Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Instituto Social da Marina e a Capitanía Marítima confirman o mantemento dos seus servizos na Guarda

Diante da alarma provocada polo BNG guardés nos medios de comunicación denunciando o peche das oficinas, o alcalde guardés, Antonio Lomba, mantivo contactos cos representantes das institucións que confirman a continuidade dos servizos.

Diante da alarma provocada polo BNG guardés nos medios de comunicación denunciando o peche das oficinas, o alcalde guardés, Antonio Lomba, mantivo contactos cos representantes das institucións que confirman a continuidade dos servizos.

Fecha: 28 de Febrero de 2020

Fuente: Concello da Guarda

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, púxose en contacto con Rosa Alonso, directora provincial do ISM en Vigo, para coñecer de primeira man a situación presente e futura da oficina na Guarda.

A directora confirmoulle ao alcalde a continuidade na prestacións dos servizos e comunicoulle, que por parte do ISM, non está previsto nin o peche nin a redución de persoal na oficina da Guarda. Segundo a directora, a redución horaria que se está a producir estas últimas semanas é provisional.

Das tres persoas que deberían estar traballando na Guarda unha delas atópase de baixa por enfermidade e hai dúas prazas pendentes de ser cubertas por concurso de traslados. Unha destas prazas cubrirase de forma eventual, a maior brevidade posible, por unha comisión de servizos que xa está aprobada.

Por outra banda o alcalde tamén mantivo contactos con Juan José Escolar, Capitán Marítimo de Vigo, para coñecer as previsións sobre o futuro da oficina da Guarda. O responsable da Capitanía Marítima asegurou que a previsión é a de seguir prestando o servizo cada 15 días como se ven facendo na actualidade.

Estes temas foron tratados nunha reunión informativa entre Antonio Lomba, alcalde da Guarda, Monserrat Magallanes, tenente de alcalde, e responsables das organizacións guardesas vinculadas ao mundo da pesca: ORPAGU, Asociación de Palangreros Guardeses e a Confraría de Pescadores. As conclusións da reunión foron as de facer unha comunicación para tranquilizar aos usuarios sobre a continuidade dos servizos e a necesidade de solicitar unha ampliación da atención da Capitanía Marítima na localidade.

O alcalde adquiriu o compromiso de poñerse en contacto coa "Dirección Geral de la Marina Mercante" para motivar e solicitar unha ampliación da cobertura da oficina da Capitanía Marítima na Guarda.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí