Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Deputación elaborará -metrominutos- para os -concellos ágora-

No Baixo Miño participan os concellos de O Rosal, Tui e Tomiño

No Baixo Miño participan os concellos de O Rosal, Tui e Tomiño

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Febrero de 2021

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra, a través do departamento de Mobilidade, vai elaborar ‘Metrominutos’ para todos os ‘Concellos Ágora’ que o soliciten. Así o confirmou hoxe o deputado Uxío Benítez, quen destacou que a iniciativa supón unha axuda aos municipios integrantes da rede de traballo provincial para fomentar a camiñabilidade  a través dunha ferramenta de comunicación xa recoñecida.

Benítez mantivo na mañá de hoxe unha reunión cos concellos e con persoal da Rede de Cidades que Camiñan (que realizará os deseños) para explicar as características do Metrominuto e como se pode aplicar aos diferentes municipios da provincia. O encontro contou coa presenza de representantes técnicos e políticos de trinta gobernos locais (da comarca de Pontevedra Poio, Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade e A Lama;  do Salnés Meaño, Vilagarcía, Ribadumia e Meis; do Morrazo Bueu, Marín e Vilaboa; de Vigo Porriño, Nigrán, Gondomar, Salceda, Soutomaior e Mos; de Caldas Valga, Moraña e Caldas; do Baixo Miño O Rosal, Tui e Tomiño; do Condado Paradanta Arbo, Salvaterra e Mondariz ; e do Deza Tabeirós Vila de Cruces e Silleda) que se manifestaron interesados na proposta, remitindo xa as primeiras solicitudes formais, que se concederán por orde de chegada.

“A reunión foi un éxito. Esta é unha experiencia piloto que se vai probar, xa que o territorio da provincia de Pontevedra non é o mesmo que o de núcleos urbanos e compactos.  Temos que ver de que maneira melloramos iso e facemos metrominutos máis adaptados á nosa realidade dispersa”, apuntou o deputado.

O metrominuto é dun mapa sinóptico deseñado cos códigos visuais dos mapas de metro que mide distancias e tempos camiñando entre os principais  puntos de centralidade (servizos, prazas, parques, centros de barrio…)  de cada vila ou cidade de calquera tamaño.

A súa finalidade é desdramatizar a cultura do camiñar, poñendo en evidencia a proximidade entre lugares recoñecibles, ademais de resaltar a importancia de ir construíndo cidades compactas, densas e diversificadas, onde as necesidades da vida cotiá poden resolverse en traxectos curtos a pé.

O primeiro  metrominuto naceu en 2011 froito dun laboratorio de ideas sobre mobilidade peonil na cidade de Pontevedra e desde entón foron numerosas cidades as que optaron por adaptar esta idea á súa oferta informativa sobre mobilidade. En 2013 mereceu o Premio Intermodes da axencia homónima.

 O deseño dos metrominutos da Rede Ágora contará coa colaboración da Rede de Cidades que Camiñan, que vai executar o deseño para cada un dos concellos. Nestes momentos está en elaboración xa un dossier explicativo específico para a rede Ágora e as características do territorio pontevedrés. 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí