse de lesións, golpes e mazaduras; despois tocará planificar a vindeira tempada. Será un orgullo atoparnos de novo polos diferentes pavillóns espallados pola xeografía galega. Eu xa o boto de menos. Forza rapazas!!

Suplico ás directivas e a Federación que coiden da canteira. Sen ela non existimos, non somos nada. Pensen un pouco máis en todos eses rapaces e rapazas que non saben vivir sen xogar a este bonito deporte. Ben o merecen. Seguro que nos han devolver a inversión con grandes alegrías.

Para rematar, quero FELICITAR dunha maneira moi especial ás XOGADORAS do "meu" equipo, ás XOGADORAS do Atl. Guardés, ese puñado de XOGADORAS que non só cumpriron con creces no campionato de liga, tanto na categoría de cadetes como na de xuvenís, senón que tamén nos brindaron un campionato de copa inigualable, inesquecible e quizais irrepetible.... Aínda que este pequeno grupo de grandes XOGADORAS é quen de facelo outra vez. Admítense apostas!

FELICIDADES CUM LAUDE PARA TODAS!!!

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones