Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación de Pontevedra dá un paso máis na súa aposta pola cultura co nomeamento de Paula Cabaleiro como directora do servizo

Baixo a dirección de Paula Cabaleiro a área de Cultura centrarase na promoción dos recursos culturais, nunha oferta cultural propia, na promoción do patrimonio intanxible e no apoio á produción cultural contemporánea

Baixo a dirección de Paula Cabaleiro a área de Cultura centrarase na promoción dos recursos culturais, nunha oferta cultural propia, na promoción do patrimonio intanxible e no apoio á produción cultural contemporánea

Fecha: 23 de Mayo de 2020

Fuente: Deputación Pontevedra

"Se a cultura era xa unha das nosas grandes apostas e prioridades, non teño ningunha dúbida de que a partir de agora vai haber un revulsivo moi importante", asegurou Carmela Silva ao dar a coñecer o nomeamento de Paula Cabaleiro como nova directora do servizo de Cultura da Deputación de Pontevedra. A presidenta e a deputada de Cultura, Vicky Alonso, explicaron o obxectivo principal deste novo posto de dirección en prol do ordenamento das "liñas estratéxicas culturais para configurar unha identidade propia do servizo que vai permitir, á súa vez, reforzar accións, poñer en marcha proxectos globais e avanzar na democratización da cultura, facéndoa igualitaria e inclusiva". Así, baixo a dirección de Cabaleiro, o departamento de Cultura da Deputación vai centrar a súa acción en catro eixos de actuación: promoción dos recursos culturais da provincia, configuración dunha oferta cultural propia, promoción do patrimonio intanxible e apoio á produción cultural contemporánea.

En liñas xerais, a partir de agora a política cultural da Deputación vai ampliar os programas e propostas actuais con novas accións, partindo dos ODS para impulsar políticas culturais responsables, en colaboración cos concellos e fomentando que a cidadanía poida acceder aos servizos culturais. Máis polo miúdo, baixo a dirección de Paula Cabaleiro, o servizo de Cultura vai traballar centrándose en catro eixos de actuación que van recoller todas as actividades que vai impulsar a institución provincial neste eido e que van abordar tamén, de forma transversal, cuestións como a igualdade, obxectivo prioritario do goberno de Carmela Silva, a sustentabilidade ou a inclusión.

Así, o primeiro dos eixos de actuación do servizo de Cultura será a promoción dos recursos culturais e inclúe, tal e como explicou a nova directora, a súa posta en valor, conservación e actualización ben a través de proxectos de restauración e recuperación, sinalización, musealización ou de exposicións temporais e recoñecemento.

No que respecta ao segundo eixo de traballo, a oferta cultural propia, Cabaleiro adiantou que se van impulsar actividades, proxectos e programas dende o servizo de Cultura para toda a provincia de Pontevedra. Así, aquí agrúpanse tanto as exposicións temporais, como roteiros literarios, contacontos, obradoiros, formación en literatura como a nova Escola das Letras, ciclos de música clásica, programación musical, fomento da cultura popular galega ou novos programas de apoio específico á programación de artes escénicas e festivais de cine.

O terceiro grande eixo do servizo de Cultura será a promoción do patrimonio intanxible e a posta en valor e recuperación da memoria. Neste eido traballarase a través de exposición, obradoiros, xornadas e encontros, pero tamén mediante proxectos de investigación, literarios e outros que promovan a divulgación e publicación de contidos relacionados con esta temática.

Finalmente o cuarto eixo de actuación do servizo de Cultura vai ser o apoio á produción cultural contemporánea, "tan importante se queremos garantir a supervivencia do sector". Inclúense aquí propostas encamiñadas a premiar a creación cultural contemporánea e a visibilizala, así como certames, bolsas, subvencións, actividades de dinamización cultural e intercambios internacionais.

Nestas catro áreas Cabaleiro, como detallou a presidenta provincial, ten "acreditada experiencia". Así, Carmela Silva explicou o amplo currículo da nova directora de Cultura, seleccionada por unanimidade por un órgano técnico de funcionarias e funcionarios da Deputación de Pontevedra e que exerce xa as súas funcións dende o 15 de maio, entre os que se valorou positivamente os seus amplos coñecementos na dirección de plans ou programas culturais, así como a súa experiencia no desenvolvemento de proxectos de dirección e xestión cultural e o vínculo co mundo local. Amais, a presidenta destacou o seu compromiso coa visibilización das mulleres no mundo artístico: "é unha muller nova, potente, comprometida, traballadora, que lle vai dar un pulo moi importante á área de cultura".

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones