Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

MANIFESTO PERFORMANCE - MUJERES EN NEGRO- DO PASADO VENRES EN TOMIÑO

Un grupo de mujeres, vestidas de negro, se reuniron y se tendieron en el suelo simulando estar muertas, asesinadas como las que pueblan los titulares de prensa cada día, cada semana, incesantemente, año tras año

Un grupo de mujeres, vestidas de negro, se reuniron y se tendieron en el suelo simulando estar muertas, asesinadas como las que pueblan los titulares de prensa cada día, cada semana, incesantemente, año tras año

Fecha: 05 de Octubre de 2015

Fuente: Ana Vicente

Son moitos os homes que cada día rumorean unha canción inquedante. Despois dos silencios, das humillacións e as acusacións, do berro, do golpe, volven a buscar ás súas parellas ao inferno en que as teñen sometidas.
Reconciliación, celos, palabras de amor, perdón, violencia, son as múltiples caras do control e do dominio. "a promesa de que todo será distinto que a última vez"; a representación do inferno.
Escapar ao desprezo e á ira, escapar do día a día no que as fan sentir inútiles e sen valor. Escapar dos que pensan nelas todos os días, pero non para amalas polo que son, senón para cambialas, para cuestionalas, para humillalas. A liberdade das vítimas non ten o nome do seu maltratador.

E hai mulleres que escapan, que logran reconquistar as súas propias vidas, empezando de novo a recuperar todo o perdido, a saír do silencio.

Pero hai moitas que morren que podemos facer?

A liberdade dunha muller é a liberdade de todas nós e todos nós. Hai centos de miles de mulleres neste país que non son libres, que sofren violencia machista. E millóns de persoas neste país que cada día abandónaas á súa sorte nun silencio cómplice.

Todos e todas temos que implicarnos dunha forma cotiá contra a violencia machista: na educación en igualdade dos nosos fillos e das nosas fillas. No rexeitamento público e privado de calquera comportamento machista.

Para que a igualdade entre homes e mulleres sexa unha realidade de todos os días, para que cese a violencia contra as mulleres, temos que comprometernos no cotiá, temos que abandonar o pensamento de que a violencia non nos incumbe, que incumbe a outros, e que son os outros os que teñen que resolvela.

Habemos, en fin, de contestar a cotío á pregunta:¿Que debemos facer?? Temos que actuar, que repudiar activamente estes comportamentos, que comprometernos, porque o silencio fainos cómplices.

POEMA

Eurídice

El ven buscarte e está aquí,
canción que te chama e quere que volvas,
canción de dicha e de pesar
a partes iguais, promesa
feita canción, promesa
de que todo será, alá arriba, distinto
á última vez...
Houberas preferido seguir sentindo nada,
baleiro e silencio; a estancada paz
do mar máis fondo,
ao ruído e a carne da superficie...
a labarada solar...
sen a túa presenza non poderá sentir
este amor seu...
Mais a súbita revelación
do teu corpo arefriándose na terra
foi saber que lle amas en calquera lugar
ata neste sitio sen memoria,
neste reino da fame.
Como unha semente vermella na man
que esqueciches que apertas,
levas o teu amor...
O necesita ver para crer
e está escuro.
Atrás, atrás..., rumoréaslle,murmúraslle
pero quere que volvas alimentalo, Eurídice,
puñado de tule, pequena venda,
sopro de aire frío,
non se chamará Orfeo
a túa liberdade... "

Margaret Atwood
 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones