Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Recrear cadros famosos do Museo de Pontevedra na casa, outro reto viral para pasar o confinamento

A institución pontevedresa súmase con #MírateNoEspello á iniciativa a nivel mundial -entre a arte e a corentena-

A institución pontevedresa súmase con #MírateNoEspello á iniciativa a nivel mundial -entre a arte e a corentena-

Fecha: 22 de Abril de 2020

Fuente: Deputación Pontevedra

O Museo de Pontevedra lanzou un novo reto para a veciñanza pontevedresa: #MírateNoEspello, unha proposta para que a cidadanía se achegue ás súas obras recreando unha delas coma se fose o seu reflexo. Con esta iniciativa a institución súmase ao reto viral lanzado por outros museos internacionais coma o Museo Nacional de Ámsterdam ou o Getty dos Ánxeles, entre outros, que están a encher as redes sociais con creacións nas que, coa etiqueta "entre a arte e a corentena", se imitan pezas recoñecidas con obxectos cotiáns para pasar con bo humor estes días.

A elección da peza do Museo a representar por parte da cidadanía é libre, mais desde o equipo técnico propoñen tres posibilidades; unha para ser interpretada por unha soa persoa, outra por unha parella e outra por un grupo. Unha vez escollida hai que imaxinala e reproducir a escena, o ambiente e os personaxes da forma máis fiel posible coas cousas, persoas e mascotas que haxa na casa. A única condición é non usar o Photoshop. Logo hai que facer unha fotografía e compartila no Facebook do Museo, ou ben subila nos perfís propios de forma pública co hashtag #MírateNoEspello.

Desde o Museo lembran que se pode "reclutar" a todas as persoas que se queira e coas que se estea a pasar o confinamento, sempre tirando de bo humor. Como propostas, a pintura Señora con sombreiro, do marinense Manuel Torres; O xantar, do ourensán Silvio Fernández Rodríguez-Bastos e O cego de Padrenda, de Castelao.

Da "Gioconda galega" a Castelao

A Señora con sombreiro (1931) de Manuel Torres Martínez chegou a ser denominada como a "Gioconda galega". Resulta tan fermosa coma enigmática e foi pintada polo artista galego Manuel Torres, quen formou parte dun grupo que renovou a arte galega das primeiras décadas do século XX, e por iso os seus integrantes son coñecidos como "Os novos".

A pintura destaca polas súas formas de volumes redondos e simplificados xunto cun uso moi persoal das cores e unha técnica de grosos empastes que imitan a textura do granito. A dama do sombreiro foi pintada durante a súa estadía en París; por iso é unha moza de ambiente urbano, tan distinta das mulleres labregas e mariñeiras que aparecen na maioría dos seus cadros.

O xantar (1890), de Silvio Fernández Rodríguez-Bastos, foi un dos cadros que se levou á Exposición Nacional de Belas Artes en 1890. Mostra unha parella, quizais un pai coa súa filla, xantando no campo. O pintor represéntaos vestidos co traxe rexional e acompañados de alimentos e recipientes típicos da nosa terra: o viño en xerra de barro, as cuncas para o caldo, a cabaza de peregrino para a auga e un anaco de empanada galega. Recrea así unha escena idealizada da vida cotiá ao máis puro estilo rexionalista.

Finalmente, O cego de Padrenda (1910), de Castelao, inmortaliza un dos últimos xograres, Eugenio Padín, máis coñecido como o cego de Padrenda (Meaño, de onde era natural) ou polo seu alcume, "o Xan Pirulé", título dunha das súas cantigas máis famosas. O artista retratouno tal e como o describira o seu amigo e poeta Ramón Cabanillas, "arrodeado de moitos señores que rían… cunha perna cruzada por riba da outra, cantando cun xeito picaresco e tocando o acordeón". Esta obra pertenceu ao antigo Hotel Calixto de Cambados, que estaba situado na praza do Concello.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones