Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

-Música no Claustro- regresa á Catedral de Tui con jazz, artesanía e novos talentos

A nova edición deste festival de música e patrimonio ofrecerá do 3 ao 7 de agosto concertos de música clásica, antiga e jazz, obradoiros de cerámica e instrumentos tradicionais, xunto con visitas guiadas ao conxunto monumental tudense

Baixo a dirección artística de Samuel Diz e co apoio de Cultura e Educación, o festival tamén será o escenario de presentación de novos intérpretes locais

Fecha: 03 de Agosto de 2016

Fuente: Xunta de Galicia

Concertos, obradoiros de artesanía e visitas guiadas centran o programa da décimo segunda edición de ‘Música no Claustro', que se desenvolverá do 3 ao 7 de agosto na catedral de Tui, co apoio da Consellería de Cultura e Educación, a través das secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística.

As actividades que conforman a nova programación deste festival de música, patrimonio e creación interdisciplinar, foron presentadas esta mañá nunha rolda de prensa na que o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, fixo fincapé no interese de programar en espazos de especial interese cultural, co obxectivo de favorecer o coñecemento, o aprecio e a implicación social na conservación do patrimonio histórico.

"Trátase, polo tanto -dixo-, dunha iniciativa que axuda a que tanto os veciños do lugar como os visitantes que se achegan doutras procedencias valoren a riqueza do patrimonio histórico que posuímos, ao tempo que lles permite desfrutar dunha programación multidisciplinar dirixida a todos os públicos e que se converte nun novo reclamo para visitar unha vila que conta cun valioso legado cultural".

Baixo o leimotiv "Fortalezas" e a dirección artística de Samuel Diz, ‘Música no Claustro' ofrecerá diversos concertos de música clásica, antiga e jazz. No marco desta programación musical, chegará por primeira vez a Galicia, procedente de Lisboa, un dos proxectos máis singulares xurdidos na última década en Portugal: Noiserv. Nese diálogo entre ambas as dúas beiras do Miño, tamén terá lugar a presentación en escena do pergamiño Vindel de Martín Códax.

Ciclo de novos intérpretes
Xunto con outras formacións e músicos experimentados como o acordeonista serbio Nikola Tanaskovic e o Ernesto Aurignac Trío, tamén participarán no festival novas e novos intérpretes, que terán ocasión de dar a coñecer o seu talento grazas á colaboración da Escola e o Conservatorio Profesional de Música de Tui, a A.C. Galicia Fiddle, e o apoio das empresas Connecta Aloia e a editorial Dos Acordes.

Desde a perspectiva do estudo e difusión do patrimonio, ‘Música no Claustro' pon o foco nesta edición na grana cochinilla, o pigmento natural chegado desde Nova España do que fala nos seus escritos frei Prudencio de Sandoval, bispo da catedral tudense entre 1608 e 1612.

Protagonista dun importante desenvolvemento histórico, económico e artístico, o festival centra a súa atención na intrahistoria da cor carmín e os seus usos relixiosos, artísticos e sociais desde o século XVI ata a actualidade. Para iso, ofrecerá unha xornada de coñecemento interdisciplinar co historiador mexicano Huemac Escalona, e desde o punto de vista artístico, a gaditana Irene Gómez interpretará unha escolma de obras para viola da gamba nunha viaxe ao mundo sonoro das Españas históricas.

Artesanía e visitas guiadas
As residencias artísticas e talleres de Verónica Moar, artesá de cerámica contemporánea, e o construtor de instrumentos musicais Xaneco achegaranlles aos participantes a artesanía galega. Visitas guiadas á cidade medieval tudense, xunto con obradoiros e xincanas para que os máis pequenos descubran o valor do patrimonio completan as propostas da décimo segunda edición de Música no claustro.

Organizado polo Cabido da catedral de Tui, o festival conta coa colaboración da Xunta de Galicia, mediante o apoio das secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación, e mais da Consellería de Economía e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño. Tamén colaboran con ‘Música no Claustro' o Concello de Tui e AIEn-RUTa clásicos e jazz, programa do Fondo Asistencial e Cultural de Artistas Intérpretes o Ejecutantes.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones