Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

-Medrando en Familia- volta adaptado ás novas demandas e convértese en -Medrando en Casa-

Dende Apoio Familiar pretenden que a iniciativa funcione coma un espazo común, no que as familias poidan facer achegas ou suxestións sobre as novas propostas de traballo

Dende Apoio Familiar pretenden que a iniciativa funcione coma un espazo común, no que as familias poidan facer achegas ou suxestións sobre as novas propostas de traballo

Fecha: 22 de Mayo de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

O programa "Medrando En Familia", no que participan na actualidade 35 familias, segue ofrecendo apoio ás demandas para unha mellor crianza de fillos e fillas pequenos.

 

O Servizo de Educación e Apio Familiar (SEAF) do Concello de Tomiño, tivo que suspender as actividades presenciais programadas, cando se decretou o Estado de Alarma. Pasados dous meses, o programa reactívase, creando un espazo próximo e de confianza, só que a través das novas tecnoloxías de comunicación, como o WhatsApp, mentres se produce, de maneira gradual, á volta á normalidade.

 

Desde o SEAF, entenden que é preciso adaptarse á realidade actual, polo que darán continuidade ás actividades do programa Medrando en Familia, que pasa a chamarse Medrando en Casa. "Seguiremos ofrecendo apoio mediante obradoiros on-line maioritariamente, e así responderemos ás necesidades e inquedanzas das familias, para manter viva esta rede de apoio entre as mesmas, adaptando o programa a esta nova realidade".

 

Ao mesmo tempo, pretenden que a iniciativa funcione coma un lugar común, no que as familias poidan facer achegas ou suxestións sobre as novas propostas de traballo. Nestes momentos 5 familias traballan a retirada de cueiro, e outras 15 forman parte activa do espazo virtual. "Gustaríanos contar coa vosa colaboración para o deseño desta nova andaina, e así seguir traballando en propostas orixinais e poder acompañarvos no fermoso proceso da crianza dunha maneira máis próxima", comentan desde o servizo.

 

Pódese acceder ao formulario de inscrición pinchando no seguinte enlace:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScjViYENlGKTVjuV36PiT9ggDk_32AmAMA0wEvIKhgFJVXvLw/viewform

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones