Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

-A Guarda Diversa- programa esta fin de semana accións para dar visibilidade ao colectivo LGTBIQ+

Inscricións no Centro de Información á Muller da Guarda de xeito presencial na Praza do Reló 1 (ao lado do Xulgado de Paz), no teléfono 986 614 648 ou no correo electrónico: muller@aguarda.es

As mesas redondas do venres e do sábado poderán seguirse a través de Youtube en streaming.

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Julio de 2021

Fuente: Concello da Guarda

O Concello da Guarda, a través do Centro de Información á Muller e da Concellería de Igualdade coa colaboración de Sara Uris- responsable do proxecto Transformando Realidades-, continúa un ano máis co proxecto “A Guarda Diversa”, de cara a visibilizar ao colectivo LGTBIQ+ mediante varias accións, que terán lugar esta fin de semana, do 9 ao 11 de xullo.

 

As actividades arrancaron na xornada o pasado día 28 de xuño coa gravación dun Manifesto que se pode ver na canle de Youtube do Concello da Guarda (https://youtu.be/ChjABMAbzok), así coma a colocación da bandeira representativa deste colectivo na fachada da Casa consistorial.

 

A parte central das actividades terán lugar esta fin de semana, arrancando o venres 9 de xullo ás 19:00h con dúas accións en paralelo. Por unha banda a Praza do Reló acollerá unha mesa redonda baixo o título "Ver e non só mirar. A visibilidade LBT", un faladoiro onde trataráse a importancia de tomar conciencia dos temas actuais que afectan ás mulleres Lesbianas, Bixesuais e Trans, o seu papel na historia do colectivo e cales son os obxectivos de cara o futuro, e que estará impartida por María Torre(Ars Eróticas) e Elisabeth Pérez(Asociación Nós Mesmas), baixo a moderación de Sara Uris. Será retransmitida en directo a través da conta de Youtube do Concello da Guarda: https://youtu.be/Q5eiD8zWpZE

 

Tamén ás 19:00h a Casa dos Alonso acolle “Piratrans Carabarco”, un Obradoiro Infantil dirixido a crianzas de 4 a 8 anos e impartido por Roberta Mattia, da Asociación Nós Mesmas, onde, a través da historia de Piratrans Carabarco, transmítese ás crianzas o valor da diversidade e a igualdade. Despois do conto, faráse unha actividade plástica cos nenos e nenas asistentes.

 

Na xornada do sábado día 10 de xullo ás 12:00h a Praza do Reló será o escenario para a mesa redonda "Familias TransOrgullosas", que estará impartida por Soledad Fernández, Pilar Fonte e Alejandra Alvedro, baixo a moderación de Sara Uris e onde tratarase sobre familias TransOrgullosas, abordando temáticas como as expectativas da crianza, a diversidade familiar e a transexualidade na infancia. Haberá tamén nesta xornada unha actuación sorpresa do grupo de baile Xamaraina. Será retransmitida en directo a través da conta de Youtube do Concello da Guarda:  https://youtu.be/ykNUfhOzugo

 

Xa para pechar esta segunda edición de A Guarda Diversa, na xornada do domingo día 11 de xullo, a Praza de Avelino Vicente acolle ás 12:30h o espectáculo de Poesía Eléctrica da man do poeta Samuel Merino “Pompa e Boato” co acompañamento musical de Fernán Permuy(guitarra), un recital a partires dunha escolma de poemas en galego e castelán, que son un percorrido por un tempo de espazos baleiros que se enchen de palabras e harmonías.

 

 

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES:

Venres 9 de xullo: 19.00 – 21.00h Na praza do Reló "Ver e non só mirar. A visibilidade LBT". Mesa redonda sobre temática LGTBIQ+, centrada nas mulleres lesbianas, bisexuais e trans. Impartida por María Torre(Ars Eróticas) e Elisabeth Pérez(Presidenta da Asociación Nós Mesmas). Moderada por Sara Uris. Streaming: https://youtu.be/Q5eiD8zWpZE

 

Venres 9 de xullo: 19.00 – 20:30h. Nas dependencias do Concello da Guarda. Piratrans Carabarco  Obradoiro Infantil dirixido a crianzas de 4 a 8 anos. Impartido por Roberta Mattia, da Asociación Nós Mesmas.

 

Sábado 10 de xullo: 12.00 -14:00h Na praza do Reló. "Familias TransOrgullosas". Mesa redonda sobre temática Trans. Impartida por Pili Fonte e Alejandra e  Soledad Fernández(Presidenta de Chrysallis Galicia. Asociación de familias de menores “trans”). Dirixida e Moderada por Sara Uris. Streaming: https://youtu.be/ykNUfhOzugo

 

Domingo 11 de xullo: 12.30h Na praza de Avelino Vicente( As de Copas). Pompa e Boato con Fernán Permuy. Poesía Eléctrica.

 

Inscricións no Centro de Información á Muller da Guarda de xeito presencial na Praza do Reló 1 (ao lado do Xulgado de Paz), no teléfono 986 614 648 ou no correo electrónico: muller@aguarda.es

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí