Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

-Éxito absoluto- da carpa informativa do revitaliza en Tui

As mestres e mestras composteiros da Deputación atenderon a medio milleiro de persoas que se interesaron pola compostaxe

As mestres e mestras composteiros da Deputación atenderon a medio milleiro de persoas que se interesaron pola compostaxe

Fecha: 21 de Agosto de 2020

Fuente: Deputación Pontevedra

A carpa informativa do Plan Revitaliza da Deputación tivo hoxe un "éxito absoluto" na súa visita a Tui. As mestras e mestres composteiros atenderon ao longo da mañá a preto de medio milleiro de persoas interesadas na compostaxe e en como conseguir un composteiro individual (COIN) para a súa casa con horta ou en como compostar nos composteiros comunitarios. A afluencia de persoas foi continua e xa ao mediodía xa se formalizaran máis de 20 inscricións para dispoñer dun composteiro individual.

Segundo explica o persoal da Deputación, todas as persoas que hoxe solicitaron o COIN poderán recollelo próximamente logo dunha charla de formación específica xunto con todo o material necesario (remexedor, termómetro e guía de uso). Para a veciñanza interesada en ter un composteiro en breve aínda quedan oportunidades para preinscribirse. A primeira será o xoves 3 de setembro, cando haberá unha nova carpa informativa na vila. Polo de agora existe un stock de 50 COIN cedidos pola Deputación, mais abrirase unha lista de agarda se existe demanda.


Ata o de agora, o Concello de Tui está na chamada fase demostrativa (fase I) do Plan Revitaliza. No concello hai tres centros de compostaxe comunitaria instalados en diferentes puntos, e hai repartidos uns 120 COIN entre as distintas parroquias. Tamén se están a desenvolver actividades destinadas ás crianzas durante estes días, organizadas pola Deputación en colaboración co Ceida e a instancias do Concello, sendo a próxima o venres 4 de setembro.

Na carpa informativa de hoxe, as e os cidadáns que se achegaron recibiron explicacións do persoal técnico provincial sobre a compostaxe e como se debe xestionar o lixo orgánico, xa que a finais deste ano a Unión Europea esixirá un tratamento sustentable. A intención das xornadas informativas coa carpa está en que toda a xente que se achegue saiba que compostar é sinxelo e que a compostaxe convirte o lixo orgánico nun recurso, dándolle unha nova vida ao convertelo en compost.

As persoas, ademais de cubrir as inscricións para participar na compostaxe comunitaria ou solicitar un composteiro individual, recolleron diferente material divulgativo e de concienciación para que compostar sexa aínda máis sinxelo (imáns, guías, bolsas) e puideron levar unha mostra de compost.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones