Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A deputada socialista Leticia Gallego denuncia o caos da atención primaria en Tomiño e na comarca do Baixo Miño

O PSdeG-PSOE presenta novas iniciativas no Parlamento de Galicia para que se cubran as vacantes no cadro médico do Centro de Saúde de Tomiño e se reabra urxentemente o Consultorio de Goián, xa que isto fai que a saturación do Centro de Saúde de Goián sexa

O PSdeG-PSOE presenta novas iniciativas no Parlamento de Galicia para que se cubran as vacantes no cadro médico do Centro de Saúde de Tomiño e se reabra urxentemente o Consultorio de Goián, xa que isto fai que a saturación do Centro de Saúde de Goián sexa

Etiquetas del contenido

Fecha: 17 de Julio de 2021

Fuente: PSdG-PSOE Parlamento

O PSdeG-PSOE presenta novas iniciativas no Parlamento de Galicia para que se cubran as vacantes no cadro médico do Centro de Saúde de Tomiño e se reabra urxentemente o Consultorio de Goián, xa que isto fai que a saturación do Centro de Saúde de Goián sexa maior. Tamén reclama que se dote á comarca dunha ambulancia medicalizada.
A deputada socialista Leticia Gallego estivo hoxe en Tomiño, acompañada por membros da Agrupación Socialista encabezados pola secretaria xeral Violeta de Santiago e a concelleira Mirta Misa, para denunciar a caótica situación da Atención Primaria nesta localidade e na comarca do Baixo Miño. Gallego anunciou que o PSdeG-PSOE está a presentar iniciativas no Parlamento de Galicia para que se cubran as vacantes no cadro médico do Centro de Saúde e se reabra urxentemente o Consultorio de Goián. Ademais, volve reclamar a ambulancia medicalizada para o Baixo Miño.
As/os socialistas denuncian que dos 8 médicos que corresponden ao Centro de Saúde de Tomiño tan só están a pasar consulta 5 e non resulta extraordinario que, en ocasións puntuais, haxa só 4 ou 3, tendo en conta que o persoal desprázase para atender emerxencias ou visitar en domicilios. “É unha vergoña a atención sanitaria que se está a prestar en Tomiño”, subliñou a deputada,” porque por culpa da Xunta de Galicia, as/os traballadoras/es do Centro de Saúde deben multiplicarse para sacar adiante o seu traballo e atender a toda a poboación". Ademais, explicou que hai problemas coas urxencias médicas, que se atenden dende o PAC de Tui e non existe o demandado servizo de ambulancia medicalizada do Baixo Miño.
Ao respecto do Consultorio de Goián explicou que o malestar entre a veciñanza crece, ata o punto de que a Mancomunidade do Baixo Miño acordou solicitar unha xuntanza ao conselleiro de Sanidade, pero non obtivo contestación, “nun claro xesto de desprezo cunha cidadanía que demanda unha sanidade pública digna e de calidade”. Urxe reabrir o consultatoio de Goián par anon saturar máis o Centro de Saùde de Tomiño.
O PSdeG-PSOE denuncia que Galicia é a terceira peor comunidade autónoma de España en ratio de médicas/os por habitante (aproximadamente 450 por cada 100.000 habitantes cando a media española está en 480), segundo os datos do Consello Xeral de Colexios Médicos de España. Tamén somos a terceira peor comunidade en ratio de enfermeiras/os por paciente, con 5,4 por cada 1.000 habitantes (a media europea está en cerca de 8). O panorama complétase coa carencia de pediatras (apenas están cubertas o 90% das prazas) cando en Asturias supérase o 98%, segundo datos da Asociación Española de Pediatría.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí