Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Veciños e veciñas valoran positivamente o anteproxecto para a Senda de circunvalación ao Monte Santa Trega

O alcalde tamén trasladou aos presentes as xestións feitas diante da Xunta de Galicia, administración titular desta estrada.

O xoves 27 de febreiro o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, presentou no local da Entidade Local Menor de Camposancos o Anteproxecto para a Senda de circunvalación ao Monte Santa Trega.

Fecha: 29 de Febrero de 2020

Fuente: Concello da Guarda

No acto, aberto a toda a cidadanía, participaron preto de 80 veciños e veciñas e contou ademais coa presencia do concelleiro de Infraestruturas e Mobilidade, Miguel Español, e a técnica responsable da empresa que redactou este anteproxecto.

Antonio Lomba explicou aos asistentes as características da proposta para a Senda de Circunvalación ao Monte Santa Trega, cunha valoración moi positiva deste anteproxecto por parte dos alí presentes, non destacando obxeccións ao mesmo e coincidindo na necesidade da realización destas obras.

O referido anteproxecto contempla unha actuación na totalidade da PO-352 que non conta con beirarrúas, tanto polo lado oeste, Cruzada-Camposancos como no lado este Camposancos ata intersección PO-355 (que conduce á Pasaxe) consistente en un ancheamento da calzada de rodadura, a construción dunha senda, para facela máis segura para os peóns e os vehículos.

Dende a alcaldía da Guarda, foron moitas as ocasións , unhas por carta e outras persoalmente, nas que se lle reclamou á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia o ancheamento da calzada e a construción dunha senda peonil e un carril bici. Por citar algunhas das ultimas xestións:

o 7 de novembro de 2017 reunión do alcalde Antonio Lomba coa conselleira Ethel Vázquez en Santiago, compromiso da conselleira de redactar o proxecto.

o 26 de decembro de 2018, reunión do alcalde Antonio Lomba en Pontevedra co Director da Axencia Galega Infraestruturas; resposta do Director, a senda pode entrar dentro dun paquete no ano 2019.

o 29 de decembro do 2019, carta do alcalde Antonio Lomba á conselleira solicitándolle unha nova entrevista, ata o momento sen contestación

A PO-352 é sen dúbida algunha unha das principais arterias de comunicación da Guarda, basta dicir que é a única conexión entre o casco urbano da Guarda e núcleo de poboación de Camposancos, que conta cunha poboación aproximada dun milleiro de persoas, amén de subliñar que conduce a todas as praias fluviais da nosa vila, as máis visitadas na tempada estival en toda a comarca do Baixo Miño.

Con estas referencias resulta fácil entender que o tráfico rodado que soporta, sobre todo en época estival, é moi considerable, cunha paisaxe moi fermosa que atrae a multitude de peóns que pasean por ela a diario.
Dende o Concello da Guarda trasladarase este anteproxecto a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia para acadar un financiamento para o mesmo e que se converta nunha realidade a curto prazo.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí