Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Noé Ferreira (ANABAM): -Sin medidas urgentes, el río Miño seguirá perdiendo biodiversidad-

El portavoz de la Asociación Ecologista del Baixo Miño analiza los principales problemas ambientales que enfrenta el río Miño, desde la sobreexplotación pesquera hasta el avance de especies invasoras.

El portavoz de la Asociación Ecologista del Baixo Miño analiza los principales problemas ambientales que enfrenta el río Miño, desde la sobreexplotación pesquera hasta el avance de especies invasoras.

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Febrero de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

El río Miño, una de las principales arterias naturales de Galicia, enfrenta desafíos ambientales cada vez más graves. En esta entrevista exclusiva para InfoMiño, Noé Ferreira-Rodríguez, portavoz de la Asociación Ecologista del Baixo Miño (ANABAM), analiza la preocupante situación de la biodiversidad fluvial y los problemas derivados de la gestión de los embalses, la sobreexplotación pesquera y la expansión de especies invasoras. ANABAM lleva años luchando por la conservación del ecosistema del Miño y advirtiendo sobre las consecuencias de una falta de medidas eficaces para su protección. Ferreira nos ofrece su visión sobre las soluciones necesarias para revertir la degradación del río y garantizar su futuro.

1. Desde ANABAM, ¿cómo valoran la situación actual de la pesca en el río Miño?

Estase a poñer demasiado énfase na sedimentación e na necesidade de dragados, mentres as verdadeiras causas do colapso das especies migratorias nin tan sequera se mencionan. Os encoros son os principais responsables da crise pesqueira, xa que impiden ás especies migratorias completar o seu ciclo vital. Ademais, non se pode esquecer que os esteiros son sistemas dinámicos, en constante cambio, e que estamos inmersos nun proceso de transformación global no que o ascenso do nivel do mar fai que a auga salgada penetre cada vez máis río arriba, provocando unha arenización progresiva da súa desembocadura. Se queremos frear a degradación ecolóxica e recuperar a biodiversidade e os recursos pesqueiros do Miño a solución non pasa por dragar indiscriminadamente, senón por reducir drasticamente o número de embalse ou, alomenos, xestionar os caudais de xeito que o río recupere en parte a súa dinámica natural.

2.La gestión del embalse de Frieira y las sueltas de agua han sido muy criticadas por los pescadores. Desde un punto de vista ecológico, ¿qué impacto tienen estos cambios bruscos en el caudal del río?

Estas variacións bruscas no caudal do Miño pola xestión do encoro de Frieira pode chegar a inhibir o desprazamento dos peixes migradores cuxos mecanismos que desencadean as migracións poden estar directamente relacionados co aumento do caudal ou cos cambios de temperatura da auga. Ademais, as liberación bruscas de auga desde o encoro de Frieira como as realizadas o 28 de xaneiro que provocaron unha subida de ata un metro no nivel do río coincidindo con temporal costeiro con  ondas de ata 6 ou 8 metros non fan máis que intensificar os procesos erosivos na desembocadura do Miño, agravando a perda de area e a degradación das praias, como aconteceu recentemente.

3.Se ha hablado de un incremento en la captura de meixón a pesar de las restricciones. ¿Consideran que esta especie sigue en peligro o está en recuperación?

As capturas de meixón varían dun ano a outro, o que pode dar a impresión de que hai aumentos puntuais, mesmo en períodos con restricións. Con todo, se observamos a tendencia a longo prazo, vemos que é descendente. Isto significa que, a pesar dalgunhas flutuacións, a especie segue en perigo. Estas flutuacións poden explícarse por factores ambientais como o caudal do río ou a temperatura da auga. Por iso, é fundamental non interpretar incrementos puntuais como unha recuperación da especie, xa que estes poden estarán condicionados por variacións ambientais e non por unha mellora real da poboación. Neste senso unha xestión sostible e medidas de protección seguen sendo clave para garantir a supervivencia da especie a longo prazo.

4.En los últimos años, el río Miño ha visto un avance preocupante de especies invasoras. ¿Cuáles son las más problemáticas en este momento y qué consecuencias están teniendo en el ecosistema?

O avance das especies invasoras no río Miño está a ter un impacto alarmante no ecosistema. Entre elas temos dous casos especialmente dramáticos. Son especies como a ameixa asiática Corbicula fluminea e a ‘labaza’ Egeria densa cuxa chegada alterou  tanto a biodiversidade como as propias condicións do medio. A ameixa asiática alterou desde as características do sedimento aumentando a cantidade de materia orgánica ata a química da auga. No caso da ‘labaza’ tamen vemos un cambio no sedimento aumentando a deposición de limo e cambiando ata o fluxo da auga nas zonas invadidas.

5.La expansión de la Egeria densa (labaza) es un problema creciente en el Miño. ¿Cómo afecta esta planta invasora a la fauna autóctona y qué medidas se deberían tomar para su control?

A problemática da Egeria densa non é nova. Desde 2017 estase advertindo á administración da necesidade de actuar contra esta especie invasora. Como mencionamos anteriormente, Egeria densa modifica desde as características do sedimento ata o fluxo da auga e pode crear condicións anóxicas, é dicir, unha falta de osíxeno que asfixia a fauna local. Isto afecta gravemente a especies como os mexillóns de río, que practicamente desapareceron das zonas invadidas. En canto ao seu control, as especies invasoras teñen unha gran demanda de recursos para manter o seu crecemnto por iso limitar estes recusos é unha estratexia para o seu control. No caso de Egeria densa, en certas áreas como as canles entres os illotes e terra firma pode limitarse de xeito natural a luz dispoñible restaurando a vexetación de ribeira.  Eventualmente, algunhas especies nativas iranse adaptando a este novo recurso e poderan incluso verse favorecidas contribuíndo a controlar a especie. Con todo, estas estratexias de control natural deben contemplarse a medio e longo prazo e, a curto prazo, se se opta pola eliminación mecánica en zonas como embarcadoiros ou áreas de baño, debería facerse con asesoramento, xa que a planta propágase moi facilmente a partir de fragmentos soltos, polo que un control mal executado podería agravar o problema en lugar de solucionalo.

6.Desde ANABAM, ¿han detectado un aumento en la contaminación del río Miño debido a actividades industriales o a la gestión hídrica del embalse?

A contaminación das augas non se pode abordar dunha forma subxectiva e non lle corresponde a ANABAM emitir unha valoración sobre o nivel de contaminación do Río Miño. Máis alá dos verquidos puntuais, a contaminación do río é unha cuestión complexa e cada vez máis difícil de avaliar debido á gran variedade de compostos químicos utilizados na industria, na agricultura e noutras actividades humanas. Moitos destes produtos teñen efectos para o ecosistema e para a nosa saúde que en gran medida descoñecemos polo que son as institucións académicas e os organismos oficiais que monitorizan o estado das masas de auga a quen lle corresponde esta valoración.

7.Los pescadores denuncian que las restricciones afectan su actividad, pero, desde una perspectiva ambiental, ¿cuál debería ser el equilibrio entre conservación y explotación pesquera?

Aquí non valen opinións, pescar especies antes de que desoven e capturar alevíns é unha práctica insostible tanto desde o punto de vista ecolóxico como pesqueiro. A conservación dos recursos non pode ser vista como un obstáculo á pesca, senón como unha garantía para o seu futuro. O equilibrio entre explotación e preservación pasa por respectar as fases criticas do ciclo de vida das especies con relevancia económica. Sen unha xestión responsable, as propias pesquerías corren o risco de colapsar, poñendo en perigo o propio recurso a longo prazo.

8.El proyecto de un nuevo embalse en el río Miño, con una inversión de 500 millones de euros, ha generado inquietud. ¿Qué impacto podría tener esta infraestructura en la biodiversidad y en las especies migratorias?

O impacto dun novo embalse no río Miño xa se pode prever analizando a experiencia dos encoros existentes. As estatísticas de capturas de especies migratorias mostran o colapso de especies como o salmón, e numerosos estudos sinalan que os embalses é un dos principais factores que contribúen a esta situación. Estas infraestruturas alteran os ciclos naturais do río, dificultan o desprazamento das especies migratorias e alteran permanentemente os ecosistemas acuáticos. Ademais, os encoros favorecen a expansión de especies invasoras ao crear condicións máis favorables para a súa proliferación, reducindo a competitividade das especies autóctonas. Canto máis se modifique o Miño, máis probable será que se produzan cambios na biodiversidade, tanto pola chegada e establecemento de novas especies como polo declive das que dependen dos ciclos naturais do río para sobrevivir.

9.¿Existen proyectos en marcha o colaboraciones con Portugal para proteger el ecosistema del río Miño ante los desafíos actuales?

Todos os proxectos que ANABAM desenvolve no río Miño teñen un carácter internacional, xa que a conservación da biodiversidade nun río transfronteirizo como este non pode entenderse doutro xeito. Nos últimos anos, ANABAM participou en proxectos europeos relacionados coa calidade da auga e a protección do ecosistema. Un exemplo son as actividades divulgativas desenvolvidas ao abeiro do proxecto NOR-WATER, centrado na análise dos contaminantes emerxentes. Tamén contribuímos á instalación de mesas informativas sobre especies invasoras en ambas marxes do Miño, dentro das accións do proxecto Visit Rio Minho, co-financiado con fondos FEDER, para sensibilizar á poboación sobre a súa dispersión. Na actualidade, os proxectos en curso desenvolvidos coa colaboración con entidades portuguesas céntranse na protección da biodiversidade e na conservación das praias da desembocadura do Miño e do norte de Portugal.

10.Por último, ¿qué papel puede jugar la ciudadanía en la protección del río Miño y cómo pueden colaborar con ANABAM en la preservación de este ecosistema?

No caso das especies invasoras, é imprescindible tomar medidas para evitar a súa dispersión involuntaria. Unha das accións máis sinxelas e efectivas que pode levar a cabo calquera persoa é a limpeza axeitada de equipos e embarcacións antes de trasladalos a outras zonas. Isto inclúe barcos a motor, kayaks e material de pesca deportiva, xa que poden transportar fragmentos de Egeria densa ou outras especies exóticas e contribuír á súa expansión. A prevención é clave para protexer os ecosistemas acuáticos e tamén os sectores económicos que dependen deles. Por outra banda, ANABAM impulsa proxectos de seguimento e conservación da biodiversidade nos que calquera persoa pode colaborar. Un exemplo destacado é o proxecto de conservación do bosque de ribeira, a través do cal estamos recibindo doazóns e adquirindo parcelas para a recuperación e preservación da vexetación de ribeira no Esteiro do Miño. Esta vexetación desempeña un papel fundamental non só para manter a biodiversidade, senón tamén como barreira natural contra as inundacións, protexendo á poboación e estabilizando as ribeiras do río. As persoas interesadas poden colaborar de diversas maneiras, xa sexa doando ou vendendo parcelas situadas na área do bosque de ribeira, participando nas actividades de conservación ou simplemente asociándose a ANABAM. Cada nova persoa socia contribúe directamente a estes proxectos, facendo posible a súa continuidade.

La conversación con Noé Ferreira pone en evidencia la urgente necesidad de tomar medidas efectivas para preservar la biodiversidad del río Miño y asegurar su equilibrio ecológico. La gestión de los embalses, la protección de especies autóctonas y el control de invasoras son claves para frenar el deterioro del ecosistema. Desde InfoMiño, agradecemos a Noé Ferreira y a ANABAM su compromiso con la conservación del medio ambiente y su labor de concienciación. La defensa del río Miño es una tarea colectiva en la que todos, desde administraciones hasta ciudadanos, tenemos un papel fundamental.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí