Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

-A Guarda Diversa- Iniciativa que pretende dar visibilidade ao colectivo LGTBIQ+ mediante varias accións online

Entre as accións programadas destacan a realización de 5 directos a través de redes sociais

Entre as accións programadas destacan a realización de 5 directos a través de redes sociais

Fecha: 25 de Junio de 2020

Fuente: Concello da Guarda

O Concello da Guarda, a través do Centro de Información á Muller e da Concellería de Igualdade coa colaboración de Sara Uris- responsable do proxecto Transformando Realidades-, pon en marcha este ano o proxecto "A Guarda Diversa", de cara a visibilizar ao colectivo LGTBIQ+ mediante varias accións, que terán lugar nas redes sociais e de xeito online, entre o 15 e o 27 de xuño de 2020.

 

Entre as accións programadas destacan a realización de 5 directos a través de redes sociais, dirixidos e coordinados por Sara Uris, nos que se contará coas experiencias de persoas moi vinculadas a este colectivo e que amosarán, dun xeito ameno e de proximidade, como é a realidade do colectivo LGTBIQ+ dende diferentes puntos de vista. Os directos realizaranse ás 19:30h, dende o perfil de Instagram de Transformando Realidades (@transformando.realidades)

 

Calendario:

  • 15 de xuño: A realidade LGTBIQ+. Da teoría á rúa. Por María Torre: Periodista, sexóloga clínica, educadora sexual e creadora de ArsEroticas. Falaremos de como vivir sendo parte da comunidade LGTBIQ+ dende unha perspectiva práctica e real. Se pensabades que xa o tiñamos todo logrado, esperade a coñecer como é en realidade.

 

  • 17 de xuño: Orgullos e espazos LGTBI. Por Ignacio Elpidio Domínguez Ruiz: Doctor en antropoloxía e investigador, autor de "Bifobia" e de "Cuando muera Chueca", entre outros. Falaremos sobre diferentes espazos LGTBIQ+ e sobre o papel dos Orgullos, relacionando as grandes cidades e os municipios pequenos.

 

  • 18 de xuño: Formando unha familia. As expectativas da crianza. Por Soledad Fernández: Presidenta de Chrysallis Galicia. Falaremos sobre a influencia das normas e estándares da sociedade nas expectativas da crianza.

 

  • 22 de xuño: Son unha nena Trans, nin travesti, nin transformer. Por Alejandra e Pili: Familia TransOrgullosa. Falaremos das vivencias e experiencias dunha familia chea de cor.
  • 25 de xuño: A realidade trans. Por Ada Otero: Licenciada en Dereito, Coordinadora do CIDES e activista LGTBIQ+. Falaremos do camiño e descubrimento dunha persoa trans, así coma das trabas que lle obrigan a converterse en "experta de todo".

 

  • 26 de xuño: Contacontos Con Tango son tres. Impartido por Sara Uris, de Trans*formando Realidades, profesora de Educación Infantil, especialista en Xénero e Igualdade. Coa colaboración de Andrés Laguna.

 

  • 27 de xuño. Obradoiro infantil realizado por Sara Uris, de Trans*formando Realidades, coa colaboración de Maite Neves. Manualidades para toda a familia, facendo un guiño a festividade do Orgullo LGTBIQ+.

 

Entre as accións programadas e en colaboración coa Biblioteca Pública Municipal da Guarda, publicaranse en redes sociais diferentes informacións sobre libros e lecturas recomendadas sobre a temática LGTBIQ+.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones