Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

ESPECIAL - INAUGURACIÓN DA XXVII MOSTRA FILATÉLICA EXFIGALICIA NA GUARDA

A Casa dos Alonso acolle ata o 12 de Outubro esta gran mostra filatélica

Na tarde do pasado Sábado día 4 de Outubro de 2014, tiña lugar no baixo da Casa dos Alonso de A Guarda a inauguración da XXVII Mostra filatélica EXFIGALICIA.

Fecha: 06 de Octubre de 2014

Fuente: Infomiño.com

 

 

Na tarde do pasado Sábado día 4 de Outubro de 2014, tiña lugar no baixo da Casa dos Alonso de A Guarda a inauguración da XXVII Mostra filatélica EXFIGALICIA.

Ó acto inaugural acudiron o Alcalde de A Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, o Concelleiro de Cultura, Antonio Lomba, o Presidente de FEGASOFI, Valentín Auárez, o Presidente de UFINOR, Paolo de Oliveira, o Director da Zona 1 de Correos, Ángel Pérez, o Presidente da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, Luciano Lomba, así coma os alcaldes de O Rosal e Oia, o historiador local Joaquín Miguel Villa e representantes de institucións, partidos políticos e familiares e amigos.

Correos presentou este pasado Sábado na Guarda un entero postal con selo impreso dedicado ó coleccionismo con motivo deste evento filatélico, é unha tarxeta que ten coma protagonistas ás 6 cidades onde este ano se levarán a cabo exposicións filatélicas territoriais. No caso da Guarda, elexíuse unha imaxe do Poboado Castrexo de Sta. Trega, empregándose un mataselos conmemorativo do enteiro postal.

Tamén se presentou un mataselos coa imaxe do presidente fundados da Sociedade Numismática e Filatélica Guardesa, Francisco Sobrino Rodríguez. Aproveitouse a ocasión para facer entrega de distintivos ós familiares dos membros fundadores.

Se publicou un catálogo con artículos, coleccións participantes e ademáis a obra realizada polo Historiador Guardés Joaquín Miguel Villa onde narra os 50 anos de historia da SFeNG.

Uníuse a este evento o Clube Ciclista Guardés que este ano cumpre o seu 25 aniversario e para celebrar esta efeméride puxeron en circulación un selo personalizado.

Os actos durante a semana estarán adicados ás visitas dos colexios da vila e o último fin de semana, sábado 11 de outubro, charla-coloquio de filatelia temática e o domingo 12 pola mañá reunión da Xunta Directiva de FEGASOFI e para rematar, a comida de Palmarés.

A exposición conta cun total de 57 coleccións de Galicia e Portugal, 8 coleccións que concurren por primeira vez nunha mostra competitiva e 10 coleccións na Clase Xuvenil.

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 4 de Outubro de 2014
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon EOS 350d
     

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí