Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A OMIX de Tomiño suma adestramento canino e cestería á súa oferta de formación

O obradoiro de vídeo mapping, inicialmente previsto para o vindeiro venres, 8 de abril, por razóns de forza maior, tivo que retrasarse para a fin de semana do 23 e 24 de xullo.

O obradoiro de vídeo mapping, inicialmente previsto para o vindeiro venres, 8 de abril, por razóns de forza maior, tivo que retrasarse para a fin de semana do 23 e 24 de xullo.

Etiquetas del contenido

Fecha: 07 de Abril de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

Últimos días para anotarse no obradoiro de vídeo mapping organizado pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX). O obradoiro de vídeo mapping, inicialmente previsto para o vindeiro venres, 8 de abril, por razóns de forza maior, tivo que retrasarse para a fin de semana do 23 e 24 de xullo. Na páxina web www.tomino.gal, segue aberto o prazo de inscrición para aprender a proxectar imaxes en movemento e con música.

Dende Navarra e a bordo da súa máquina voadora chega a Tomiño o artista visual Miguel Martínez Caraballo para impartir un obradoiro de vídeomapping 23 e 24 de xullo. O alumnado participará activamente durante dous intensos días de formación e proxectará sobre a fachada do concello o videomapping realizado.

 

Horario curso: venres e sábado de 19h a 21h

EVENTO VIDEOMAPPING: 22 e 23 de xullo ás 22h

Idade: A partir de 12 anos

Lugar: Salón de Plenos do Concello de Tomiño

Prezo: 20€

 

Outra proposta para este mes é un curso teórico-práctico de pintura básica impartido por Gemma Marqués, co obxectivo de entender a teoría da cor, aprender a misturar as cores dun xeito rápido e eficaz, facer gamas de cor, aplicalas nos cadros e así poder crear obras cunha técnica axeitada, fácil e rápida.

 

Data de inicio: mércores 20 de abril
Horario: mércores de 17h a 18.30h
Idade: a partir de 12 anos
Lugar: OMIX TOMIÑO
Data de finalización: 11 de maio

Prezo: 15€

 

 

Pero ademais xa é posible facer a inscrición para os NOVOS CURSOS DE MAIO

 

CURSO DE ADESTRAMENTO CANINO (iniciación)

Neste curso impartiranse nocións para lograr unha boa comunicación con cans e cadelas; diferentes opcións de materiais dispoñibles no mercado; utensilios de paseo, correas, arneses ou colares, xoguetes etc. Coñeceranse as necesidades das mascotas, como satisfacelas axeitadamente e as bases do adestramento básico para o día a día, como por exemplo unha chamada efectiva. As persoas interesadas deberán asistir ao curso coa súa mascota, aínda que se permitirá tamén a asistencia de persoas en calidade de oíntes.

Data de inicio: sábado 14 de maio.
Horario: sábados de 11 a 13h
Idade: a partir de 12 anos
Lugar: Escola Obradoiro de Goián

Data de finalización: 11 de xuño.
Prezo: 20€

 

CURSO MONOGRÁFICO DE CESTERÍA: A CESTA MIXTA

Curso especializado nunha peza en particular, neste caso, a cesta mixta. Este curso dividirase en dúas partes; unha teórica e outra práctica. Na primeira parte aportaranse datos detallados sobre a peza a tratar e datos sobre a identificación das materia primas que se empreguen. Cada participante aprenderá a confeccionar, crear e compoñer a súa propia peza, coa guía que aporte o docente.

Data: día sábado 21 de maio
Horario: de 10 a 13h e de 16h a 20h
Idade: a partir de 12 anos
Lugar: Escola Obradoiro de Goián
Prezo: 10€

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí