Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Diversas actividades, espectáculos e actuacións musicais amenizarán a XXVI Festa da Langosta

Os días 1, 2 e 3 de xullo terá lugar a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira na Guarda

Os días 1, 2 e 3 de xullo terá lugar a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira na Guarda

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Julio de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

A Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira é a data gastronómica de referencia da zona do Baixo Miño pero non todo é comida nesta celebración. Os días 1, 2 e 3 de xullo, ademais de poder degustar a langosta e as delicias da cociña guardesa, os visitantes comprobarán como as rúas da Guarda se enchen de actividades culturais para todos os gustos e públicos.

Nesta edición a programación musical ofrece música moi variada para que todos os asistentes gocen da nosa festa gastronómica. A Orquestra FUTURO ofrecerá o seu espectáculo de música a todos os asistentes na noite do venres.

As mañás estarán amenizadas por concertos de grupos de pop-rock guardeses, ás 12,30 horas no Porto da Guarda. O sábado a actuación correrá ó cargo do grupo 2MIS e o domingo será a quenda de SONGODIN'S.

Na noite do sábado o escenario da carpa acollerá o serán mariñeiro. A partires das 22,30 horas grupos de música tradicional e as pandereitas ofrecerán boa música e entretemento a todos os asistentes.

No último día da celebración, a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira contará, o domingo 3 de xullo, co espectáculo musical infantil de "Uxía Lambona e a Banda Molona", unha oportunidade para desfrutar dun espectáculo para toda a familia, que seguro fará as delicias dos máis pequenos e pequenas da casa, ás 19 horas no Porto da Guarda. A continuación, no mesmo lugar ás 20 horas, dará comezo a "Noite de Fado" que inclúe a actuación da artista portuguesa Marla Amastor, aclamada cantante de fados, letrista e compositora do país veciño

Durante a fin de semana os asistentes poderán percorrer a rúa do Porto e visitar a recoñecida Feira de Artesanía. Como xa ven sendo habitual o Tren turístico que percorrerá as rúas da Guarda e tamén se realizarán visitas guiadas ao Museo do Mar, o Castelo de Santa Cruz e o Monte Santa Trega dentro da Rede de Museos.

Dentro das iniciativas culturais destaca "O muro da arte", que invita a artistas a embelecer as rúas coas súas obras e ademais a Asociación pola Recuperación do Traxe Galego ofrecerá a súa exposición anual na Casa dos Alonsos e que se poderá visitar durante a fin de semana de 19 a 22 horas.

 

Os días 1, 2 e 3 de xullo terá lugar a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira na Guarda

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí