Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

-CANCELADO- Concerto este venres na Igrexa de San Domingos de Tui

Venres 25 de maio ás 20:00h na Igrexa de San Domingos de Tui

Venres 25 de maio ás 20:00h na Igrexa de San Domingos de Tui

Fecha: 22 de Mayo de 2018

Fuente: Xunta de Galicia

O evento de Tui queda suspendido ante o decreto de 3 días de loito oficial polos sucesos acaecidos en Paramos-Tui

A Consellería de Cultura e Educación presenta unha nova edición do ciclo Do Audible, unha proposta coa que se pretende achegarlle a música contemporánea a un público máis amplo, da man de Vertixe Sonora. Os catro concertos, que chegan nesta edición a Tui, Ourense, A Coruña e Lugo, levan a música de creación actual a distintos escenarios galegos, propoñéndolle á audiencia unha linguaxe musical contemporánea, que sitúa a Galicia na vangarda da creación sonora nacional e internacional.

 

"O ciclo Do Audible propón unha oferta musical alternativa que procura novas formas de expresión e unha apertura ao concepto e ás tendencias artísticas actuais", explicou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, durante a presentación da iniciativa, na que estivo acompañado do director artístico de Vertixe Sonora e coordinador do ciclo, Ramón Souto.

 

"Trátase, polo tanto, de abrir unha porta ás linguaxes contemporáneas -continuou o secretario xeral- a través dunha proposta artística transgresora, na vangarda, nunha exploración imprescindible de camiños diferentes na creación sonora". A Xunta de Galicia considera que iniciativas como esta "deben formar parte dunha programación con perspectiva global e necesariamente cosmopolita e aberta", concluíu Anxo Lorenzo.

 

Catro citas únicas

Segundo explicou Ramón Souto, o ciclo explora, a través de catro concertos únicos, as claves da creación musical ao longo da historia, coa posta en relación de distintas disciplinas. A primeira cita será o vindeiro venres, 25 de maio, na igrexa de San Domingos de Tui e a proposta é Kontakte, de Karlheinz Stockhausen -un dos grandes mestres da música do século XX-, que é a primeira composición cuadrifónica da historia, predecesora do son envolvente actual. 

 

O ciclo chegará o vindeiro 14 de xuño á antiga capela do campus universitario de Ourense cun concerto que xirará arredor da literatura e da improvisación electroacústica. Procedente de Austria, Natascha Gangl, dramaturga e creadora de instalacións teatrais, presentará xunto ao dúo electroacústico Rde?a Raketa un cómic desbordante de enerxía baixo o título Wendy vai a México.

 

Música contemporánea e arte sonora

Tras o verán, Do Audible continuará o 23 de outubro no paraninfo da Universidade da Coruña, onde o Manifesto Gutai enfrontará xirará arredor da dualidade entre música contemporánea e arte sonora, a través da exploración sobre a composición material do son e o espazo que ocupa o feito sonoro.

 

O reto final, no último concerto no Vello Cárcere de Lugo, o 10 de novembro, é  a proposta Koan, con Elliot Simpson. Da experiencia participarán tamén os estudantes do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes da cidade que, a partir dun obradoiro co músico, desenvolverán unha obra colectiva que explora a acústica do centro cultural.

 

Os catro concertos do ciclo Do Audible realizaranse ás 20:00 horas. A programación, de entrada gratuíta ata completar a capacidade, está dispoñible na Axenda de Cultura de Galicia, en www.cultura.gal

 

Vertixe Sonora Ensemble

Vertixe Sonora Ensemble naceu no ano 2010 co ambicioso obxectivo de incluír Galicia na creación sonora internacional, de xeito activo. Desde entón tense convertido nun referente para a última xeración internacional de compositores, que atopa nas súas producións a oportunidade de desenvolver propostas musicais cunha perspectiva global, na procura da excelencia artística.

 

Integrada por destacados solistas de música contemporánea de Galicia e de Portugal, Vertixe Sonora Ensemble conxuga artistas sonoros, artistas plásticos, músicos de jazz, intérpretes clásicos e xente do teatro e da danza. A partir dunha consciencia da multiplicidade no achegamento ao sonoro, establece un constante diálogo e interacción co pensamento, coa ciencia, coa tecnoloxía e con outras formas artísticas desde unha óptica cosmopolita, integradora e transcultural, para favorecer un espazo aberto á reflexión, á discusión e ao intercambio no campo da música contemporánea, que non renuncia nin ao rigor, nin á transgresión, nin ao espírito de vangarda. Tamén integra o Instituto Galego de Sonoloxía, unha plataforma para investigar a experimentación sonora con novos medios
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones